"Non rompas o silencio, se non é para melloralo". Beethoven
"África está en venta, grandes compañías compran terras para producir alimentos que logo exportan, mentres os seus habitantes morren de fame". Beethoven compoñía dende a amargura, a falta de afectos que arrastraba axudáballe a non ter afonía de rexistros. encher os silencios con notas coma labradíos, sen fieitos, cheiños de mapoulas.
"Rajoy, gaña por maioría absoluta, sae na foto con Aznar(será que lle da caché polas representacións económicas que manexa o tal home), gaña sen dar nin unha soa proposta para saír da crise. Somos un pais de dereitas?.
"O goberno español importou os decretos de Bruselas como si fosen ciencia económica infalible", dixo Santiago Carrillo, importou ar.
Non merece o caso de "Novakafkagalicia" unha comisión de investigación no parlamento?. Manuel Rivas está no certo,"Pasou o que pasou. E algo máis. A contaminación do ar por todo o fracasado, todo o podrecido".
"Feijóo non descarta un recorte no Plan Concertado de Servicios Sociais". Non o dubidamos.
Ler as novas, día tras día, déixame sen poesía, sen lapis, sen composicións.
Non sei como compartir estas emocións, esta carencia, este noxento espazo sen esquinas. Dame vergoña non ter o blog actualizado, pero non sei como facer versos.
Gustaríame xogar, poñer unha frase que veña a cabeza, así de contado, coma un laberinto, sen orden como fago eu neste post.
Poesía aloxada,chea,viva, sin ruído.. Encher espacios con sosegados encontros de almas
miércoles, 23 de noviembre de 2011
viernes, 21 de octubre de 2011
Incorruptibles
Hoxe hai novas: O cesamento definitivo de ETA, a morte de Gadafi, Port Aventura e as súas inversións de altura, un novo plantexamento de cara as eleccións xerais cunha iniciativa común " mantenemento dá paz", a crise esquecida por dous días, sen deixarse levar pola masiva-contaxiosa-tanxible e insuxerente verba que nos amola cada día, prisión incondicional para o pai dos cativos, paraisos fiscais para Ruiz Mateos, os directivos dás Caixas, Grecia segue cas manifestacións, China famosa por un vídeo onde atropélase a unha cativa varias veces, sen pararse, nin mirar. O dá camisa branca e pantalón vaqueiro xa non aparece para aloumiñarme, borrouse do Facebook e eu quería ir ver O Rey León. Mentras, escoito os Picaversos e síntome lixeira coma unha pomba, sen iva nin retención, nin pensamentos noxentos. Amolecer escoitando, cun sorriso. Grazas por ladrar.
jueves, 15 de septiembre de 2011
O presente segue a ser este intre.
Mentres, prégoche ser figura incansable,
xogo preciso, loita continuada,
abrazo constante da lúa gris
(insubornable).
Mentres, prégoche ser revolución
na barafunda, entre o cheiro a esterco
sen ocasionar-che atrasos
(na túa viaxe).
Coa eixada, ligón, galleto e forcada
traballarei de auxiliar de voo
facendo dos sucos de terra e vida
(letras coma mulleres).
Co angazo arrastro o meu soño dormido
á lingua coa que repasar a terra enteira.
escribo e sinto que voan as cordas vocais
e quedo lixeira coma unha pomba.
Sempre é culpa miña
o sangue nunca apraza o baleiro
da eira.
(As miñas felicitacións a Pablo Alborán, pola súa nominación os Grammy e a súa frescura)

miércoles, 10 de agosto de 2011
O presente é este intre.
Xa rematei vacacións, xa fixen do tempo lerias coma risas, xa tiven espazos abertos para descansar as pernas, xa bebín de todas as fontes resistindo sen lamentos a iso da unha da tarde, xa fixen de Portosín a miña esquina alentadora, deixei de morder as uñas, durmín (sen química) case todos os días e aquí estou de novo facendo do meu asento de oficina unha triste estampa. O repaso mental non me quita de ter preguiza e decaemento xeral. Esta preñez de silencios na que habito, non me gusta Xan.
Teño a boca seca para pronunciar palabras amables.
Se queres....podo construírche coma un barco,
ti elixes a parte da leira na que queres navegar.

