Mentras escribo, escoito "irmaus" na voz de Mini da Quenlla. Un poema de Celso Emilio Ferreiro, que di "Ainda que as nosas palabras sexan distintas e ti negro i eu branco, temos semellantes as feridas,,coma un irmau che falo". O mar e A vida, poden camiñar da man. Sen actualizacións nin subscricións pendentes.
Poesía aloxada,chea,viva, sin ruído.. Encher espacios con sosegados encontros de almas
viernes, 26 de febrero de 2010
O mar- A vida
Unha proposta solidaria. "Non coincidimos nin no nome". Evidente. Masculino-feminino. Espazos curtos de tempo nos que se dilúen as ganas de concordar, sen barreiras e reproches do que fuches. "Mira quen foi falar". Discondancia: Contrariedade, desacordo, desconformidade. Gústame. Rapamicina contra a idade, alí estás co teu exército de ideas preasteblecidas. Cánsome. Pretendo conversar con liberdade de movementos, ocaso vencido do que fuches. Os conceptos que xa se esquecen, eu e o meu eu, e o teu, exemplo inequívoco de estilo de vida. Quedache sentado, eu levántome e provoco a miña revolución, sen esperar nada do teu nostálxico diario de volta ao mundo. Tolerancia : Respecto cara ás opinións ou prácticas dos demais. ¡Teño tanto que aprender!. E ti? Estás seguro de que te estableces fronte á vida?. Hai un pranchado automático que che permite cerrar os ollos. Cando te queimes...berra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)