Pola mañá esperto á vida i esta vaime roubando cada momento a enerxía, ata quedar varada, sen saber se podo estar sentada contemplando a ventá ou teño que saír a porta a sorrir como unha boneca, entón collo un lapis e comezo a rumiar pensamentos escapando da realidade e das miñas imperfeccións.
Séntome na rúa a observar, admirada a paisaxe, os cans, as árbores, a luz, a pedra, a maxia da vida, a min mesma, non é presunción nin indiferenza, é sinxelamente arte. Amolecemos ó carón do lume i eu quixera impoñer a necesidade de necesitarnos, ata o límite das nosas forzas, a importancia de ser como somos, de non sucumbir baixo os brazos que apertan buscando a nosa sumisión, de soñar, entender o imaxinario que pentence a mentes espertas e cheas de interese, de vivir de costas a hipocresía, a mediocricidade facendo un paréntese entre tanto vulgar comediante. Escribo para recompoñer a alma..
Estou medrando..
Hoxe non sinto coma onte
teño que facer
castelos de pensamento
sentarme cos sesos cavilando
queimar os xeonllos
a carón do chan
O poema de onte non me serve
¿e mañá?
Recitarei o de antonte
escoitándome MEDRO
Hoxe, todo o tempo volve a min a canción "palabras para Julia", versionada por Paco Ibáñez, sempre tiven a sospeita que foi escrita para os meus desacougos.
Poesía aloxada,chea,viva, sin ruído.. Encher espacios con sosegados encontros de almas
sábado, 20 de febrero de 2010
lunes, 15 de febrero de 2010
Hoy tengo ganas..
Los que no tuvieron flores, mensajes, canción de Sabina..en 14 de febrero, pero siguen teniendo encendidas las llamas de la pasión el día 15, pueden, podemos, realizar fantasías en diacronía, poesía sin elitismo a la espera del despertar de los cuerpos, en calidez, calientes, conduciendo tus versos hasta el fondo de los míos.
Hoy tengo ganas.
como amante encontrada
Hoy tengo ganas.
como amante encontrada
de cantar, bailar, saltar
follar, brincar, ser amada.
Explosionar millones de luces
aterrizar sobre fuegos artificiales.
Saciarme…
Saciarme…
Imaginar islas llenas de flores
llenarlas de bengalas luminosas
cobrar la vida o recobrarla
vagar o vagarse en olas inmensas.
Que me penetres..
Que mis nalgas sean apetecibles
haciendo locuras infinitas
disfrazados de arlequines
surcando-nos como delfines
Ser espejos…
llenando anfiteatros
de posturas, semen, orgías,
de libros prohibidos y cantos
Masturbarme...
columpiada en tus balcones
de gemir, bucear o mirar la luna
acariciar o dormirme en tus rincones
Prolongar la excitación
místicamente y sin razón
dejarme cabalgar por ella
deseando contigo
el misterio de los cuerpos
respirando limpio el aire
a la entrada de tus huertos
Que no silencies…
Sin tu locura, de nada sirve el mundo
Sin la mía
NI LAS GANAS… de beberlo
lunes, 8 de febrero de 2010
Dulce Pontes en Vigo
Ten rostro a revolución?. Tece o meu. Dulce Pontes, encheume de tristura, os fados seguen a provocar en min un desacougo afectivo no meu espazo vital, un ruxe ruxe, cheo de palpitacións dentro, moi adentro.. Escribo porque o meu corazón latexa, cando non teño nada que dicir todo se me antoxa un ilusionismo de palabras, con cada unha delas unha bágoa percorrendo o esquencemento(iso que teño en proxecto). Este illamento in-desexado, os meus ollos inzados ofensivamente, contra as vexacións da muller, do home..das esperas de corpos mutilados pola xeración dos móbiles, dos ocultamentos, da bebida, da desilusión, do síndrome de estocolmo sen cobertura. Sempre volvo ó meu río...sempre escribo un poema, neste silente confesionario, para limpar os ollos de tristura.