| Perla tamén anda triste, sen mar.. |
viernes, 17 de junio de 2011
"Unha vez dixo amor...
........Y sus labios se poblaron de ceniza". García Montero
“O namoramento é un estado emocional sucado pola alegría e a satisfacción de atopar a outra persoa que é capaz de comprender e compartir tantas cousas como trae consigo a vida. Dende o punto de vista bioquímico trátase dun proceso que se inicia no córtex cerebral, pasa ao sistema endocrino e transfórmase en respostas fisiológicas e cambios químicos ocasionados no hipotálamo mediante a segregación de dopamina.
- Intenso desexo de intimidade e unión física co Individuo (tocalo, abrazalo, relacións sexuais) e reciprocidade.
- Celos e intenso temor ao rexeitamento
- Pensamentos frecuentes e incontrolados no individuo que interfiere na actividade.
´-Perda de concentración.
- Forte activación fisiológica (nerviosismo, aceleración cardíaca, etc.) ante a presenza (real ou imaxinaria) do individuo.
- Hipersensibilidad ante os desexos e necesidades do outro.
- Atención centrada no individuo, idealizandoo e percibindo só características positivas.
Wikipedia.
Lendo esto, un chega a pensar que é case un estado catatónico, irreversible e coincidir na maioría das cousas unha ficción (estilo prosaico).
Amor e desamor (consecuencia directa) son palabras que deixan reinventarse. Subxetivamente, podemos abarcar miles de términos aceptables como idealizacións. Existencialmente a natureza dotounos de un corpo sensibilizado ós afectos pero as interpretacións e necesidades individuais son expresións xigantes e diferenciadoras. Á falta de disciplina aplicada ás artes amatorias conxugamos verbos estimulando a creatividade e inxenio. Sin protocolos, sin costuras, vivencias persoais ou cercanas, deseos ocultos, erótica e perversión…chegan a crearse miles de recetas exquisitas.
Nese verde limpo que amosa unha beleza sen queixumes…¿Que receta sería proveitosa, sentida, orixinal, musical, entendible, rica e sorpresiva?.. (O de bolboretas no estómago non sirve)

lunes, 9 de mayo de 2011
Na Chousa..
No balo da Chousa,
lendo a Corín Tellado
abrigándome do descoñecido
sentía que a loucura era estar en silencio.
(Que non impasible)
Cando foi apresado o vagalume
fiquei estéril entre as pólas, sen luz.
Aquel asubío constante
in-presente, in-tanxible lóstrego
limpaba os arroullos e as sementes
dos noxentos e calados rostros
do desértico illamento.
No novío facía frío
acochábame en min.
O asubío era a miña constante fortaleza.
Aire acaneando o bambán invisible
da miña inconsciencia.
Soñaba con estar sempre dobre no día
e non ter ocos valeiros no chan.

