viernes, 17 de junio de 2011

"Unha vez dixo amor...

........Y sus labios se poblaron de ceniza". García Montero

“O namoramento é un estado emocional sucado pola alegría e a satisfacción de atopar a outra persoa que é capaz de comprender e compartir tantas cousas como trae consigo a vida. Dende o punto de vista bioquímico trátase dun proceso que se inicia no córtex cerebral, pasa ao sistema endocrino e transfórmase en respostas fisiológicas e cambios químicos ocasionados no hipotálamo mediante a segregación de dopamina.

- Intenso desexo de intimidade e unión física co Individuo (tocalo, abrazalo, relacións sexuais) e reciprocidade.
- Celos e intenso temor ao rexeitamento
- Pensamentos frecuentes e incontrolados no individuo que interfiere na actividade.
´-Perda de concentración.
- Forte activación fisiológica (nerviosismo, aceleración cardíaca, etc.) ante a presenza (real ou imaxinaria)   do individuo.
- Hipersensibilidad ante os desexos e necesidades do outro.
- Atención centrada no individuo, idealizandoo e percibindo só características positivas.
 Wikipedia.

Lendo esto, un chega a pensar que é case un estado catatónico, irreversible e coincidir na maioría das cousas unha ficción (estilo prosaico).

Amor e desamor (consecuencia directa) son palabras que deixan reinventarse. Subxetivamente, podemos abarcar miles de términos aceptables como idealizacións. Existencialmente a natureza dotounos de un corpo sensibilizado ós afectos pero as interpretacións e necesidades individuais son expresións xigantes e diferenciadoras. Á falta de disciplina aplicada ás artes amatorias conxugamos verbos estimulando a creatividade e inxenio. Sin protocolos, sin costuras, vivencias persoais ou cercanas, deseos ocultos, erótica e perversión…chegan a crearse miles de recetas exquisitas.

Nese verde limpo que amosa unha beleza sen queixumes…¿Que receta sería proveitosa, sentida, orixinal, musical, entendible, rica e sorpresiva?.. (O de bolboretas no estómago non sirve)

19 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Non tentes entender. So vive nesa frondosa multitude de "recetas exquisitas"
Púxome a pensar o feito de que escolleras a cor verde para facer esa pregunta...Pq sería?

Bicos

Maribel-bel dijo...

O verde e azul, son as cores da alma, de galiza.
Chousa non deixou receta. A min gústame esta de Lois Pereiro en Conversa Ultramarina.
"Necesito que alguén-estean na man dereita ou na esquerda- me diga ou me faga estar seguro de que me quere: unha chamada, un pensamento táctil. Estou moi seguro de cada un deses dedos con nome que a miúdo levo ó corazón.

Xan dijo...

Un tremor descontrolado sacode o teu corpo, os ollos pobóanse de estrelas, soben as mareas e o sol nace na medianoite.
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Pois fago miña a de Lois Pereiro. Podo ser rebuldeiro e engadímoslle unha pizquiña de pimentón? (picante, por suposto!)
Bicos e azul e verde

Anónimo dijo...

Será todo iso, que non hai receitas nin protocolos amorosos, desde logo.
Eu levo un tempo acougado neses temas e polo momento non me pesa.
Canto ás cores: para min o namoro é vermello, sen dúbida.

Santi dijo...

amor é o resultado de namorarse: tolemias, soños, pensamentos, feitos, etc. Estar namorado doutra persoa é a culminacion persoal de respecto e entendemento cara a ela. Calquera síntoma "en negrita" leva aos celos, dor, padecer, estar fóra de si. Ao reves, é todo marabillosamente fermoso. Non ten xamais fin, dámosllo nós coa mala práctica. A frase:déixate levar. A Cor: branco e tamén o roxo.

Maribel-bel dijo...

