martes, 23 de noviembre de 2010

"Menos mal que con los rifles no se matan las palabras". Adolfo Cabrales (Fito)

Lembrei esta entrada de setembro do 2009 unhas catrocentas veces despois de disfrutar do concerto de Fito no Sar o venres. Non me preguntedes a razón porque non a sei...(será a melancolía).


viernes, 12 de noviembre de 2010

O enxoval

Conxunto de mobles, aveños e roupas de uso común na casa. Tradicionalmente, era a esposa a que achegaba o enxoval ao matrimonio (entendendo neste caso que se refería fundamentalmente ás roupas).

Era responsabilidade da nai ilo preparando para as súas fillas antes de que estas chegasen ao matrimonio, colaborando tamén as noivas na confección e bordado de determinadas pezas (manteis, sabas...) antes da voda.
Pero a igualdade entre o home e a muller nas sociedades occidentais tivo como consecuencia que o costume de que cada muller fose construíndo un enxoval antes da voda estea pasando ao esquecemento.
Imos mellorando en occidente, xa non buscamos levar connosco figuras de porcelana e sabas firmadas para non esquecerse de que pertencemos a un lugar ou persoa. Agora falamos de amor , de que nos queiran polo que somos, a nosa forma de amosarnos e non polas xoias preparadas polas familias para entregarnos coma calquer ben material. Pasamos a ser persoas directamente proporcionais , masculino ou feminino. Devecía por albiscar algunha prometedora visión do futuro e aí está, atopeime coa chave para pensar en positivo dos avances da humanidade. Non deixa de ser un minúsculo avance pero chega a ser tan gratificante coma unha caricia agarimosa dunha nai. Todo isto lembreino a conto de encontrar unha lámpada que perteneceu o meu enxoval, xa choveu pero segue tendo a mesma connotación negativa, por permanecer e por falta de uso.