Miro o teu ollar, canso
as túas mans ateridas
quero recitar, pero non me ves,
eu son grande, pero non me ves,
Ó teu carón vai frío
lonxe tamén.
Constrúo vida coas miñas mans
tento voar, voar, voar
corro moito, sen cansarme
debuxo sen tinta, bico o mar
danzo na rúa, esquézome de soñar.
Eu son grande, pero non me ves
O teu carón vai frío
lonxe tamén.
jueves, 28 de enero de 2010
Os columpios invisibles..
Asir unha liña invisible
quedando sin ruído
O paréntesis da nada
coa presencia dun todo
Onde caben
os bicos en rosa
El vaivén
de tiempos metálicos encerrados
en visibles cadenas, con las que
forjamos nuestro vaivén.
Risas sin reloj, del que fué.
Este presente, ordenado a la disponibilidad ajena del mercado.
Es el vaivén,
entre disimuladas invisibilidades que se columpian.
Este columpio.
quedando sin ruído
O paréntesis da nada
coa presencia dun todo
Onde caben
os bicos en rosa
El vaivén
de tiempos metálicos encerrados
en visibles cadenas, con las que
forjamos nuestro vaivén.
Risas sin reloj, del que fué.
Este presente, ordenado a la disponibilidad ajena del mercado.
Es el vaivén,
entre disimuladas invisibilidades que se columpian.
Este columpio.
sábado, 23 de enero de 2010
Mensaje sin botella
Ver como te reías con él, era bonito. Ver como el tiempo se detenía , cuando, por debajo de la mesa las manos se buscaban ocultando a los ojos desconocidos, la ternura que os encendía. Ver calmosamente,, cuando asomaban las ganas de teneros por encima del mundo.Ver, veros, verificar.
Observar como llega el cansancio, la inapetencia, la hipocresía, la vulgaridad, la cobardía...y no hay palabras para explicarlo ante la espera de la mujer que te ha llenado (con su latido cómplice), no es agradable ni entendible. Que después de meses, en silencio, comiences con tus excesos verbales re-conducidos a gigantes maniobras de rescate, que ella acepte y que no comprendas que para llegar al "cuando tú hablas, no tengo frío" de Rivas, hay que cabalgar por imperiosas tormentas sin cobijo aparente, mojándose en tremendas tempestades, las cuales he sofocado, como amiga constante y sin cronómetro.El crecimiento individual llega a ser un pulso con la vida y yo que cada día escucho tus silencios, me manifiesto en contra de tu vuelta a la conmovedora frase "pobre, estaba fatal", por eso no me ha llamado. Porque tú sí me llamas.
Disiento y no lo hago a escondidas. Brumas, siempre brumas, como una guerra constante, aspirando vacios espacios. Aspirándo-nos, hacia la generación de los necios..
Perdurable puede ser, encontrarse entre dos mares
impensable, el no navegar, inhibirse de las ondas
sumergirse, sin escoltas
acallar, como un soldado,
el miedo en el pecho, el "clamar" de los muertos.
¿Quién habla?
Derechas o izquierdas, fascistas o canallas,
reverendos apesadumbrados
o conciencias sin ganas.
Disiento de los héroes que callan a escondidas
las miserias muertas, los camiones blindados,
los "burkas" enemigos,las brigadas y los ejércitos.
Es fácil adivinar,que prefiero
el lenguaje de los cuerpos
sin duelos, sin batallas,
sin héroes, sin medallas.
Eterno cruce de caminos,
tierno amanecer sin ansias.
Canción: "Y pasa el tiempo". Revólver
viernes, 15 de enero de 2010
Soños de unha noite de verán
"Algúns non son emigrantes, o foron, pero captáronos os carteis e pasaron de vítimas a traballar para os verdugos".
Verdugos: Persoas encargadas de levar a cabo a execución dun reo condenado á pena de morte ou penas corporais pola xustiza.
