martes, 6 de julio de 2010

Portosín, cada ano, cada xullo, cada voltereta...

Un lugar máxico ó que chego cada verán. Non ten porque ser máis bonito que outros pero é o meu recuncho. Onde me solto o pelo, poño piratas lascivos, non busco complicidades nin miradas tardías,tomo café as duas da tarde e tamén a unha da mañá. Un viño con María Antonia no seu chiringuito saudando a todo viandante que ose pasar por alí. Todo é tan sencillo que asusta disfrutar sen necesidade de pensar no momento seguinte. Son unha muller natural, na que a importancia de non sucumbir ó fermoso do imposto polo mediático rumbo da vida é feliz tomando sardiñas na horta de Fran. Quixera amarrar as olas da praia, sentilas ó pechar os ollos. Dormir-me sempre cos aires encabuxados do mar de Coira. Falar por teléfono sentada no muro con zapatillas de leopardo. Non esperar nada. Non ter que sorrir nin chorar nin amedrantar a alma. Deíxame mirarme nos teus ollos, recompoñerme cada verán dos golpes do inverno. Cando fai frío..todo é tan desconxelado.
A interpretación dos soños, remarcados
volteretas doces, con cheiro a sardiña
veño, marcho, volto, móstrome
agarrando o aire coa lingua das bolboretas.
Podes quererme... eu quérote
na forma da auga.