jueves, 29 de octubre de 2009

Deíxame soñar contigo

Abro o xornal, hoxe-coma-onte, teño ganas de escoitar os soños, perduran neles unha camisa branca e un pantalón vaquero, ós que vou enchendo de rostros e mans, diferentes, para mirarme e tocarme, para mirar e tocar. Segue a investigación de Castro de Rey, Garzón anda por Cataluña entre corrupcións que estoupan, morre a primeira muller que estivo o fronte do Banco de España, Feijoo entre as caixas, Esperanza Aguirre fronte a Caixa. O da camisa branca invítame a cear, beber albariño fresco e pasear polas rúas entre albañiles, sen levantamentos obreiros. Sen control nin zonas prohibidas. O monte Gaiás, creando o edificio da cultura máis noxento e menos cultural, Rajoy sen poder frente ós derrotados sen escrúpulos do propio partido, Zapatero que rí pouco e sen ganas (nótaselle), Berlusconi sobornando a quen opte por levarlle a contraria,a trama Gürtel,guerras, guerras onte-coma-hoxe. O do pantalón vaquero dame bicos sen quitar a camisa. Aloumíñame con versos sen ruptura, capacitándome a transición da saliva. Cóntame suavemente a caída das fronteiras. Nas páxinas de cultura Michael Jackson de novo vivo con "This Is It", Isaac Díaz Pardo recollendo a Medalla de ouro das Bellas Artes e un Sorolla que costa moitos cartos. Quita a camisa e o pantalón, encoiro danme ganas de roubarlle o corazón. Sen condenas, o espertar, hoxe-coma-onte é como se non dormira..paso as noites reciclando o lixo dos días, sen parentes pero na tua compaña. Quérote cada noite.

miércoles, 28 de octubre de 2009

Recital poético

O Xoves 29 de outubro,na xornada de homenaxe a Xohana Torres, recitarán no Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro de Cospostela, Chus Pato,María Xosé Queizán, María do Cebreiro e Lupe Gómez. Será unha tarde de lecer...poéticamente cálida.

Sempre nos queda
ser o que leva a onda:
a núa liberdade,
o modo de entregarse.

Xohana Torres

sábado, 24 de octubre de 2009

Unha explosión de tenrura

Enlace a entrevista publicada por Galicia Hoxe, na que Lupe Gómez, camiña polos meus adentros con moito cariño, sensibilidade e aprecio. Grazas
Copiar, pegar no navegador.


http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=479917

domingo, 4 de octubre de 2009

Sobra-amar



Fún facendo sucos
labrando porvenires
Dime:¿Sabes camiñar por enriba do tempo?
Cando...sobra amar


Xuntamos, unha man con outra
o corazón, preto dos nosos corpos
amamos, amantes
a necesidade de amar,
imperiosa, solidaria.
Tí lúdico, perverso
eu calada i en calma
esperando rematar
este acto da semana.
Non tes perxuizos
cando de sexo se trata
coa mente tranquila,
a min, sóbranme bágoas.