lunes, 9 de mayo de 2011

Na Chousa..

No balo da Chousa,
lendo a Corín Tellado
abrigándome do descoñecido
sentía que a loucura era estar en silencio.
(Que non impasible)

Cando foi apresado o vagalume
fiquei estéril entre as pólas, sen luz.
Aquel asubío constante
in-presente, in-tanxible lóstrego
limpaba os arroullos e as sementes
dos noxentos e calados rostros
do desértico illamento.

No novío facía frío
acochábame en min.
O asubío era a miña constante fortaleza.
Aire acaneando o bambán invisible
da miña inconsciencia.

Soñaba con estar sempre dobre no día
e non ter ocos valeiros no chan.

11 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Cantas cousas acontecen nas chousas que non se poden nin siquera contar;

e cantas ocurren nos lindes verticais que as abrazan, convidándonos a entrar...

Un asubío e un bico!
:-)

Bolboreteira dijo...

Gustoume moito!!
besiños!

A nena do paraugas dijo...

Perderse en lugares así fai que unha recobre a consciencia, a través do abaneo da inconsciencia...

Saudiños.

A cruz da Campá dijo...

Eses balos desas chousas sonche moi interesantes.

zeltia dijo...

ai, a adolescencia, as pernas ó sol, os recantiños agochados dos valados...

ler a corín tellado.

Raposo dijo...

Gustoume aínda que eu cambiaría a Corín Tellado por Marcial Lafuente Estefanía.
Biquiños.

Maribel-bel dijo...

Raposo,con 14 e 15 anos, non había posibilidades económicas na miña casa para mercar moito máis. Estas eran noveliñas pequenas, de mala calidade (en case todo) pero que se prestaban a compañía e tamén a imaxinación. SAúdos

Xan dijo...

Soñar acazapada como un paxariño doce, tiritando para escribir estes versos tan tenros e fermosos....
Bicos

Ío dijo...

E así imaxinabas o que estaba por chegar;
atopábasche nas páxinas,
e soñar era un lugar imprevisible,
cheo de luz,
no que podías deitarche
coas mans mornas
lonxe do frío
e acazaparche no teu corazón.

A miña raíña galega, que bonito lerche
Os meus bicos no teu ceo

Ío

Santi dijo...

Desta vez non me dí nada, ou será que estou espeso. Ler fotonovelas só fai dar dor de cabeza con ilusions de amores imposibles; donde as leas e outra cousa sempre que a natureza sexa limpia de contaminación. unha etapa que deberás recordar con alegría, noraboa.

setesoles dijo...

Éranche cousa de ver aqueles tipos do Lafuente, todos de seis pes e medio e inmortáis. Disque utilizaba unha moeda. Se saía cara, morren trinta. Se saía cruz, non queda nindiós.
Á Corina non a lin moito. Andaba moi liado con aquilo de ser un xusticieiro. Solitario, claro... Facía uns Winchester de madeira que tiñas que velos... ;))

Bicos. Dobres.