viernes, 15 de enero de 2010

Soños de unha noite de verán

"Algúns non son emigrantes, o foron, pero captáronos os carteis e pasaron de vítimas a traballar para os verdugos".

Verdugos: Persoas encargadas de levar a cabo a execución dun reo condenado á pena de morte ou penas corporais pola xustiza.

Xustiza: Fomentar as relacións entre persoas, institucións, autorizando, prohibindo ou permitindo.

Algúns Verdugos fan da Xustiza a súa lei. Convírtome, in-xustamente no cartel de Medellín, introducindo nas miñas veas a sustancia que acougue a miña falta de vontade.

Fun a verche ao hospital. Disme: antes eramos amigos. Dígoche: seguímolo sendo, aínda que me recollo antes, as noites xa non son o meu paraíso e nas mañás ti non estás. Consentes, convalecente, o meu abrazo sen aplausos, sen dimitir ante a túa idea absurda do mundo. Mencionas "Os tempos cambiaron", esperando o meu asentimento, ancorado nas letras sen final feliz de Antonio vega, escenarios con distraído telón á espera do remate.

Desistindo de convencerche do diagnóstico sen solucións, prometo voltar mañán.

Agora, morrendo, xa non debuxas corazóns, nin buscas trevos atípicos nas noites frías.  Sen poder coller unha xiringa véxoche igualmente infeliz, tardío, sen nacionalidade. A cirurxía da vida, converteu, os meus-teus ollos de gata en minúsculos, chorosos e desvelados recordos de batallas perdidas entre inimigos. "Nós mesmos"

QUERO

Os pecos xa medraron e hai que facer outra música.
As panderetas xa non soan,
agora hai gaitas abertas ó mundo.
O muro das lamentacións xa está derrubado.
Eu volvo a miralo,
fuxeo, entre tanto empeño
acorralado, maltratado.
Séntome e contemplo
Quero ter algo..
Ti tes, eu teño...