martes, 5 de octubre de 2010

Esperpento

Esperpento: Estilo literario creado por Valle-Inclán  que se caracteriza pola deformación grotesca da realidade ao servizo dunha implícita intención crítica da sociedade.
Gústame.

Aquí estou, de novo, fraternizando conmigo mesma, con vos, co medio que utilizo para desvariar e facer sonetos. Metida nas vosas intimidades, coas que choro coma se fosen miñas. Debuxo raias nas medias, rompo a roupa, tento ser libre (entre miserias) pero só o son coas palabras. Os silencios que non me enchen pero que non sei asesinar coma Xenevra, nin siquera sei esperar unha chamada coma Raposo ou programar viaxes coma Zeltia, aínda que me perdo en Portugal co GPS. "Son unha puta limpa debaixo do amor". Ás veces dasme bicos que eu non contesto, porque teño medo a ensinarme. Farrapos que se descolgan e tardan en volver a cocolarse, coma floreiros, coma xoguetes prohibidos en épocas de distancias. Sempre nesa liña invisible, quedando sen ruído. Risas sin reloxo. Cando digo que estou tola é moito máis que unha metáfora.

Apuntarse hoxe a linguaxe dos
silencios                                               
sentindo cercanías .....\...
Silencios, ecos en horas rebotadas
ollos coma velas, desgastadas
sofás abertos a espera de corpos nus
mullirse e mollarse
colocar o floreiro escoitando ausencias.
Recitar a Neruda baixiño
cos ollos pechados á certeza.
Aletargado Moleskine,
que non sabe cantar sen música
entre as súas páxinas brancas
unha petición de palabras.
O vacío espazo
Infinitude
Máis silencio...