Xustiza: Fomentar as relacións entre persoas, institucións, autorizando, prohibindo ou permitindo.
Algúns Verdugos fan da Xustiza a súa lei. Convírtome, in-xustamente no cartel de Medellín, introducindo nas miñas veas a sustancia que acougue a miña falta de vontade.
Fun a verche ao hospital. Disme: antes eramos amigos. Dígoche: seguímolo sendo, aínda que me recollo antes, as noites xa non son o meu paraíso e nas mañás ti non estás. Consentes, convalecente, o meu abrazo sen aplausos, sen dimitir ante a túa idea absurda do mundo. Mencionas "Os tempos cambiaron", esperando o meu asentimento, ancorado nas letras sen final feliz de Antonio vega, escenarios con distraído telón á espera do remate.
Desistindo de convencerche do diagnóstico sen solucións, prometo voltar mañán.
Agora, morrendo, xa non debuxas corazóns, nin buscas trevos atípicos nas noites frías. Sen poder coller unha xiringa véxoche igualmente infeliz, tardío, sen nacionalidade. A cirurxía da vida, converteu, os meus-teus ollos de gata en minúsculos, chorosos e desvelados recordos de batallas perdidas entre inimigos. "Nós mesmos"
Verdugos: Persoas encargadas de levar a cabo a execución dun reo condenado á pena de morte ou penas corporais pola xustiza.
Xustiza: Fomentar as relacións entre persoas, institucións, autorizando, prohibindo ou permitindo.
Algúns Verdugos fan da Xustiza a súa lei. Convírtome, in-xustamente no cartel de Medellín, introducindo nas miñas veas a sustancia que acougue a miña falta de vontade.
Fun a verche ao hospital. Disme: antes eramos amigos. Dígoche: seguímolo sendo, aínda que me recollo antes, as noites xa non son o meu paraíso e nas mañás ti non estás. Consentes, convalecente, o meu abrazo sen aplausos, sen dimitir ante a túa idea absurda do mundo. Mencionas "Os tempos cambiaron", esperando o meu asentimento, ancorado nas letras sen final feliz de Antonio vega, escenarios con distraído telón á espera do remate.
Desistindo de convencerche do diagnóstico sen solucións, prometo voltar mañán.
Agora, morrendo, xa non debuxas corazóns, nin buscas trevos atípicos nas noites frías. Sen poder coller unha xiringa véxoche igualmente infeliz, tardío, sen nacionalidade. A cirurxía da vida, converteu, os meus-teus ollos de gata en minúsculos, chorosos e desvelados recordos de batallas perdidas entre inimigos. "Nós mesmos"
QUERO
Os pecos xa medraron e hai que facer outra música.
As panderetas xa non soan,
agora hai gaitas abertas ó mundo.
O muro das lamentacións xa está derrubado.
Eu volvo a miralo,
fuxeo, entre tanto empeño
acorralado, maltratado.
Séntome e contemplo
Quero ter algo..
Ti tes, eu teño...
domingo, 10 de enero de 2010
Tendencias in-sonoras
"El arte es la formación de una duda". Xosé Freixanes.
Será por iso, que estes días con tormenta adiqueime a todas as artes(menos ás amatorias), vendo que agora me sobra tenrura, e que este silencio(non sepulcral) invádeme, confirmando que despois das tormentas, dos tronos, chega miudiño o Silencio, a calma para aprender sempre algo.(Seguen a gustarme máis os panos de tela).
Apuntarse hoxe a linguaxe dos silencios
sentindo cercanías
.....\\...
Silencios
ecos en horas rebotadas
ollos como velas, desgastadas
sofás abertos
a espera de corpos nus
mullirse e mollarse, colocar o floreiro
escoitando ausencias.
Recitar a Neruda, baixiño
cos ollos pechados á certeza.
Aletargado Moleskine,
que non sabe cantar sen música
entre as súas páxinas brancas
unha petición de palabras.
O vacío espazo
Infinitude
Máis silencio.
