martes, 20 de abril de 2010

Femicidio (polo feito de ser muller)

É o asasinato de mulleres por razóns de xénero. Son crimes que teñen un patrón común: o intento dos agresores de dominar, posuír e controlar ás mulleres. Son a expresión máis extrema da violencia cara ás mulleres.
A forma máis frecuente de femicidio é aquela en que o asasino é ou foi parella, da muller asasinada. Alguén con quen ela tiña ou tivera unha relación de intimidade ou confianza. Outros femicidios frecuentes son perpetrados por homes descoñecidos logo de agredir sexualmente á muller.


Cando me decatei da túa dor, xa tiñas cristais en todos os dedos, a procura de non lastimarte máis, foi quimera en mín, tentar  denunciar a quén é capaz de golpear con instinto animal. Na túa rendición, atopei novas formas de loita, pero ningunha logrou apartar de min as silentes e agochadas formas de resistencia, que posuías.
Resquieescat in pacen. Que a túa morte sirva para a consecución de un fin, cando teñamos sospeitas de malos tratos ( homes, mulleres, animais), teñamos a forza, ética e valentía de informar e denunciar. Será unha batalla ganada, aínda que a liña sexa invisible.
(Adicado á familia de Susana Mons)