jueves, 7 de enero de 2010

Iniciativa pedagóxica


Onte espertei leda. Uxía, dispoñía de un día no que brilaba a súa inocencia por enriba do que amola o Nadal. Os reices facían acto de presenza, enchendo o seu mundo de fantasías e confirmándolle que era unha nena boísima( cantos máis agasallos mellor te portaches). É un engano no que contribuímos todos. O día foime roubando a enerxía, ata quedar varada, sen saber se podía estar sentada contemplando a ventá ou tiña que saír a porta a sorrir como unha boneca. Para rematar na cama, con gripe, observando  o carrusel con música de Mozart, que me facía preñarme de inxenuidade. Así me dormín, envolta en Efferalgan e soñando que me chamaras, porque tiña moito frío.

Cando espertei, tronaba.
Cando espertei, púxenme a brincar cos versos.


Apuntarse hoxe a linguaxe das tormentas
sentindo distancias
.....\\....
Explosión de pernas acompasadas
xuntanza de tímpanos e alborozo
lóstregos de campanario
risas brilantes, choros e gozos,
candor soporífero de cordas vocais.
Mercar unha boneca
con présa, ensinala a camiñar.
Choiva, tren, verde
brétema, mollado día
húmida disidencia, con son
argallando cafés con miradas.
Risa desenfocada e de fondo,
obscenas e brincadoiras nenas ceibes
xogando a un xogo prohibido.
"Visionar vanidades"
Ladrar a lúa...¿Ladramos?

Canción: Daniela de Pedro Guerra