Canción: RICHARD CLAYDERMAN_ LOS SONIDOS DEL SILENCIO_SIMON GARFUNKEL
Será por iso, que estes días con tormenta adiqueime a todas as artes(menos ás amatorias), vendo que agora me sobra tenrura, e que este silencio(non sepulcral) invádeme, confirmando que despois das tormentas, dos tronos, chega miudiño o Silencio, a calma para aprender sempre algo.(Seguen a gustarme máis os panos de tela).
Apuntarse hoxe a linguaxe dos silencios
sentindo cercanías
.....\\...
Silencios
ecos en horas rebotadas
ollos como velas, desgastadas
sofás abertos
a espera de corpos nus
mullirse e mollarse, colocar o floreiro
escoitando ausencias.
Recitar a Neruda, baixiño
cos ollos pechados á certeza.
Aletargado Moleskine,
que non sabe cantar sen música
entre as súas páxinas brancas
unha petición de palabras.
O vacío espazo
Infinitude
Máis silencio.
Canción: RICHARD CLAYDERMAN_ LOS SONIDOS DEL SILENCIO_SIMON GARFUNKEL
jueves, 7 de enero de 2010
Iniciativa pedagóxica
Onte espertei leda. Uxía, dispoñía de un día no que brilaba a súa inocencia por enriba do que amola o Nadal. Os reices facían acto de presenza, enchendo o seu mundo de fantasías e confirmándolle que era unha nena boísima( cantos máis agasallos mellor te portaches). É un engano no que contribuímos todos. O día foime roubando a enerxía, ata quedar varada, sen saber se podía estar sentada contemplando a ventá ou tiña que saír a porta a sorrir como unha boneca. Para rematar na cama, con gripe, observando o carrusel con música de Mozart, que me facía preñarme de inxenuidade. Así me dormín, envolta en Efferalgan e soñando que me chamaras, porque tiña moito frío.
Cando espertei, tronaba.
Cando espertei, púxenme a brincar cos versos.
Apuntarse hoxe a linguaxe das tormentas
sentindo distancias
.....\\....
Explosión de pernas acompasadas
xuntanza de tímpanos e alborozo
lóstregos de campanario
risas brilantes, choros e gozos,
candor soporífero de cordas vocais.
Mercar unha boneca
con présa, ensinala a camiñar.
Choiva, tren, verde
brétema, mollado día
húmida disidencia, con son
argallando cafés con miradas.
Risa desenfocada e de fondo,
obscenas e brincadoiras nenas ceibes
xogando a un xogo prohibido.
"Visionar vanidades"
Ladrar a lúa...¿Ladramos?
Canción: Daniela de Pedro Guerra
Cando espertei, tronaba.
Cando espertei, púxenme a brincar cos versos.
Apuntarse hoxe a linguaxe das tormentas
sentindo distancias
.....\\....
Explosión de pernas acompasadas
xuntanza de tímpanos e alborozo
lóstregos de campanario
risas brilantes, choros e gozos,
candor soporífero de cordas vocais.
Mercar unha boneca
con présa, ensinala a camiñar.
Choiva, tren, verde
brétema, mollado día
húmida disidencia, con son
argallando cafés con miradas.
Risa desenfocada e de fondo,
obscenas e brincadoiras nenas ceibes
xogando a un xogo prohibido.
"Visionar vanidades"
Ladrar a lúa...¿Ladramos?
Canción: Daniela de Pedro Guerra
jueves, 31 de diciembre de 2009
Equilibrio
Estado dun corpo cando forzas atopadas, que obran nel, compénsanse, destruíndose mutuamente,situación (do mismo corpo) que se mantén sen caerse, harmonía entre cousas diversas, ecuanimidad, mesura, sensatez nos actos e xuízos, prudencia ou astucia, encamiñados a soster a situación insegura e dificultosa.
