martes, 18 de mayo de 2010

Saída

Na saída do cráter
enfeitizada e chea de visións
agardei as mans do meu pai calmando
e febre e os delirios
e rompendo os teus dedos cun berro
esquivei o desterro
o exilio
    Branca Novoneyra (Dentro do labirinto)

Agasallado seu pai, nas letras galegas, ela é unha bailarina do mundo, sen encristar..remexendo en todas as danzas inventadas. Eu, coñecín a seu pai e dende aquela sei que hai un sitio para a esperanza, un lugar para sentar a cabeza e poñerse a chorar bágoas sen esquencemento. Ese recuncho ,no que mirarse nos seus ollos e recoñecer que a sabedoría non está nos libros(ou si), nas demandas ordinarias da vida colidíana, que o sentir "por dentro" resérvanos dos kamikazes feroces dos puntos de sutura. Son unha frangulliña con ideales, sen bandeiras á loita continua ,sen enfermar do destino e xeito de vivir. Hoxe suicidouse unha persoa nobre que quería fuxir das formulacións de unha familia rica, só me quedan os intres no que era confesora, aterrada dun mundo imposto. Casou, tivo fillos ..pero era amante do mesma sexo, era gay, sen poder evitar os feitizos que adoraba. "Cóllete nas miñas azúas e vente conmigo". Foi reducido, quedando sen forma, sen razón de ser, sen outra tarefa que acomodarse na labor de estar, impasivo, en silencio. Uxío quizais me abrazase e só con iso, sentiría non estar soa no mundo. ¿Podes entenderme?...ou son irreal e fantástica coma unha caveira sen ollos.

Din os soños i os paxaros: a morte non é certo. Uxio Novo Neyra.