Alcanzadas as utopías dos soños compartidos.
Saboreados intres de entrega de manancial
Remexendo na pedra do mundo
encontro un sereno espertar
Ela sabía que tiña que desaparecer do mundo das cordas
vocais xa cansadas, tiña que saír por sorpresa ao acantilado dos carballos máis
altos, mirando para riba a sensación era de caer amodiño, coma acariñada pola
ribeira da ponte, pola beira do río.
Semellantes visións (de anchura variable) foron como
pantasmas que me empuxaron ao paso da
estrada.
Xa non hai culpas, nis relixións esquecidas, non temos nada
ti e máis eu , pero eu si teño e quero non compartilo contigo,(o recordo
minucioso do que non quero esquecer,
porque sería como deixar pegadas baleiras nos penedos).
Putas pingueiras que me tiñan paradas as pernas.
Só che agradezo unha cousa…que mentres ti sigas a construír
farrapos de ocasos que non foron, sigas a soportar o peso constante do rodicio,
deixando pegadas no teu corpo, por si cheo de feridas, que o frío que carrexas
pola negación (absurda) de que en ti
nace o desorden e a mentira como fonte natural, a min me deixes sen retoques
nin floreo gozando da auga que vai viaxando polo interior da terra, recollendo
enerxía para voltar e refrescarme e encherme de nobreza (esa que nunca
abandonei) seguindo a ser chaira de leira-mar en territorio definido.
As rochas son puídas polo mar...eu quero ser rocha sen erosión.
¿Pode pasarlle a alguén que ata que escribe nada se torna real e afrontable?
10 comentarios:
27Non é un poema o teu escrito, non ten versos, pero e poético, é unha prosa moi poética que aínda que non se saiba de qué vai, sábese un nun texto onde as metáforas lévano ata confundir o imaxinario co real.
Noraboa por esa facilidade en debuxar unhas fermosas imaxes, cara a visión dun lerdo e graciñas pola túa visita.
Bicos
Xa non hai, só recorda que estivo contigo, a vida que che deu, a sensación de pegada que sempre estará en ti, como un río de flores e yerba, tamén como o mar.
A miña raíña, non podes ser pedra, ti non.
Os meus bicos aquí mesmo, tamén mollados.
Ío
pode e pasa así moitas veces... parece que mentras algo siga na nosa cabeza non ten entidad... pode ser algo real pero pode ser algo soñado... cando o escribimos poemos pasar a leelo unha e outra vez, sin variar unha coma o un punto... podemos aprendelo de memoria.
paréceme que este texto fala de ti... tí es Ela, que tiña que desaparecer do mundo das cordas vocais xa cansadas... pero podes falar de tantas cousas que eu descoñezo...
biquiños,
Nalgúns relatos de Borges ("Las ruinas circulares", por exemplo)plantéase a posibilidade de que un exista porque outro soña con il.
Sigue asi, deleitándonos con esas metáforas que tanto nos fan pensar e soñar.
"Farrapos de ocasos" que quizais non fosen pero que ti fas que sexan.
Bicos.
Chaira de leira-mar en territorio definido. Semella unha boa patria, ampla e azul.
E ten a vantaxe de que sempre haberá mexillóns, que non é pouca cousa.
escribir pon orden,
volve físico e tanxible algo que ata o momento poden ser intuicións na brétema
Parece como un renacer que axusta contas co pasado, mentras o caderno de bitácora agarda por novas singladuras.
Bicos
Ruben Blades - Silencios
Están tomándose un café, sentados sin saber por qué;
sin tema para conversar, no saben ni dónde mirar.
Se quieren pero no hay amor; se odian sin que haya rencor;
se buscan y huyen a la vez, entre el silencio que hay después.
La soledad les da su abrazo, pero no aceptan su fracaso,
y pretendiendo devolver un amor que ya se fue.
Y así pasan los días pretendiendo que todo está bien;
con silencios y café, esperando a que regrese el ayer.
Así prolongan el final, aunque ya todo les da igual;
su triste juego del amor, donde jamás hay ganador.
Pensando en lo que pudo ser, ninguno logra comprender
que entre silencios el vivir, es otra forma de morir.
Algo que empieza en alegría, cuando termina es agonía;
dolorosa confusión, donde no hay explicación.
Sólo silencios envolviendo la promesa que murió,
y un sentimiento de terror, al creer que nunca
encontraremos otro amor
Deixaría todo para ser un fracaso contigo. Envenename de ti. Besiños cheos de min para preñarche.
Publicar un comentario