miércoles, 27 de junio de 2012

Emoción

"As emocións son reaccións psicofisiolóxicas que representan modos de adaptación a certos estímulos ambientais ou dun mesmo".
A definición déixame orfa de movemento e acción. Emocionarse é moito máis que iso, adaptarse a estimulos parece máis ben, adaptarse ás circunstancias. Estou nese momento amorfo e conformista con todo o que me rodea, entón....recollo o lapis e cerro por un tempo esta saída o exterior que necesitaba (e que necesito) pero na que non encontro  paz dentro das palabras e subxectivamente podería falar de anorexia silenciosa.
Marcho de vacacións a onde sempre me encontro. Buscarei na auga as cores que xa non recoñezo.
Remato con  poemas de Lupe Gómez (acábase de reeditar Pornografía-1995) e sigue a parecerme a primeira vez, pola frescura. Grazas.

ANALOXÍA

Coma de pequena,
bañada no río, despois,
cando choraba e sentía
frescura ao mesmo
tempo e meus pais
amabanme sen
dicir nunca a palabra AMO
coma un segredo
entre nolostres.

PRETECNOLÓXICAS

Unha vez na escola
debuxei o mar
cunha tinta
que non poden borrar.