lunes, 2 de mayo de 2011
Contoumo ela..
Celo: Excitación sexual de certos animais no período propicio para aparearse.
Vai casar con un dominicano, coñeceuno por internet, nesa ventaniña aberta ó mundo, con cam e efectos secundarios activos chegaron a un acordo, de quererse para toda-a-vida.
Puxen palabras escritas ás súas vivencias, despois de un tempo chateando tiña o corpo excitado e a mente pensativa nun só desexo, fundirse con el cruzando os mares e os contratempos.
"Sen entender o que probablemente era un celo permanente, paso a noite contando cada minuto, cada hora. Incapaz de revelarme nin revelar. Incapaz de abrazar, de pedir caricias que aplaquen o meu corpo imperfecto nas formas. Só espero a palabra, a palabra que me fai perder a razón e transpórtame a sensacións que non recoñezo. Non admito o desacougo. Non o entendo como tal. Nesta noite longa, busquei acougarme sen conseguir un ápize de sensualidade, si sexualidade que por imperfecta e necesaria antollábaseme irreverente, trasnoitada. Ao día seguinte, co meu corpo en chamas, busco outras palabras que me acougen, finxo un desexo non real, excito coa palabra a outros que se excitan co corpo e sen entender nada follan á sombra de desexos impulsivos sen recoñecer a miña xenerosidade. No meu celo intento ver cousas que non son verdade. Intengo suprimir na miña fantasía a pulcritude das súas palabras, as súas mans que coñecen o meu corpo sen habelo tocado, desprendéndome do meu eu para sempre. Sei que non voltarei a ser a mesma, cando choro é por verme distinta a un tempo antes, creéndome perdida , avergoñada na miña propia necesidade".
Descoñezo si triunfará o desexo (entendo como tal o amor que sinten), xa colleu avión e papeis para voltar acompañada dun home do que nada sabe pero que a posúe.

viernes, 1 de abril de 2011
Lembro que..
Estou anoxada. O portátil ficou, mandaba avisos de cando en vez (como tardan dous millóns de anos en alcanzar a Galaxia Andrómeda), quedei pasmada no seu último suspiro. Xa agonizaba .Eses intres, no meu sofá, nos que vos acariciaba e lía e saboreaba, eses momentiños meus e vosos...desapareceron de repente. Á espera dun novo ou de restaurar ese, permitídeme solicitar por escrito que non me esquezades.
Como estou encabuxada...lémbrome dos atardeceres na eira, do boureo constante(cando quedaban veciños e chistes e lixeiros aires de natureza)...e síntome máis libre que nunca. Xa fai sol.

jueves, 10 de marzo de 2011
PHOTOSHOP
É unha aplicación para a creación, edición e retoque de imaxes. Fíxose moi popular, ata fora do ámbito informático, usándose para facer referencia a unha foto que foi retocada dixitalmente.
No Pais semanal do 6 de febreiro, sae unha Sofía Loren (76 anos) coa aparencia de unha rapariga de 20. Envellecer con dignidade é froito de vivir intensamente e amándose moito, facendo sonetos coas formas e cores que vamos descubrindo a partir de nos mesmos, tantos prexuizos vamos arrastrando que incluso se acepta semellante atropelo para unha dama preciosa que non debería de habelo aprobado, ser mais pudorosa. É a miña opinión, claro, aceptar o que fomos, as decisións que imos tomando, os vasos rotos que se quebran, as bágoas que non retornan, os lixeiros e sublimes guiños da vida que é iso, medrar coas engurras que nos van deixando os silenzos e as tormentas.
Cando os anos pasen, cos segundos constantes,
cos momentos vividos.
Hei de construír unha torre
feita de margaridas, treguas que conforten
intimidades alentadoras, refuxios e diversidade.
Na miña necroloxía,
a foto da risa, sen maquillaxe
o lado do cadáver.
Só iso.

