Estou anoxada. O portátil ficou, mandaba avisos de cando en vez (como tardan dous millóns de anos en alcanzar a Galaxia Andrómeda), quedei pasmada no seu último suspiro. Xa agonizaba .Eses intres, no meu sofá, nos que vos acariciaba e lía e saboreaba, eses momentiños meus e vosos...desapareceron de repente. Á espera dun novo ou de restaurar ese, permitídeme solicitar por escrito que non me esquezades.
Como estou encabuxada...lémbrome dos atardeceres na eira, do boureo constante(cando quedaban veciños e chistes e lixeiros aires de natureza)...e síntome máis libre que nunca. Xa fai sol.
13 comentarios:
E cómo íamos esquecerche, ruliña? :)
Pronto voltarán eses intres no sofá, non o dubides.
E aquí seguiremos nós, ledos de ler as túas verbas.
Biquiños
Nos esperamos, pero non tardes moito que xa sabes que "el que espera desespera".
Sempre é un pracer vir por aquí, así que seguirei vindo e agardarei pacientemente o teu regreso.
Bicos.
Viceversa. Que sera de ti sen nós?..Seguro que xa tes outra ferramenta preparada moito mais letal. Booo...! Esa poesía gústame, tráeme recordos da presenza feita persoa.... para toda a vida. Segues e seguimos.
A arañeira leva tempo tecida (e non é doado saír dela). Agardaremos.
Pois que teñas sorte.
Pornós non te preocupesque iremos safando.
Botaremoste en falta e esperaremoste con ilusión.
Biquiños!
Poño por escrito que na Chousa non esquecemos nunca as esquinas xeográficas.
(Déixate de landainas e volve axiña)
Bicos
Non podes facerme isto... (choros)
Bueno, vale, podes... (choros)
Pero non está ben, é cruel (choros)
...
...
Se vemos que alguén se pon moi moi maliño (ou maliña), mandámosche un emilio via Andrómeda, ti tranqui...
Moito ollo ! Se desapareces mandamos a garda sivil pola mesma vía. Comotelocuento.
Sorrisos
Estou a piques de che pedir que me expliques o poema... Conformareime cunha pista, por pequena que fora.
Setesoles, sinto a libertade cando volto a casa (peitos tocados, saboreados) sen estar preñada(non debes a ninguén éxplicación nin razón). O traballo de atender por obligación (colocar as zapatillas) non quero esquecelo, dende o momento que cada vez que fago algo que non desexo decátome que "non quero facelo".
Se te lie máis, sintoo...
Biquiños sempre (agora estou traballando, para semana que ben xa teño portátil)..grazas a todos.
Tranquila, esperaremos!
Imposible esquecer a túa presenza que segue presente no blog. Ás veces é bo deterse para encher os ollos e o corazón de novos poemas..
Bicos
Publicar un comentario