miércoles, 10 de agosto de 2011

O presente é este intre.

Xa rematei vacacións, xa fixen do tempo lerias coma risas, xa tiven espazos abertos para descansar as pernas, xa bebín de todas as fontes resistindo sen lamentos a iso da unha da tarde, xa fixen de Portosín a miña esquina alentadora, deixei de morder as uñas, durmín (sen química) case todos os días e aquí estou de novo facendo do meu asento de oficina unha triste estampa. O repaso mental non me quita de ter preguiza e decaemento xeral. Esta preñez de silencios na que habito, non me gusta Xan.


Teño a boca seca para pronunciar palabras amables.
Se queres....podo construírche coma un barco,
ti elixes a parte da leira na que queres navegar.

Perla tamén anda triste, sen mar..


13 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Navegar pola leira vaiche escarallar o barco e arrasar o cultivo. Mellor que lle poñas ás ó barco e mándolo voar polo río...

Benvida á túa canteira!
Bicos preñados de palabras

zeltia dijo...

pois benvida e que pase pronto a depre postvacacional.
(haberá tempo para paseos pola area, e para mirar con eses ollos de linda cor a linda cor do mar, haberá tempo para o estremecimento)

zeltia dijo...

o gato unha boliña de pelo!
:-)
[non unha asasina como a miña gata]

Xan dijo...

Cando rematamos as vacacións é difícil volver ás rutinas, aletarganos a nostalxia, pero inexorablemente temos que adaptarnos de novo ao cotián.
Bicos

Concha López Fernández dijo...

Eu xa non sei se as vacacións son para descansar ou para traballar máis. Pero a volta á rutina sempre deixa un certo amargor.
Claro que, pouco a pouco, o corpo tamén se vai afacendo. Hai que darlle tempo...

Benvida!

A cruz da Campá dijo...

Benvida e non te deprimas que demasiado descanso tampouco é san. Por certo Perla eche ben guapa.

Magdalena Malungo dijo...

En fase de negación e cara a aceptación (do presente). Qué difícil... Sempre nos quedará Portosín! ;-)

Tucho dijo...

Corpo descansado, colleita pobre e débedas á porta. Tes todo o ano para vir ao mar sen deixar de traballar, facer o que ben sabes crear e manter o nivel de colesterol do dia a dia. Os que afortunamente non nos pasa iso só podemos pensar na posible alegria de empezar unhas vacacións. Sexas ben achegada ás nosas vidas, unha vez mais, se é que che fuches algunha vez. Bicos
"A jata e moita jata de dios"

Raposo dijo...

Sei de que falas, eu tamén rematei as vacacións hai dous días e ando dunha mala ostia!!

Kaplan dijo...

Ánimo, que tamén eu entrei na recta final, ai!

Aldabra dijo...

voltar sempre se fai costa arriba.

biquiños,

¿Perla é a túa mascota?

¿Gustaríate que formara parte do grupo de amigos de Ron?

http://ronyyo.blogspot.com/

setesoles dijo...

Teño unha cantiga por aquí, dun tal Fausto Bordalo (galego do sul) que se chama O Mar, e acáelle moi ben a isto que escrebes, pero é adictivamente melancólica e veño de decidir (ando metido a doutor...) que non che convén nadiña.

O tequila non creo que che conveña tampouco, pero esta de Lila Downs (mexicana de alá) hache levantar o ánimo. Dito queda: escóitaa, pero non a bebas.

http://www.goear.com/listen/83c158a/la-tequilera-lila-downshordrnic

Xa que non quedan vacasións, cando menos temos música. E Portosín non ha marchar de onde estaba, recoña... ;))

Biquiños malencólicos (eu tamén quedei sen vacas...)e prá Perla (miña ruliña que parese que chora), unha sardiña.

Ío dijo...

A volta dos intres, aos outros intres de ti.
No estaleiro constrúense barcos a medida, algúns flotarán se atopan a auga adecuada.

Gústame o teu gatito gris. Ten mirada triste, será un amor.
Bicos de cores, sempre para ti, a miña raíña galega

Ío