Recetas que nos deixan moitas cores: branco, azul, verde, vermello, roxo..
Unha aposta moi golosa a de Xan, tamén Santi que soupo preparar os ingredientes necesarios e agora coñece e diferencia varios sabores. Grazas

matrioska_verde dijo...

ler así ó amor é como ler o prospecto dun medicamento, parece que son peores os efectos secundarios que a mediciña en sí misma.

non hai que poñer etiquetas,nin pensar demasiado nos sentimentos que anegan o corazón, sinxelamente hai que deixarse levar... vivindo o momento, o segundo, cada mirada.

coincido con Kaplan na cor, para mín o amor é vermello, porque vermello é a cor da verdade verdadeira... porque vermello é a cor do corazón, da sangue.

biquiños,
Aldabra

Bolboreteira dijo...

O amor hai que sentilo e disfrutalo definilo é cousa dos teóricos e visto así, como eu tamén o estudei ,dende logo perde esencia e perde encanto.
biquiñoss!

Antonio dijo...

Como di unha amiga mia, son listo e musculoso, e por iso vou describilo como un Tomagoch (ninguen quere telo) que cando se ten, hai que darlle mimos, alimentalo, querelo, fai que o teu pensamento sexa o seu pensamento. Maribel, liasnos, liasnos!! ... condiserome un Tomagoch, que o sepades.(Non hai acentos porque non me vai o teclado)

Ío dijo...

Témome que non teño receita para semellante estado, todo o máis unhas cucharadas de tempo diluídas en auga de mar.
Case parece unha enfermidade, e a pesar diso, hai alguén que non senta un pouco os seus achaques?

Un bico de onda, a miña raíña galega, canto me gustou lerche.

Ío

Raposo dijo...

Para o amor non hai receitas nin explicación. É máxico, é un misterio. No momento en que lle buscamos explicación perde o encanto.
E coincido con Kaplan: a cor, vermella.
Bicos (vermellos tamén)!!

Paz Zeltia dijo...

Para contar os verdadeiros amigos sempre dicimos que nos chegan os dedos dunha man...
Lois Pereiro estaba moi seguro dos nomes cos que ía contando cos dedos da man que poñía no corazón...
porque, en que quedamos sin o amor?

Non estou eu moi segura de chamarlle amor a esa suma de emocións das que ti falas, que configuran o enamoramento...
Ás veces cando ese estado anormal pasa... despois non queda nada, moito menos "amor"
Pero é un estado que te fai sentir tan ben, con esa droga correndo polas veas... (tan azul)

A nena do paraugas dijo...

Para min que o namoramento é algo algo que hai que probar, masticar ben, gozar no padal e logo dixerir con lentitude, para que a súa esencia se vaia espallando polo corpo a través do sangue. E cando todo iso estea feito, gozar do momento de calma e de enriquecimento que proporciona.

Biquiños moitos.

Magdalena Malungo dijo...

FRESAS CON CHOCOLATE E UN CHISQUIÑO DE CANELA.
VERDE E VERMELLO
BICO CON LINGUA PARA SABOREALO TODO!

A Conxurada dijo...

O namoramento é unha cortina de fume, o amor é o que queda cando esa cortina se disipa.

Xan dijo...

Maribel hai que colgar un post, se non o Presidente da patronal(CEOE) vaiche pechar o blog por vagancia.
Bicos

Anónimo dijo...

Quizás quien eso dice no ha sentido nunca amor. No se puede describir así ni de ninguna manera. Lo que sí es cierto es que el amor es una ilusión formada en el cerebro por quien ha sentido bullir sus hormonas ante la presencia de otra persona. Y las hormonas hierven durante cierto tiempo. Hierven y se van apagando, hasta que nueva gente vuelve a elever la temperatura suficientemente como para que burbujeen esas hormonas...

Mar e Lúa dijo...

O namoramento... ¡Que difícil! O que sí que teño claro é que é de tres cores que se mesturan: cor carne, vermello e negro.
Para min a receita sería calafríos un segundo antes de roza-las peles, respiracións parándose e acelerándose, sorrisos incontibles que escapan polos lados, ollos que falan e contornos que se esvaecen. ¡O contacto vólvese unha droga!