Hoxe hai novas: O cesamento definitivo de ETA, a morte de Gadafi, Port Aventura e as súas inversións de altura, un novo plantexamento de cara as eleccións xerais cunha iniciativa común " mantenemento dá paz", a crise esquecida por dous días, sen deixarse levar pola masiva-contaxiosa-tanxible e insuxerente verba que nos amola cada día, prisión incondicional para o pai dos cativos, paraisos fiscais para Ruiz Mateos, os directivos dás Caixas, Grecia segue cas manifestacións, China famosa por un vídeo onde atropélase a unha cativa varias veces, sen pararse, nin mirar. O dá camisa branca e pantalón vaqueiro xa non aparece para aloumiñarme, borrouse do Facebook e eu quería ir ver O Rey León. Mentras, escoito os Picaversos e síntome lixeira coma unha pomba, sen iva nin retención, nin pensamentos noxentos. Amolecer escoitando, cun sorriso. Grazas por ladrar.
7 comentarios:
Que queres que che diga? As cousas flúen. Algunhas solapan a outras, pero ao final todo sigue aí: hai que chegar a fin de mes...
Botábate de menos.
Bicos.
Grazas Concha, será que non dou saído "do intre", pero..seguimos estando a procura de "salvarnos". Grazas, biquiños.
O mundo segue adiante, con cousas boas e malas. Hai que deixarse levar e collelas como veñan, que ao final o que vale é o saldo. ánimos.
Viña ladrar, pero teño medo de espertarte.
Falas de camisas brancas e pantalóns vaqueiros e eu penso no famoso Evil Axe... Unha asociación coma outra calquera, digo eu...
Bicos esperando o inverno (ben podía seguir camiño, ho...)
Guau-Guuuuáu!
(Traducción: nunca choveu que non escampara. ánimo!)
:-)
E seguen a gastar milleiros de euros en espacios electorais estériles.
bon día.
Neste intre
Ao rematar o día, alentaban as estrelas.
A area do seu mar facíalle de leito.
A brisa mariña soáballe a modo de cantiga.
Un mariño cismaba, para ela, aquela nana,
Mentres, a luz dun faro tentaba lumear a súa esquina.
Ficaba, incorruptible ela, desvelada de sentires,
roubándolle ondas á noite, sempre tan xenerosa.
Tantas culpas por cumprir, tantas cousas que ladrar.
Alí se atopaba unha “mar-e-bela”, xogando a ser poeta.
Publicar un comentario