Alcanzadas as utopías dos soños compartidos.
Saboreados intres de entrega de manancial
Remexendo na pedra do mundo
encontro un sereno espertar
Ela sabía que tiña que desaparecer do mundo das cordas
vocais xa cansadas, tiña que saír por sorpresa ao acantilado dos carballos máis
altos, mirando para riba a sensación era de caer amodiño, coma acariñada pola
ribeira da ponte, pola beira do río.
Semellantes visións (de anchura variable) foron como
pantasmas que me empuxaron ao paso da
estrada.
Xa non hai culpas, nis relixións esquecidas, non temos nada
ti e máis eu , pero eu si teño e quero non compartilo contigo,(o recordo
minucioso do que non quero esquecer,
porque sería como deixar pegadas baleiras nos penedos).
Putas pingueiras que me tiñan paradas as pernas.
Só che agradezo unha cousa…que mentres ti sigas a construír
farrapos de ocasos que non foron, sigas a soportar o peso constante do rodicio,
deixando pegadas no teu corpo, por si cheo de feridas, que o frío que carrexas
pola negación (absurda) de que en ti
nace o desorden e a mentira como fonte natural, a min me deixes sen retoques
nin floreo gozando da auga que vai viaxando polo interior da terra, recollendo
enerxía para voltar e refrescarme e encherme de nobreza (esa que nunca
abandonei) seguindo a ser chaira de leira-mar en territorio definido.
As rochas son puídas polo mar...eu quero ser rocha sen erosión.
¿Pode pasarlle a alguén que ata que escribe nada se torna real e afrontable?