Sería un pracer que miraras a través dos meus ollos, dende o sitio máis maxestuoso do mundo enteiro, alí onde ocúltanse lagoas. Rescindir contratos, aventurarse entre todos os ríos, nas cores verdes e azuis e dormir nun bico soñado de cristais, que as olas tecesen e bicasen as rochas, as areas douradas, os golfiños, tabeiróns, baleas e barcos que fosen como castelos. Nese silencio de asubío, onde os vagalumes alumeasen só duas personiñas no centro das palabras.
Sería fermoso reter na memoria (aínda que só fose un soño) a pegada dun mirar desconocido, enteiro, sen rematar no tempo.
Podería inventar-te, sen haberte coñecido ou quizais soñarte, con camisa branca e pantalón vaquero, cada noite de soedades e fríos.
Podería decirche, berrando moito, xa rematou o teu silenco, eu enchereino de risas e cantos de sireas, de tenrura, de bicos, conformando ecos das palabras xa ditas. Mais...eu sempre teño medo e fuxo ás verbas que me calman e non me atan, nin ensombrecen o meu ensombrecido rostro de contratempos e xeadas.
Despois de estar encerrada ante todos os progresos do mundo, eu tento reconstruírme, sen perder a miña identidade(a que deixei con 20 anos) volver a sorrir, reventar o mundo das miserias e encontrarme conmigo, no espello, pero forte para pedir ou dar, agradecida e sen dúbidas.
Por iso, gardo porcións de identidade e digo, quizais, tal vez, non sei...sen premura por acompañarte a onde ti queiras ir e levarme. Por iso, deitei o meu verso mudo na escrita, abrín as saias, recollinme, drogueime. Négome a todos os traballos, quero pintar os ollos de verde, non canso.
Tentado sufrir menos.
Sufro menos.
E calo.
7 comentarios:
A vogar, mar adentro.
Abrir ventás para que a frescura e a enerxía asollen, sen bafar espellos, sen promover dúbidas, sen chamar as ventiscas que dictan pesadumes...
Procurar verbas que acouguen, que leven controlados agarimos, que promovan vixiadas emocións, que despechen cancelas de nobres madeiras, que se batan triunfadoras aos mundos de miserias, que naveguen contratempos...
Hai que rexurdir con vontade de cores, coa mantenza de harmonía, cos folgos que dan os abrochos novos, con suspiros de frondosas carballeiras...
Afouteza, audacia, decisión, ousadía, resolución, valor... son fermosas verbas que han de incorporarse, máis ca nunca, ao noso, teu cotiá.
Ufffffff! Quedei sen fala!
Iso de gardar porcións de identidade é algo que, de non facelo, dá connosco no noso propio esquecemento...
Biquiños.
"Podería inventar-te, sen haberte coñecido ou quizais soñarte, con camisa branca e pantalón vaquero, cada noite de soedades e fríos."
pois faino, é o mellor remedio para a soedade
biquiños,
Tamén é fermoso lerte, e ti sábelo.
Bicos.
... Somos vulnerables ao descoñecido, apetecibles, apetécenos coñecer, desexos en descubrir, silencios pensados, enganos inocentes, ... Nótase ter a necesidade interior de coñecer a alguén escondido da quen se lle debe respecto, mentiras piadosas, no fondo son traizóns ... Sénteste con ganas, fréache a desculpa. Dá ese paso adiante, como ben di "O mariño de Cabio" ... Sorte, xa as de contar. (Por certo, segue a mesma foto) Bicos
Santi, xa cambiei foto(non quero que teñas tantas preocupacións)e que leas en vez de mirar, eso si, tenta actualizar o teu blog que tardas máis que min en estar o día. Un saúdo
Emanas de novo poesía. O mar volve ser salgado. Brotaron novas xemas da árbore dándonos froito aos que che seguimos, bendita primavera anticipada que che fai parir frases tan bonitas. Un espertar con forza, unha envexa a quen dá a auga alimentándoo. Sabia que igual que o Almendro, sempre volves a casa por Nadal. Un Besiño.
Publicar un comentario