Que Disney che regale un anaquiño de cine familiar, que durante 365 días ou máis sosteñas o corpo, compensándote, que non permitas ablación sen berrar forte, que teñas a dita de fortalecerte en tí, que a dignidade sexa posible sen configuración do pc, que o maltratador te deixe probando lencería sin dimitir en ti, que che regalen un sorriso mentras (sen crueldade) algo morre sen opinión, que os quebracabezas esixan unha resolución sen trampas, que o lixo, sen reciclar, abone os téus días limpos. Que non che luxen o corazón.
Canción: Quiero aprender de ti (Canto del loco)
QUE O EQUILIBRIO TE SOSTEÑA, SIN ATERRIZAXE FORZOSO.
Que Disney che regale un anaquiño de cine familiar, que durante 365 días ou máis sosteñas o corpo, compensándote, que non permitas ablación sen berrar forte, que teñas a dita de fortalecerte en tí, que a dignidade sexa posible sen configuración do pc, que o maltratador te deixe probando lencería sin dimitir en ti, que che regalen un sorriso mentras (sen crueldade) algo morre sen opinión, que os quebracabezas esixan unha resolución sen trampas, que o lixo, sen reciclar, abone os téus días limpos. Que non che luxen o corazón.
Canción: Quiero aprender de ti (Canto del loco)
QUE O EQUILIBRIO TE SOSTEÑA, SIN ATERRIZAXE FORZOSO.
viernes, 18 de diciembre de 2009
Intro, de Paradela a Baamonde
Onte estiven en Paradela, a recoller o accésit en poesía que me concederon. Mencionar que aparte dos nervos(tembrores xerais por ler en público), todo foi moi agradable con xente entregada, agradecida e agarimosa. O meu poema "Eles non saben", recitado ante o persoal, foi agasallado con unhos aplausos que me puxeron as meixelas coloradas. Sorprendinme gratamente de unha nova poetisa de 20 anos, chamada Alba Cid Fernández, de Ourense, que me encheu o corpo de bolboretas:
NAI
que me contas como debo cantarme
neste preludio de anos medios abertos,
como alentar neste repertorio de ausencias impostas,
como axeitarnos, en fin, o vimbio mollado_da vida_
ao antollo dos dedos.
Para mín, o aplauso máis grande do meu estar. Felicidades, feitiña.
De volta(algo que tiña prometido) parei no Restaurante Galicia de Baamonde, de onde xurde entre a néboa un home de pelo e barba branca que me leva da man a épocas medievais. Chámase, Xoán Corral, rexenta unha casa de comidas(con moita sal) onde todos nos convertemos en amigos- amantes -veciños de vidas sen ocultamentos. Unha persoa nobre, doce, humán e bondadosa. Pronunciando, frente á lareira e mesas cargadas de mexillóns e polbo, verbas sen complexidade, das que nacen de un nómada sen propinas, nin obligacións. Da alma, diría eu.(Xan tacharame de espiritualidade relixiosa). Non pretendo derrocar a ruidosa enfermedade silente do mundo, proclamo, sen defraudar, que a morriña sen piano son uns ollos pequeniños negros que che falan de poesía nun simple e mundano bar de aldea. Quedei en ir ás dez e media,en punto, calquer sábado, para visualizar en directo o seu espectáculo sen fronteiras. Son de palabra e irei, sen dúbida, para contaxiarme algo da súa maxia natural, poética e riseira. Poño unha foto do seu rostro(ainda que sen movemento perde moito). Reza na súa tarxeta o dito: "Cando nacín en Galicia, chamábanme neno rico, como ía a ser pobre, nacendo nun paraíso".
Quero, dentro do meu mundo pequeniño e sen ruído, lembrar a Aminatu Haidar, sen ofensiva diplomática,sen xestións gubernamentais, sen dimisións. Unha miudiña faragulla, polos dereitos humáns, no medio de unha montaña grande de lixo sen reconversión posible.