martes, 1 de marzo de 2011
A grafía dos mapas
O último libro de Lupe Gómez (miña irmá, compañeira de andares e palabras) foi presentado na libraría Pedreira de Compostela o pasado xoves, editado por Toxosoutos. Asistimos encantados a maxia que xurde sempre nas súas presentacións, falaba Branca Novoneyra, unha doce bailarina, poeta e comunicadora e cantaba Xabier Díaz e Guille Fernández, facendo notas co acordeón e amornándonos ca súa voz, enchendo a parte que faltaba despois de recitar Lupe, coma unha tempestade calmante. Emborrachámonos con eles, con ese sentimento que percorre o corpo cando estás entre amigos, xente que fala o teu mesmo idioma, coa que te entendes sen ser doutora en gramática.
"O meu libro A grafía dos mapas é a Crónica Poética dos Peliqueiros. Este libro naceu da Nada, do Amor, da Neve, e sobre todo naceu das cartas que Emilio Araúxo máis eu fomos debuxando ao longo de moito tempo (desde a morte de Novoneyra) co fume que queda no aire despois da morte das flores". Do intercambio de cartas, fotos e pensamentos ao longo de varios anos sae á luz A grafía dos mapas, o novo libro de Lupe Gómez, mestura de poesía, teatro, fotografía e ensaio. Un libro que supón un chanzo máis no compromiso social da autora, que se rebela contra perdas como a memoria, a desesperanza ante o futuro, o "cárcere" no que vive hoxe Galicia. "Disfrazarse -di a autora- é un xeito de manterse vivos na autenticidade".
Un poema que me resultou inquietante, divertido e sen metáforas:
XARDÍN DE INFANCIA"
Metemos a todos os nenos e
nenas de Galicia no cárcere de Teixeiro
para que estean quietos e non fagan ruído.
Os nenos protestan e din: ¿Podemos ver
a televisión?
Na aldea de Santiago de Arriba hai
xardíns de infancia. ¿Temos que pagar
a entrada?, preguntan os turistas.
Este ano teremos unha boa colleita
porque os nenos e nenas de Galicia
aprenderon a facer ximnasia, practicar
submarinismo e baile galego dentro
do cárcere.
Un vello sen dentes pregunta:
¿Os nenos de Galicia non teñen vacacións?
![]() |
| "Galicia está no cárcere" |

lunes, 14 de febrero de 2011
O Alzheimer
A enfermidade de Alzheimer (EA), tamén denominada demencia senil de tipo Alzheimer (DSTA) é unha enfermidade neurodexenerativa, que se manifesta como deterioro cognitivo e trastornos conductuais. Caracterízase na súa forma típica por unha perda progresiva da memoria e doutras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas (neuronas) morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian. A medida que progresa a enfermidade, aparecen confusión mental, irritabilidade e agresión, cambios do humor, trastornos da linguaxe, perda da memoria de longo prazo e unha predisposición a illarse a medida que os sentidos do paciente declinan. Gradualmente pérdense as funcións biolóxicas que finalmente levan á morte.
Onte, na entrega dos Goya (a pesares de non gañar Tosar e da lei Sinde) o máis emotivo foi a consecución da estatuilla por parte de Pasqual Maragall, na loita contra a enfermidade que lle rouba os recordos, co documental “Bicicleta, cuchara, manzana”.“Sen Diana non hai Pasqual”,dille á súa muller, no día do amor creo que non hai frase máis fermosa nin humanidade tan pretiño para seguir a crer que o amor é moito máis que dicir Quérote, aínda que sea na forma de auga. En todas as manifestacións posibles do querer, aquela na que se acompaña a unha persoa que vai perdendo a súa identidade, paréceme a máis enriquecedora (tamén dolorosa) de calquer ser humano. A continuación dun mesmo a través de outro corpo, que xa non te recoñece. Na claridade da noite, escoitei o teu falar. Na escuridade do día non te logro atopar, PERDINTE e extráñote.
Ves a memoria
durmida no teu crepúsculo.
Asómache á cara
cando o frío pasa de largo.
Abrázache a oscuridade.
Eu, volvo a ensinarche
pintando as palabras
con sons recoñecibles,
linguaxes novas,
sen deixar de quererte.
Unha mención especial a Jorge Drexler pola melodía composta para Lope (preciosa composición) e especialísima para Thomas, por facer cine e música cos dedos, coas palabras, por bailar de noite, pintarme os ollos, facer café con miradas enlazadas e amigas seguindo o camiño de mar.

