Mentres, prégoche ser figura incansable,
xogo preciso, loita continuada,
abrazo constante da lúa gris
(insubornable).
Mentres, prégoche ser revolución
na barafunda, entre o cheiro a esterco
sen ocasionar-che atrasos
(na túa viaxe).
Coa eixada, ligón, galleto e forcada
traballarei de auxiliar de voo
facendo dos sucos de terra e vida
(letras coma mulleres).
Co angazo arrastro o meu soño dormido
á lingua coa que repasar a terra enteira.
escribo e sinto que voan as cordas vocais
e quedo lixeira coma unha pomba.
Sempre é culpa miña
o sangue nunca apraza o baleiro
da eira.
(As miñas felicitacións a Pablo Alborán, pola súa nominación os Grammy e a súa frescura)
(As miñas felicitacións a Pablo Alborán, pola súa nominación os Grammy e a súa frescura)
7 comentarios:
Coma semmpre, perfecto! A Terra e o sentimento pódense tocar pasando os ollos por este regueiro de palabras...
...DESDE A GAIOLA...
Remataron as vacasións... e volveran as verbas a voar (algo malencónicas...)coma paxariños afoutados que liscan do niño, de vez.
Botábanse de menos, Maribel-Bel. Qué deus che dará tanta inspirasión, rapasa... Ou é o licor-café?? ;))
Bicos de setembro agostizo (a nai que o deu...)
arrastrar co angazo os soños
[quédome con esa imaxe para o fin de semana que penso estar no meu país, no mundo lonxano da infancia, onde habitan os ligóns, as picarañas, os angazos e as galletas.
Escribir é, ás veces, ou case sempre, como sementar, desfacernos do peso das sementes.
Unha muller voa a través da vida e do seu sangue
Bicos de cores, e de mar
Ío
Non só auxiliar de voo, con verbas poéticas como esas nómbrote capitana da nave a tódolos efectos.
Bicos.
Deixeiche unha cousiña no meu blog, por si che apetece.
Noutro intre darei o meu comentario....ahora e momento de decir:
FELIZ CUMPREANOS MARIBEL !!
Que cada dia alimente esa maneira de vivir que tes e que nos fas encher de palabras bonitas con moito Mar no interior...
Biquiños..
Publicar un comentario