LETANIA
Perdín o fío da conversa
calei,
quédame preto
e para sempre
o meu silencio.
miércoles, 9 de diciembre de 2009
4 comentarios, 3 promesas, 2 preguntas e 1 poema
C. Nesta ponte viaxei a Cantabria. Suances, Santillana del Mar, San Vicente de la Barquera, Comillas, El Soplao,Cabárceno etc. Inmensidade de paisaxes sen rotura, remedios naturais para a somnolencia e cansazo da rutina sen inspiracións.C. Quédame na retina Cabárceno, onde os animais en libertade son exemplo de rentabilización de recursos naturais aproveitando o que nos é dado, adiestrándonos sen estudos nin patriotismo, para cultivar as artes da natureza de unha forma tolerante, humana e moral interna.
C. Santillana del Mar sorprendeume como unha fada, deume ganas de quedarme alí a vivir, sen representacións turísticas, adormecida naquela ténue luz e beleza de pedra sobre pedra. En xeral, o misterio dos barrancos sen fin e Gaudí cos xirasoles, as covas cheiñas de misterios e recunchos ancestrais onde só se escoita a música dos silencios.
C. O do pantalón vaqueiro e camisa branca non me visitou. Cando os días son limpos, ás noites dúrmese coma unha ruliña.
P.Revisar a cámara de fotos antes de sair a unha viaxe de paisaxes sen pérdidas.
P. Volver a Santillana del Mar.
P.Tentar subir e baixar os costentos espacios naturais sen palidecer de angustia.
.¿ Os medos e temores que arrastramos a todo aquelo que non podemos controlar: espacios cerrados, voar, navegar, alturas, etc,.. conforman a nosa personalidade axustándonos a persoas fráxiles e acomplexadas?
.¿Vencelos axudaría a medrar, estabilizarse e potenciarse como ser individual ?
NO ESPELLO
Unha longa viaxe, ata chegar ó espello.
A forza de non mirarme, esquencinme
de ter rostro, pernas, tetas, sexo..
Unha invisible muller de inverno
co fastío de folla de outono.
Gozo en silencio, do reflexo do cristal!
Un xesto de lindosa intensidade
loucura e serenidade
Imnegable necesidade de vivir.
¡Quero estar sempre dobre no día!
e non ter ocos baleiros no chan.
lunes, 30 de noviembre de 2009
Filosofía Zen Galaica
Cando sexa grande quero ser filósofa. Poder ter unha teoría das ideas como Platón, duas realidades (da que sen dúbida me quedo coa sensible), defender que o conocemento limítase a experiencia de Kant, ter dudas como Descártes, entender esas creencias en Deus onde se impón o silencio ou a castración de pensamentos individuais, inundándose de medos e pecados. A mín gústame Epicuro de Samos, a súa visión da amizade como un dos mellores praceres da vida "Gozar, saber e compartir", chegando ós sentimentos e sensacións de unha forma natural, tranquilidade do ánimo ou ataraxia. Ainda que me gustaría crear una "Filosofía Zen Galaica" mezclando un pouco de todas as filosofías para chegar a entender o mundo, ou quizais a mín mesma. Non creo que sexa fácil...pero hasta que medre moito non serei grande. Ademais, xa me olvido de ser bailarina, filosofar é máis doado. Qué ilusa! É tan complicado a danza contemporánea e a expresión corporal, a min que só me gusta o Reguetón.
EU
Os meus versos, son imperfectos
nas formas, nas rimas, no tempo.
Son anxos libres do meu pensamento
cambiantes e doloridos.
Facendo sonetos, son epicúrea
teño nos ollos o goce
e nos dedos o saber e o sentimento.
A miña amizade, un estrondo.
O meu quérote impronunciado
no miradoiro pechado do anoitecer
onde nacen os soños, a miña espera
e eu soño co querer.
jueves, 26 de noviembre de 2009
Espertares con esclavitude
"No hay nada más acertado para dar la vuelta al fundamentalismo que la música, los instrumentos y la cultura".
Jorge Drexler
O da camisa branca e pantalón vaquero, menciona (a modo de introducción), que sinte cansancio de esperar a oscuridade para facerse sentir.