martes, 1 de febrero de 2011
Monólogo interior.(para salvarse)
-Un breve momento para mandarche un saúdo, cómplice de palabras que debuxan,debuxos que se alternan con momentos solitarios, días que rexeitamos o mandar saúdos, días que nos achegamos a través da palabra. Se o teu día é un deses para rexeitar un saúdo, tes o meu silencio como cómplice para a túa opción. Resérvome as palabras para outro momento onde tal vez poidan cruzarse coas túas e iniciar ou continuar debuxos en lenzos en branco, preocúpame non saber de ti,
-Teño a voz rota ,hoxe teño un sentimento de penumbra ,enmallada. ¿Pódese soster o silencio?
-Ata ti podo lanzar as miñas palabras para solicitar un breve momento de cruces e comunicacións fugaces,alixeirar o silencio que tal vez te atafegue.
-Todo era un "xogo de vida", formaba parte do misterio,do irreal e sigo asombrándome de min mesma e das miñas sensacións.
-Quedaches atrapada entre as bambolinas do efecto creador, poderoso, que teñen as aparentes inofensivas palabras ¿Motivación, necesidade? .Un bico para a túa percepción e por deixarche apoderar pola maxia tan intanxible ao contraxeito de tanta superficialidade nas cousas que nos rodean .
-Bágoas sen ficción, sensualidade por milleiros, coñecín outra persoa que estaba enmallada sen mostras de cansazo nin rutina, foi un descubrimento, pero agora é unha loita para proclamarme allea e vitoriosa, poderosa maxia esta da comunicación con malabarismos onde se xoga con palabras, imaxinación... gran misterio este que provoca e xera anhelos de máis e máis, unha maxia imprudente, case temeraria...
-Digamos que máis ben inicua se están ben amornados os adentros .
- Non o é. Todo era un xogo. Algo me queima.
-¿Quéimache? que marabilla sentir a vida nos adentros, deixarse levar polos fluídos e refachos de letras provocadoras, innovar no espírito do descoñecido e deixar que o corpo acompañe, planifique as sensacións e praceres
-Estou asustada. Tremo.
-Pecha os ollos, mira os teus mundos, adorna o teu "eu" coa conciencia da tenrura e dirixe as túas ansiedades cara á beleza do simple, talvez unha tenue luz a través de calquera rendixa, ou neste tempo de neve deixar que o fresco da brisa acariñe as fazulas... nada nin ninguén pode romper a liberdade máis íntima. Perdón por estes, digamos, consellos. Con eles vai unha lixeira serenidade para as túas batallas. Unha caricia e a certeza que somos semideuses para abrir e pechar as portas segundo as nosas necesidades e sentires.
-Admiro o teu pensamento,a túa loita ,creo que diaria, para protexerche do que ninguén entende. Amo a palabra porque poder expresarse faime máis libre, máis ofensiva. e tamén a palabra pode ofrecer tenrura e serenidade para a alma axitada.
-Calma, din que o importante non son as metas, as chegadas nin os logros, nin sequera as máis sublimes, senón a marabilla de camiñar e camiñar.¿ E porque non só situalo na vida coma unha tregua necesaria e pracenteira?.
-Será. Unha tregua. Curarme de ti. Sen loita e con autonomía.
-

martes, 4 de enero de 2011
martes, 28 de diciembre de 2010
Bailemos
Brindemos, buscando un acubillo
cObizando os diarios da infancia
caNtares nos que volcamos miles de intencións.
Acariñemos recordos que "nos enchan"
uNha danza compartida, no cinchón da chousa
acOsando, sen defensa, o chorar das leiras.
Non quero ser espectadora pasiva
dOs erros militares, sen rima
noVas formas de aquelarre político
cegOs sones pimentando a desidia.
Hoxe, coma onte ou mañá, deséxovos un BON ANO NOVO, cheiño de bolboretas rabuñando a alma coma se fósemos boliñas adornando o silencio das árbores.
Quérovos, na forma da auga, por compartir conmigo a lingua, un mundo de salivas que mollan, fresquiñas.

