martes, 28 de diciembre de 2010

Bailemos

Brindemos, buscando un acubillo
cObizando os diarios da infancia
caNtares nos que volcamos miles de intencións.

Acariñemos recordos que  "nos enchan"
uNha danza compartida, no cinchón da chousa
acOsando, sen defensa, o chorar das leiras.

Non quero ser espectadora pasiva
dOs erros militares, sen rima
noVas formas de aquelarre político
cegOs sones pimentando a desidia.

Hoxe, coma onte ou mañá, deséxovos un BON ANO NOVO, cheiño de bolboretas rabuñando a alma coma se fósemos boliñas adornando o silencio das árbores.
Quérovos, na forma da auga, por compartir conmigo a lingua, un mundo de salivas que mollan, fresquiñas.

20 comentarios:

Xan dijo...

Quen non te vai querer con esa danza fermosa das palabras.
Feliz aninovo cheo de cousas fermosas.
Bicos

A nena do paraugas dijo...

Moi feliz Aninovo. Que che conserve a graza e dozura coa que escribes!

Bicos.

Tucho Gonzalez dijo...

Simplemente con ANO NOVO é suficiente, porque o de BON, contigo xa vén incluído. Grazas Maribel polos teus encantos que adornas as nosas vidas coma se de arbores tratásese, e a túa luz orienta aos Reis Magos a que teñamos agasallos en forma de poesia.Un Bico.

zeltiavertida dijo...

Brindemos, logo, buscando acubillo, acariñando recordos. Que deixemos de ser espectadores para ser actores neste teatro da Vida.
querer na forma da auga parece doado, polo menos a tí.

A túa felicitación de hoxe deixa un pouso doce e fresco no interior das persoas, sobre todo se, coma no meu caso estamos algo sensíbles de máis.

Unha aperta e feliz aninovo tamén para tí.

Bolboreteira dijo...

Feliz ano para ti tamén os meus mellores deseños para o ano novo .Que podamos seguir disfrutando dos teus fermosos versos.
Biquiños!

Gaearon dijo...

Preciosas verbas :)
Que teñas tí tamén un moi moi bo ano novo.

Mil bicos!!

fonsilleda dijo...

Eu xa estou acubillada acariñando recordos, amañando días e porvires, facendo caso dos teus consellos pra non caer na desidia...
Feliz aninovo (¿xa non se di deste xeito?), que chege cheo de venturas.
Grazas por as túas palabras no meu blogue, son do mais bonito que me dixeran.
Bicos.

Ío dijo...

Brindemos por case todo, raíña miña, pero sobre todo por nós mesmas.
Quéroche por compartir comigo este pedazo de auga, unhas veces remansada, outras revoltosa, pero sempre fresca e azul.
Bo ano para ti, que as túas bolboretas che cosquilleen a alma.
O meu bico grande como o mar

Ío

Antón dijo...

Brindemos entón, a túa saúde, ao abeiro da nosa lingua, nun acto de amor infinda que encha o oco estreito do ano novo
Bicos !!!

Chousa da Alcandra dijo...

Teceches un desexo ben tecido.
Gustoume moito sentirme mollado pola saliva das túas palabras. Todo un pracer que desexo seguir compartindo durante o 2011.

12 bicos

Kaplan dijo...

Moi feliz ano novo. Que o 2011 traia para vde todas as venturas e aventuras que soñou, e que sexa inolvidable.

Son Unha Xoaniña dijo...

Qué acerto foi vir por aquí, non se pode recibir unha mellor felicitación navideña que iste baile de palabras molladas.
Saúdos e bon ano para vostede tamén

Aldabra dijo...

Feliz ano novo para ti tamén, maribel-bel, bonito nome para unha volvoretiña vestida de muller.
Biquiños,

Raposo dijo...

Felices festas e un bo 2011.
Seguirei pasando por aquí, buscando acubillo nesta xeografía túa tan cálida e agarimosa.
Biquiños!!!

Albino dijo...

Gostame moito o contido do teu poema, pero tamen a forma en que señalaches en maiúscula as letras que desexan un bo Aninovo, cousa que eu pido para ti e para toda a xente de boa vontade que, lamentablemente, cada vez son menos, pero a lo menos que éstes duren sen trocos.
Un bico agarimoso

FERNANDO SANCHO dijo...

Moitas grazas Maribel por este fermoso poema no que brindo contigo lembrando a infancia, acariñando recordos, loitando contra a inxustiza e a desidia, e desexándote un FELIZ ANO NOVO

A Nena do Paraugas dijo...

Desexo que o ano que comeza siga regando o teu espazo de fermosas oalapbras, coas que expresar sentimentos.

Un biquiños e Feliz Aninovo!

Maribel-bel dijo...

Xa no 2011, gustaríame tanto darvos unha apertiña sentida, non virtual, para que poidades contar conmigo sabendo que eu xa conto con vos. Grazas..moitas grazas e agradecementos(prometo lervos e escribir máis) o de fumar levoo moi mal...

Raíz Verde dijo...

Bo aninovo xa que logo :D !

setesoles dijo...

Perdínme polos caminos... Vale, non... polos bares.
Pero cheguei, ou?
Receitoume o médico as túas poesías, quérelo crer? ;))

Bo 2011 (e os que veñan).