Eu só lle digo:
Non eres musulmán, nin negro, nin ventre de alquiler, nin pobre, nin rico. Nin siquiera tes que suxeitar o téu traballo para vivir. Non tes que opinar sobre a violencia de xénero, política, Alakrana, gripe A. Eres da xeneración dos solidarios. Algo liberador, apetecible. No harmonio, engaiólasme. A túa inocencia sen desgusto é como unha larpeirada, sen facer diarios nin afirmacións de vida.
Que privilexio ser un fillo da noite! Os días fanse interminables e sempre te espero, cada noite, con un bico de agradecemento.
http://www.youtube.com/watch?v=_6VS_R6lrtk
Jorge Drexler
O da camisa branca e pantalón vaquero, menciona (a modo de introducción), que sinte cansancio de esperar a oscuridade para facerse sentir.
Eu só lle digo:
Non eres musulmán, nin negro, nin ventre de alquiler, nin pobre, nin rico. Nin siquiera tes que suxeitar o téu traballo para vivir. Non tes que opinar sobre a violencia de xénero, política, Alakrana, gripe A. Eres da xeneración dos solidarios. Algo liberador, apetecible. No harmonio, engaiólasme. A túa inocencia sen desgusto é como unha larpeirada, sen facer diarios nin afirmacións de vida.
Que privilexio ser un fillo da noite! Os días fanse interminables e sempre te espero, cada noite, con un bico de agradecemento.
http://www.youtube.com/watch?v=_6VS_R6lrtk
lunes, 16 de noviembre de 2009
Mar-río
Mientras todos duermen, apoyándose en la pared, en el frío
Asistes a la preñez de mi cuerpo, sin simbología de costumbres.
Renaces mis zonas erógenas,diagnosticando mis falsas autonomías
Imponemos sentir con estilismo de crisis, sin frustraciones.
Oclumancia con pensamientos desvirgados a tiempo.Sin castidad.
Con la R que sobra, Recobremos la suma de mentes adormecidas, para crear
despiertas mentes incivilizadas, con inquietas esquinas.
En este tortuoso día de contradicciones y puzzles inacabados....
http://www.youtube.com/watch?v=ALcJWC8aMxw
Asistes a la preñez de mi cuerpo, sin simbología de costumbres.
Renaces mis zonas erógenas,diagnosticando mis falsas autonomías
Imponemos sentir con estilismo de crisis, sin frustraciones.
Oclumancia con pensamientos desvirgados a tiempo.Sin castidad.
Con la R que sobra, Recobremos la suma de mentes adormecidas, para crear
despiertas mentes incivilizadas, con inquietas esquinas.
En este tortuoso día de contradicciones y puzzles inacabados....
http://www.youtube.com/watch?v=ALcJWC8aMxw
viernes, 6 de noviembre de 2009
Érase unha vez...a vida en rosa
ASPIRINA, ATARAX, VINCIGRIP, FRENADOL,
AMBROXOL, MOTILIUM, BISOLVON,
EFFERALGAN, DALSY...
Consulte o seu farmacéutico
Pregúntolle:
¿Cal me aconsella para o/a alma?
Teñoa cansa, famenta, ausente, aterida,….
(silencio)
(manifestación de no ter resposta)
Encollo os ombros e marcho polo camiño,
pola rúa de volta a non sei onde.
.....................
Volto ó día seguinte.
Levo unha morea de libros,
unha enchenta de música.
Só digo:
Agasalle ós enfermos cunha ilusión
unha palabra,
unha canción.
AMBROXOL, MOTILIUM, BISOLVON,
EFFERALGAN, DALSY...
Consulte o seu farmacéutico
Pregúntolle:
¿Cal me aconsella para o/a alma?
Teñoa cansa, famenta, ausente, aterida,….
(silencio)
(manifestación de no ter resposta)
Encollo os ombros e marcho polo camiño,
pola rúa de volta a non sei onde.