sábado, 4 de diciembre de 2010
martes, 23 de noviembre de 2010
"Menos mal que con los rifles no se matan las palabras". Adolfo Cabrales (Fito)
Lembrei esta entrada de setembro do 2009 unhas catrocentas veces despois de disfrutar do concerto de Fito no Sar o venres. Non me preguntedes a razón porque non a sei...(será a melancolía).
viernes, 12 de noviembre de 2010
O enxoval
Conxunto de mobles, aveños e roupas de uso común na casa. Tradicionalmente, era a esposa a que achegaba o enxoval ao matrimonio (entendendo neste caso que se refería fundamentalmente ás roupas).
Era responsabilidade da nai ilo preparando para as súas fillas antes de que estas chegasen ao matrimonio, colaborando tamén as noivas na confección e bordado de determinadas pezas (manteis, sabas...) antes da voda.
Pero a igualdade entre o home e a muller nas sociedades occidentais tivo como consecuencia que o costume de que cada muller fose construíndo un enxoval antes da voda estea pasando ao esquecemento.
Imos mellorando en occidente, xa non buscamos levar connosco figuras de porcelana e sabas firmadas para non esquecerse de que pertencemos a un lugar ou persoa. Agora falamos de amor , de que nos queiran polo que somos, a nosa forma de amosarnos e non polas xoias preparadas polas familias para entregarnos coma calquer ben material. Pasamos a ser persoas directamente proporcionais , masculino ou feminino. Devecía por albiscar algunha prometedora visión do futuro e aí está, atopeime coa chave para pensar en positivo dos avances da humanidade. Non deixa de ser un minúsculo avance pero chega a ser tan gratificante coma unha caricia agarimosa dunha nai. Todo isto lembreino a conto de encontrar unha lámpada que perteneceu o meu enxoval, xa choveu pero segue tendo a mesma connotación negativa, por permanecer e por falta de uso.

martes, 26 de octubre de 2010
Mentira
Unha declaración realizada por alguén que cre ou sospeita que é falsa ou parcial, esperando que os oíntes créanlle, ocultando sempre a realidade. En función da definición, unha mentira pode ser unha falsidade xenuína ou unha verdade selectiva, esaxerar unha verdade ou ata a verdade, se a intención é enganar ou causar unha acción en contra dos intereses do oínte.
A verdade é todo o contrario, espirse con serenidade, honestidade e boa fe.
No medio, a indecisión de ser franco ou xogar a enganar. Se todo ten unha lóxica comprensible, plausible e recoñecible ti mintes moito e eu escoito e rebélome e rebéntame o estómago coa magoa de saber que as noites son bonitas e borrachas e falsas, alcohol na cara, aparencia, roupa, modelos, bailes, como Peter Pan nun submundo demasiado alto, orgulloso, presumido, intocable e santo. Sangrando a culpa, música que soa perforando os tímpanos ca sensación de non estar en ningunha parte, movendo as pernas con ritmos inventados. É tan simple e fráxil sentirse ben con un mesmo, cando percorren as veas sustancias que nos fan ser outro, aquel o cómplice perfecto para desvariar e o mesmo tempo é tan decente como ir a misa os domingos. Pero…as mentiras son insolidarias.
Ás veces é bon romper as cordas da razón
sen sacrificarnos de todo.
Ás veces e bon ver outras realidades,
afogando co Ron e Cocalola.
Crear poemas,
crear poemas de amor e de vida.
Romper os vasos, contra as xanelas
Facer unha revolución directa e incorrecta.
Espirte sen fronteiras,
Militar en partidos sen siglas.
Vivimos sen sentir o peso, dos nosos pasos
Ovíparas formas de cheirar as inquietudes,
secretamente gardadas.
Morremos da mesma forma, ausentes
Á espera, na procura constante
e a incerteza.
Canción que soa: Mentira de Manu Chao

