Celo: Excitación sexual de certos animais no período propicio para aparearse.
Vai casar con un dominicano, coñeceuno por internet, nesa ventaniña aberta ó mundo, con cam e efectos secundarios activos chegaron a un acordo, de quererse para toda-a-vida.
Puxen palabras escritas ás súas vivencias, despois de un tempo chateando tiña o corpo excitado e a mente pensativa nun só desexo, fundirse con el cruzando os mares e os contratempos.
"Sen entender o que probablemente era un celo permanente, paso a noite contando cada minuto, cada hora. Incapaz de revelarme nin revelar. Incapaz de abrazar, de pedir caricias que aplaquen o meu corpo imperfecto nas formas. Só espero a palabra, a palabra que me fai perder a razón e transpórtame a sensacións que non recoñezo. Non admito o desacougo. Non o entendo como tal. Nesta noite longa, busquei acougarme sen conseguir un ápize de sensualidade, si sexualidade que por imperfecta e necesaria antollábaseme irreverente, trasnoitada. Ao día seguinte, co meu corpo en chamas, busco outras palabras que me acougen, finxo un desexo non real, excito coa palabra a outros que se excitan co corpo e sen entender nada follan á sombra de desexos impulsivos sen recoñecer a miña xenerosidade. No meu celo intento ver cousas que non son verdade. Intengo suprimir na miña fantasía a pulcritude das súas palabras, as súas mans que coñecen o meu corpo sen habelo tocado, desprendéndome do meu eu para sempre. Sei que non voltarei a ser a mesma, cando choro é por verme distinta a un tempo antes, creéndome perdida , avergoñada na miña propia necesidade".
Descoñezo si triunfará o desexo (entendo como tal o amor que sinten), xa colleu avión e papeis para voltar acompañada dun home do que nada sabe pero que a posúe.
12 comentarios:
O de quererse para toda a vida paréceme algo esaxerado. Non debe confundirse o celo co amor eterno. Nin a necesidade dunha vida mellor co amor....
Bicos
Carallo, coa de homes que hai no terruño tense que ir a República isa. jeje. Saudiños.
Isto é deixarse levar polo desexo ,polas vísceras e non pola razón e a lóxica.Segúndo se mire pode ser bo ou malo..Haberia que saber como continúa a historia.
Bicos e benvida!!!!
Poder ir mocear en bicicleta foi un tremendo adianto nos anos 60. Non fai falla que maticemos canto favoreceu as relacións dispoñer dun coche anos máis tarde(...).
Nin antes tiñamos o celo máis na cima da epiderme, nin agora somos máis casquivanos. Son as ferramentas que nos van facilitando as cousas. Benvidas sexan.
Que vivan os noivos!
O malo é que ao petar coa realidade real ás veces estrágase o encanto e toda a ansia coa que se agarda convértese en fume. O amor eterno hase construír día a día e, aínda así, non sempre dura, pois nada é para sempre.
Biquiños.
A conta do “celo” fixeches unha historia moi ben montada, por un pouco máis poderías facer un conto ou unha novela, ademais ten moitas connotacións poéticas.
Esperemos ca cousa remate ben.
Bicos, unha man chea.
Perdoa, non cho dixen antes, graciñas polas túas palabras no meu blog, é case seguro que estés no certo, pero non me queda outra e vértome en letras.
Unha presa de bicos.
Cóstame entender estas relacións sentimentais vía internete, quizais porque eu son mais de distancias curtas, de sentir o alento, de mirarse os ollos, pero, en fin, que sexa para ben.
Bicos!!
A realidade sempre supera a ficción
Non se se é por sorte, ou por desgraza, que podemos agora grazas a este medio, chegar a saber de persoas que doutro xeito nunca coñeceriamos.
Por unha banda está ben, sempre é bonito, e interesante, coñecer outras vidas, e o seu xeito de vivilas: polo outro asoma esa posibilidade de achegarse ata un punto que talvez non teña retorno.
Poida que ao tocarse non sentan nada, nin a maxia que antes lles envolvese
Confío e quero pensar que lles irá ben, unha vez pasada a época do celo.
Bicos de cores, a miña raíña galega
Ío
¿Quen pode ter a certeza? Nadie coñece a receita milagrería. Ó mellor teñen sorte e saélles ben. Ogallá. Biquiños.
¿Y tú te extrañas por eso? ¿Es que nunca has sentido algo que podrías comparar al amor chateando con alguien en la red? ¿Es que no te ha recorrido la espina un temblor cuando alguna persona te ha dicho cosas mediante el teclado, sin apenas saber de ella más que lo que decía por cables y monitores?
La vida es muy curiosa, y no es curiosa sólo para unos. Si contásemos nuestras vivencias, quizás comentarios como ése se leerían escritos por terceros acerca de nosotros...
Publicar un comentario