jueves, 10 de marzo de 2011

PHOTOSHOP

É unha aplicación para a creación, edición e retoque de imaxes. Fíxose moi popular, ata fora do ámbito informático, usándose para facer referencia a unha foto que foi retocada dixitalmente.

No Pais semanal do 6 de febreiro, sae unha Sofía Loren (76 anos) coa aparencia de unha rapariga de 20. Envellecer con dignidade é froito de vivir intensamente e amándose moito, facendo sonetos coas formas e cores que vamos descubrindo a partir de nos mesmos, tantos prexuizos vamos arrastrando que incluso se acepta semellante atropelo para unha dama preciosa que non debería de habelo aprobado, ser mais pudorosa. É a miña opinión, claro, aceptar o que fomos, as decisións que imos tomando, os vasos rotos que se quebran, as bágoas que non retornan, os lixeiros e sublimes guiños da vida que é iso, medrar coas engurras que nos van deixando os silenzos e as tormentas.

Cando os anos pasen, cos segundos constantes,
                                   cos momentos vividos.
Hei de construír unha torre
feita de margaridas, treguas que conforten
intimidades alentadoras, refuxios e diversidade.
Na miña necroloxía,
a foto da risa, sen maquillaxe
o lado do cadáver.
Só iso.

19 comentarios:

Gaearon dijo...

Por qué veño eu de lembrar, co gallo este do potochó, certa campaña eleitoral de certo dinosaurio que inda arrastra por ahí o bandullo?
Qué cousas...

Biquiños!!!

Chousa da Alcandra dijo...

Que conste que eu tócome de xeito recurrente; así que podíamos dicir que me RE-toco. Iso sí; non emprego para elo o fotoxop!

Bicos con risas

A cruza da Campá dijo...

Tranquila muller non o fan por querer parecer máis novas ou guapas; fano para que non as reconozan pola rúa, non vaia ser que os fans non lles deixen gastar os cartos.

fonsilleda dijo...

Deiso un bo feixe de aplausos.
E bicos tamén.
Sen photoshop

Concha López Fernández dijo...

Nunca entendín esa obsesión por semellar ser o que non se é, por disimular e acochar o que de seu sae, con soamente mirar o DNI... E da maquillaxe, ben, hai que protexer o rostro das inclemencias do tempo para que se conserven as engurras cheas de frescura, pero que se conserven ben marcadas, pois en cada unha hai unha vivenza.

Que non me toquen, nin me retoquen. Que se vaian vendo as miñas canas, os meus sucos das risas e dos pesares...

Bicos.

Santi dijo...

Pensaches en que se ela está orgullosa de saír así? Sempre existiu a maquillaxe, a evolución lévanos ao Photoshop, utilizalo ou non é algo persoal. Hai quen deixa unha foto na súa blog onde se ve bonita, cando a tería que cambiar cada certo tempo, antes de criticar a, neste caso, Sofía Loren. Véxoche guapa de como escribes. Un bico.

Maribel-bel dijo...

Santi, perdonaquenomelevante, a foto do blog é actual(se pinchas encima verás a fecha), de cando comencei por estos lares, fai ano e medio, aparte de natural, no lugar de traballo. Non considero ter que ensinarme como Sofía, porque non vivo da imaxe nin me interesa, gústame maís chegar coas palabras(infinitamentemais). Un bico

Magdalena Malungo dijo...

Eu tamén apoio a naturalidade e sobretodo a liberdade e non dependencia das apariencias, qué coñazo! Pero tamén entendo que ser artista e que os anos pasen debe ser complicado. O mellor a foto da risa ao lado do cadaleito, por ter vivido!
Bico!

Bolboreteira dijo...

Eu creo que igual Sofía Loren non necesitaría fotoshop dese, está fermosa para súa idade ou para calquera outra.
Supoño que serán as cousas do marketing a beleza e a xunventude son valores en alza.O que non me parece ben, porque o paso do tempo e os seus efectos positivos e negativos sempre estarán ahí,ignoralo non leva a ningures.
Biquiños!

Aldabra dijo...

¡Que razón tés, muller! A dignidade das enrugas, das manchas na pel. Biquiños,

zeltia dijo...