.....................
Volto ó día seguinte.
Levo unha morea de libros,
unha enchenta de música.
Só digo:
Agasalle ós enfermos cunha ilusión
unha palabra,
unha canción.
martes, 3 de noviembre de 2009
QUIXEN QUERER
Quixen rachar o vento
facer da neve area
querer e quererte
coller unha cometa
amarrarte
facer da noite un amancer
e do día unha aventura
recorrer camiños de auga
e nadar na terra escura
Quixen...
deter o soño da néboa
abrazar a loucura.
facer da neve area
querer e quererte
coller unha cometa
amarrarte
facer da noite un amancer
e do día unha aventura
recorrer camiños de auga
e nadar na terra escura
Quixen...
deter o soño da néboa
abrazar a loucura.
jueves, 29 de octubre de 2009
Deíxame soñar contigo
Abro o xornal, hoxe-coma-onte, teño ganas de escoitar os soños, perduran neles unha camisa branca e un pantalón vaquero, ós que vou enchendo de rostros e mans, diferentes, para mirarme e tocarme, para mirar e tocar. Segue a investigación de Castro de Rey, Garzón anda por Cataluña entre corrupcións que estoupan, morre a primeira muller que estivo o fronte do Banco de España, Feijoo entre as caixas, Esperanza Aguirre fronte a Caixa. O da camisa branca invítame a cear, beber albariño fresco e pasear polas rúas entre albañiles, sen levantamentos obreiros. Sen control nin zonas prohibidas. O monte Gaiás, creando o edificio da cultura máis noxento e menos cultural, Rajoy sen poder frente ós derrotados sen escrúpulos do propio partido, Zapatero que rí pouco e sen ganas (nótaselle), Berlusconi sobornando a quen opte por levarlle a contraria,a trama Gürtel,guerras, guerras onte-coma-hoxe. O do pantalón vaquero dame bicos sen quitar a camisa. Aloumíñame con versos sen ruptura, capacitándome a transición da saliva. Cóntame suavemente a caída das fronteiras. Nas páxinas de cultura Michael Jackson de novo vivo con "This Is It", Isaac Díaz Pardo recollendo a Medalla de ouro das Bellas Artes e un Sorolla que costa moitos cartos. Quita a camisa e o pantalón, encoiro danme ganas de roubarlle o corazón. Sen condenas, o espertar, hoxe-coma-onte é como se non dormira..paso as noites reciclando o lixo dos días, sen parentes pero na tua compaña. Quérote cada noite.
miércoles, 28 de octubre de 2009
Recital poético
O Xoves 29 de outubro,na xornada de homenaxe a Xohana Torres, recitarán no Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro de Cospostela, Chus Pato,María Xosé Queizán, María do Cebreiro e Lupe Gómez. Será unha tarde de lecer...poéticamente cálida.
Sempre nos queda
ser o que leva a onda:
a núa liberdade,
o modo de entregarse.
Xohana Torres
Sempre nos queda
ser o que leva a onda:
a núa liberdade,
o modo de entregarse.
Xohana Torres
sábado, 24 de octubre de 2009
Unha explosión de tenrura
Enlace a entrevista publicada por Galicia Hoxe, na que Lupe Gómez, camiña polos meus adentros con moito cariño, sensibilidade e aprecio. Grazas
Copiar, pegar no navegador.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=479917
Copiar, pegar no navegador.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=479917
domingo, 4 de octubre de 2009
Sobra-amar

Fún facendo sucos
labrando porvenires
Dime:¿Sabes camiñar por enriba do tempo?
Cando...sobra amar
Xuntamos, unha man con outra
o corazón, preto dos nosos corpos
amamos, amantes
a necesidade de amar,
imperiosa, solidaria.
Tí lúdico, perverso
eu calada i en calma
esperando rematar
este acto da semana.
Non tes perxuizos
cando de sexo se trata
coa mente tranquila,
a min, sóbranme bágoas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