martes, 5 de octubre de 2010
Esperpento
Esperpento: Estilo literario creado por Valle-Inclán que se caracteriza pola deformación grotesca da realidade ao servizo dunha implícita intención crítica da sociedade.
Gústame.
Aquí estou, de novo, fraternizando conmigo mesma, con vos, co medio que utilizo para desvariar e facer sonetos. Metida nas vosas intimidades, coas que choro coma se fosen miñas. Debuxo raias nas medias, rompo a roupa, tento ser libre (entre miserias) pero só o son coas palabras. Os silencios que non me enchen pero que non sei asesinar coma Xenevra, nin siquera sei esperar unha chamada coma Raposo ou programar viaxes coma Zeltia, aínda que me perdo en Portugal co GPS. "Son unha puta limpa debaixo do amor". Ás veces dasme bicos que eu non contesto, porque teño medo a ensinarme. Farrapos que se descolgan e tardan en volver a cocolarse, coma floreiros, coma xoguetes prohibidos en épocas de distancias. Sempre nesa liña invisible, quedando sen ruído. Risas sin reloxo. Cando digo que estou tola é moito máis que unha metáfora.Apuntarse hoxe a linguaxe dos
silencios sentindo cercanías .....\...
Silencios, ecos en horas rebotadas
ollos coma velas, desgastadas
sofás abertos a espera de corpos nus
mullirse e mollarse
colocar o floreiro escoitando ausencias.
Recitar a Neruda baixiño
cos ollos pechados á certeza.
Aletargado Moleskine,
que non sabe cantar sen música
entre as súas páxinas brancas
unha petición de palabras.
O vacío espazo
Infinitude
Máis silencio...
martes, 14 de septiembre de 2010
Transmisión dos memes
Neste silencio, sen gramática, no que me atopo recibo unha invitación de Raposo para contestar unhas preguntas o que fago a continuación por cortesía hacia él e a xente que tamén participou neste intercambio de intimidades. Non aplicado a estas comunicacións entre blogueiros, tamén me sirve a anotación de Darwins.
"Para o conxunto dos memes danse as características propias de todo proceso evolutivo: fecundidade (algunhas ideas son especialmente efectivas), lonxevidade (persisten durante moito tempo) e fidelidade na replicación (conservadurismo tradicional, especialmente o ensinado como parte da educación infantil)".
As preguntas:
-Cando comenzaches o blogue?
Comecei en Marzo do ano pasado, cando recibín un accésit polo poema "Eles non saben", pareceume naquel momento que podía comunicarme a través da poesía con xente afín, da que leo, aprendo e comparto as inquietudes pola palabra, cruzando os límites da percepción e levándome a novas realidades.
-Como soubeches da existencia dos blogues?
Por conversar con Miguel Angel Yusta, escritor Zaragozano co que me une unha amistade. Da súa páxina fun pasando a outras e lendo cada vez máis, saboreando e disfrutando de cada blogge que ía encontrando.
-Nomea cinco blogues que sigas diariamente ou con moita frecuencia
Todos os que teño relacionados.
-Es lector anónimo dalgún blogue?
Si, dos que vou abrindo por estar comentando en outros, pero...se me provoca algunha emoción sempre comento, ese intercambio de pareceres lendo sobre as sombras, o amor, luz, relacións, actualidade, irónicos, contestáraos, críticos etc. é unha forma de ir construíndose a un mesmo. A escrita é un pozo inesgotable.
-Algúns autores que che esperten especial simpatía.
Zeltia, Chousa, Concha e Raposo.
-Con que cinco bloggers irías de esmorga?
Sen preferencias, que para conversar e estar con cada un deles, ou con todos.
-Con que blogueiro/a pasarías unha noite de loucura sexual?
Iso non o sabería ata despois da esmorga, cuestión de similitude, afinidade, complicidade, deseo etc.etc. A sexualidade sempre é compartida.
-Namoraches algunha vez dalgún blogueiro ou blogueira?
Namórome frecuentemente, da persoa, da escrita, da conexión. A través do interior, que aquí potenciamos é fácil que xurdan sentimentos agradábeis.
-Estás satisfeito co teu blogue?
Si, a min sírveme como desafogo, unha abertura sen trauma, para plasmar o que falando tanto me costa. Critícome en momentos a falta de estabilidade e creación.
-Escolle entre 3 e 5 bloggers para que respondan estas preguntas nas súas bitácoras.
Creo que están todos nomeados xa, dos que sigo habitualmente, quizás Setesoles, Ío e Bolboreteira.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)