miércoles, 23 de noviembre de 2011

Labirinto

"Non rompas o silencio, se non é para melloralo". Beethoven



"África está en venta, grandes compañías compran terras para producir alimentos que logo exportan, mentres os seus habitantes morren de fame". Beethoven compoñía dende a amargura, a falta de afectos que arrastraba axudáballe a non ter afonía de rexistros. encher os silencios con notas coma labradíos, sen fieitos, cheiños de mapoulas.
"Rajoy, gaña por maioría absoluta, sae na foto con Aznar(será que lle da caché polas representacións económicas que manexa o tal home), gaña sen dar nin unha soa proposta para saír da crise. Somos un pais de dereitas?.
"O goberno español importou os decretos de Bruselas como si fosen ciencia económica infalible", dixo Santiago Carrillo, importou ar.
Non merece o caso de "Novakafkagalicia" unha comisión de investigación no parlamento?. Manuel Rivas está no certo,"Pasou o que pasou. E algo máis. A contaminación do ar por todo o fracasado, todo o podrecido".
"Feijóo non descarta un recorte no Plan Concertado de Servicios Sociais". Non o dubidamos.
Ler as novas, día tras día, déixame sen poesía, sen lapis, sen composicións.
Non sei como compartir estas emocións, esta carencia, este noxento espazo sen esquinas. Dame vergoña non ter o blog actualizado, pero non sei como facer versos.
Gustaríame xogar, poñer unha frase que veña a cabeza, así de contado, coma un laberinto, sen orden como fago eu neste post.

10 comentarios:

Maribel-bel dijo...

Eu quero..facer un Haiku, sen moras, sen versos, co son do aire, da auga, do vento, das mans acariciando,da lingua e o seu silencio atravesado por unha patria. Maribel

Son Unha Xoaniña dijo...

Todo isto que di vostede é tan certo como noxento, máis non nos deixe sen poesía, porque entón si que sería insoportabel.
Saúdos.

Paz Zeltia dijo...

Eu hai meses que deixer de ler a prensa, nin vexo os telexornais.
Sinto que somos conducidos, que imos absorbidos pola forza do sistema,
non hai maneira de baixarse,
nin os que están fora do sistema están fora do sistema.
só hai que esperar que estoupe.
iso penso.

Raposo dijo...

Os periódicos tran tantas malas noticias, son tan nocivos e perigosos, que deberían poñer na portada un listado coas contraindicacións. Para avisarnos.

Anónimo dijo...

Palabras no labirinto

Palabras amables: animan
Palabras alegres: iluminan
Palabras oportunas: calman
Palabras cariñosas: curan
Palabras nefandas: amargura
Para que serven as túas palabras.
Para que serven as miñas palabras.
Onde vai a túa esperanza?
Onde están os meus soños?
Río arriba ou río abaixo??
Hai que andar tras da quimera e non deixar que as lumieras de frescura esvaezan.

matrioska_verde dijo...

comprendo o teu sentir e desde o meu sentir, dígoche: o mellor para vencer (todo o que teña que ser vencido)é inventar outro mundo (sin esquecer o que pasa neste, por suposto)...

trátase de escapar por uns intres o por moito mais tempo.

por eso escribo eu moitas veces, para escorrentar os meus demos.

biquiños,.

Concha L. F. dijo...

O mesmo ca Zeltia, hai tempo que deixei de ler o miolo das novas dos xornais, non por nada, senón porque fan medrar en min unha sensación de desacougo, capaz de anular ata as ganas de seguir falando. E iso non o vou permitir. Se non dou escrito versos, xa me sairá outra cousa. Pero calar... Non me van facer calar!

Anónimo dijo...

A verdade é que dan ganas de mudarse a outro mundo, porque este non apetece nadiña. Pero...
(non perdamos a esperanza, algo poderemos facer para cambialo)

Ío dijo...

Calquera mundo que habitemos botarémolo a perder, máis tarde ou máis cedo.
Somos así de simples.
A miña raíña galega, gritemos baixo a auga, rimemos coas ondas un poema azul

Bicos de mar e vento

Ío

Antonio dijo...

Cando se escribe desde o corazón, sae poesía. Cando ese corazón esta ocupado, escríbese con sentimento, cando o sentimento invádenos, deixamos de escribir por egoísmo cara a alguén ao que damos todo, e nese momento aparece o espazo con silencio, as follas en branco no noso libro da vida. Fai como mellor séntasche, pero faino desde dentro. Bicos.