martes, 23 de noviembre de 2010

"Menos mal que con los rifles no se matan las palabras". Adolfo Cabrales (Fito)

Lembrei esta entrada de setembro do 2009 unhas catrocentas veces despois de disfrutar do concerto de Fito no Sar o venres. Non me preguntedes a razón porque non a sei...(será a melancolía).


11 comentarios:

Gaearon dijo...

Nada hai que poida matar as palabras. Nen rifles, nen nada.
:)
Mil bicos!!

Chousa da Alcandra dijo...

Eso pásache por, en vez de ir de carallada, vas ver poetas que filosofan en compás de tres por catro.
(As palabras levan chaleque antibalas, son ignífugas e incluso saben nadar!!!)

Un bico!

Raíz Verde dijo...

menos mal que non se pode por que senón a cousa ía estar fina...

Raposo dijo...

Nas cancións de Fito hai grandes frases: esta é unha delas. Alégrame que o desfrutaras.
Bicos.

Maribel-bel dijo...

Chousa, gústame Fito (dende sempre),as súas letras e a súa música acompañando.Ata que deixe de xogar cos praceres prohibidos da vida,despois coma Sabina terá un cambio que será acertado ou non, pero predecible. Sinto que non che arrole eh. Biquiño.
Grazas Gaearon, Raiz verde e Raposo por pasar por estas esquinas.

Diego Taboada dijo...

Poder, pódese

Mais son tan rabudas que resucitan

Unha aperta

:*

Concha López Fernández dijo...

As palabras son reacias a morrer. E se van acompañadas de sons aínda se resiten máis.


Será a melancolía, a morriña de novembro... Pero logo pasa.

Será...

FERNANDO SANCHO dijo...

A frase ten moita miga... Poderíamos facer unha refexión moi extensa sobre o tema. Eu coido que é mellor non pensar no que pasaría se realmente puideran matarse as palabras. A nosa libertade está nelas...fannos ante todo e sobre todalas cousas, seres libres.
Unha aperta
Grazas Maribel polas túas visitiñas o meu blog

zeltia dijo...

a min tamén me gusta fito.
recoñezo que a súa música ás veces paréceme repetida,
pero ¿quen non se repite?
todo o que vivimos é o mesmo repetido, pero él sempre o dí dunha maneira diferente, e cunhas frases que me encanta facer miñas,
birlarlle esas palabras que dis, as que non matan os rifles.

Tucho Gonzalez dijo...

Estou de acordo con Chousa, es das poucas que escoitaron sen pestañear a Fito, seguro que protestabas por non cantar a tua cancion preferida. Eu acompañei a unha persoa especial que quero e Fito foi un excelente fío musical nese intre. un bico.

FERNANDO SANCHO BLANCO dijo...

A maxia das palabras.
A poesia non se pode traducir, pensemos na expresión NUNCA MAIS no poema "O CORVO" de Alan Poe.
Matamos as palabras "NUNCA MAIS" si as pronunciamos en outra lingua que non sexa a orixinal, non soa o mesmo, nin produce o mesmo medo.
Eu os últimos versos leeriaos así:
"E miña alma/
do fondo de esa sombra que flota sobre o chán/
no poderá liberarse. NEVERMORE
(este NEVERMORE pronunciado con voz ronca) Saudos