Debo ser eu un bicho raro entonces...
porque a min dame mágoa ir vendo como de ano en ano o meu corpo se vai deteriorando.
É como se o meu corpo non fose á par de min, quen o habito, e iso é un conflicto: porque unha persoa é un todo espiritual e corporal e se dentro de min habita unha muller á que sempre lle gustou seducir e sentirse segura, non me vale agora esta cara, este corpo; sinto como se o meu corpo me abandonara, desertara de min...

Non sei se ten isto que ver co photoshop, supoño que sí, no tocante a non querer mostrar públicamente a degración. Non querer sufrir a compasión, que o seu publico eses homes que admiraron, digan con xesto de pena, ou incluso de asco: "co atractiva que esta muller foi...".
Así, non mostrándose ó mundo con aspecto de vella, se non coma unha muller aínda atractiva, pensará non traicioar a súa imaxe, a que ela sinte que lle corrresponde.

Eu entendo ás vellas presumidas. Que queres.

Raposo dijo...

O problema de fotosop ese é que amaña, compón e disimula a casca, pero non pode facer nada co de dentro que é o mais importante.
Bicos (sen retoques).

Maribel-bel dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Maribel-bel dijo...

Zeltia, son, síntome e actúo o mesmo que ti, non hai diferencia algunha, preocúpanme os quilos, as engurras, o paso do tempo e deterioro físico. O mesmo. Pero, unha foto retocada (diferencia de 50 anos)non é a solución para buscar ese equilibrio que necesitamos, como di Raposo, que pasa cos adentros? Como queremos que nos vexan? Como somos ou como fomos. É unha loita, pero quero crer en min, non nunha composición que non existe. Besiños cheos de dudas, claro.

Xan dijo...

Recordo que fai un par de anos, vín na Coruña á filla de Franco coa cara dunha moza e o andar rengueante dunha anciá, Patético.. Coidarse e tratar de estar ben para sentirse mellor é lóxico pero chegar a certos extremos é facer o ridículo e lograr o contrario do que que se pretende.
Bicos

Tucho Gonzalez dijo...

Estou de sorte, porque segun o vivido teria que ter 92 anos, en cambio polo meu aspecto aparento mais vello á miña idade. Toda unha discusion, na que as engurras gañan a batalla e os anos a guerra.Sentirse alegre con ganas de vivir, compartir, recibir e dar, que importa a cantidade de follas de calendarios que se foron.
Que diferencia ese segundo do reloxo que determina se é luns ou se xa é martes? é mais, esa badalada que nos fai cambiar de ano.
Non é o tempo, nin a vida, nin a idade, son os momentos que hai que vivilos con tempo segun a idade que se teña, sen alisamientos.
Maribeliña, ... sorprendenos con outro tema, jajaj...Un bico.

Ío dijo...

Envellecer é lei de vida desde que nacemos.
Pódese retocar o exterior, facer crer que sobre el non pasa o tempo, que as súas pegadas non lle fixeron madeixa, pero debaixo da pel pódense contar, como nunha árbore cortada, os anos que o corpo leva cargando consigo mesmo.
É moi fermosa a imaxe da túa necroloxía, Maribel; sorrir ata o último instante

A miña raíña galega, sempre é un gusto gozar das túas ondas
Bicos de cores

Ío

Kaplan dijo...

Non se pode parar o proceso, xa nos gustaría. Así que o mellor é asumilo, acomodarse a ese corpo que cambia.
Por outro lado, quero tamén pedirlle que cambie o enderezo do meu blog; tiven problemas con blogger e houben de reabrir como recomezando.blogspot.com
Grazas e un saúdo

setesoles dijo...

A piques ando de che pendurar aquí unha foto cos pectoráis en pe de guerra, de cando andaba polos 22. Non o farei por medo de che provocar un parrús fatal, que ben sei que es unha muller sensible ;)))
Penso (cando son quen de facelo) que estas cousas delatan unha esclavitude pola propia imaxe que agocha cousas máis fondas. Particularmente, unha dependencia terrible da opinión que os outros teñan de nós.
A única solución é quererse. E non digo que sempre sexa doado, pero... qué cousa é sempre doada?
Encantoume iso de perdonaquenomelevante, qué queres que che diga, ata o castrapo che queda precioso, rapasa....

Bicos sen retoques (serei correcto).

PD: Por deixar o dato. O Photoshop non só escaralla imaxes públicas. Tamén millóns e millóns de fotografías.