Mamá, agora non podes esquecerte do moito que te queremos. Pasa o tempo, inevitablemente, eu mudo as cousas de sitio, a maquinaria incoherente da muller con verdades cheas de primavera. Cando che dou a man para camiñar, as túas forzas fraquean, eu en consonancia contigo boto unha risada para que olvides que non eres quén de mover as pernas a un ritmo cansado pero continuo.Tempo de choros constantes(levo unha tempada) , eu e os que me rodean, incapacidade latente de subsistir a este encerro maldito de desesperanza. Todos os días che conto risas, fáloche do que fomos, retomo contigo a historia das nosas vidas e a ti cóstache, o teu corpo en pouco tempo mudou a lugares que non recordas. Non hai discursos, nin músicas, nin lámpadas que te volvan as túas raíces, as nosas, os tempos vividos. A lareira que alumeaba os nosos rostros mentres ti facías queixos xa non está, pero na retina perdura a túa imaxe de cansazo e traballos, xa non queremos refuxiarnos no lume, nin ateridos co frío lembrar a morte da aldea. Suspirar, medrar e vivir contigo.
Natureza sabia, abrazo e bico,
acubillo eterno no que aniña o amor
a forza e tenrura que sustentan a vida.
Refuxio do último berce
que aleita a esperanza, douzura
esgrimindo coraxe, ombreiro.
A pel arrúgase, as canas nacen,
pero nós envellecemos xuntas,
cos arrolos na nosa casa, no Cruceiro.
Permíteme levantarme por cortesía
miña nai
para abrazarte coa vida.
5 comentarios:
Mentras ti lembres "A lareira que alumeaba os nosos rostros mentres ti facías queixos..." -e vexo que sí- todo permanece pendurado no tempo. Ti lembras tamén por ela!
Bicos.
eu tamén quedo coa frase que escolleu, de entre todas, Chousa, esa frase dío todo: conta do amor entre vosoutras, conta da tristura que tés agora porque o teu rostro non alumea como entonces, aínda que a queiras a ela tal vez máis.
facémonos maiores, todas, elas, nosas nais, e nos, nosoutras, que tamén somos nais.
é dura a vida do olvido.
pero ti non deixes de sorrirlle porque tal vez nun rincuncho do seu corpo, o do seu corazón, esa risa, sexa recoñecida como algo seu.
biquiños,
Moi emotiva esta entrada, Maribel.
Miña nai xa non está e eu, demasiado nova -ou inconsciente- para pagarlle mentres lle importaba, tanto agarimo no que me envolvera...
Menos mal que vin hoxe o post, que se o chego a ver o domingo xa non me repoño! (ese día andiven fuxindo das penas para poder gozar eu do agarimo do meu fillo; gozar do presente e que o pasado non me viñera entristecer)
Orixen da vida. Árbore do que sodes ponlas. Cuna de choros. Saias de abrigo. Xantar e cea. Os seus frutos sodes vos. Coidála, mimála, ver que os seus ollos non teñen ánsia de ver cousas novas a non ser mais netos. Alegría nunha sonrisa. Cada momento é para disfrutala. Ti só das o pouco que tes, un corazón como un mundo. Conocela foi conocerte anticipadamente. Tamen me alegro. A xeneración sigue. Biquiños de Libro de Familia.
Dicir nai, é dicir todas as palabras do mundo. Ler este post é bañarse nas ondas dese inmenso mar de amor que manifestas e conmoverse....
Bicos
Publicar un comentario