Estado dun corpo cando forzas atopadas, que obran nel, compénsanse, destruíndose mutuamente,situación (do mismo corpo) que se mantén sen caerse, harmonía entre cousas diversas, ecuanimidad, mesura, sensatez nos actos e xuízos, prudencia ou astucia, encamiñados a soster a situación insegura e dificultosa.
Que Disney che regale un anaquiño de cine familiar, que durante 365 días ou máis sosteñas o corpo, compensándote, que non permitas ablación sen berrar forte, que teñas a dita de fortalecerte en tí, que a dignidade sexa posible sen configuración do pc, que o maltratador te deixe probando lencería sin dimitir en ti, que che regalen un sorriso mentras (sen crueldade) algo morre sen opinión, que os quebracabezas esixan unha resolución sen trampas, que o lixo, sen reciclar, abone os téus días limpos. Que non che luxen o corazón.
Canción: Quiero aprender de ti (Canto del loco)
QUE O EQUILIBRIO TE SOSTEÑA, SIN ATERRIZAXE FORZOSO.
4 comentarios:
Un magnífico desexo o que propós. E ten máis mérito que pidas equilibrio escribindo "dende a esquina" jajaja.
Súmome aos desexos de Ledicia para este Xacobeo par que xa chega (hai que ir a Compostela e entrar pola porta santa, que dentro de once anos imos ir algo máis vellos!!!).
Para chegar a ese equilbrio que as túas letras proclaman, é necesario a insurrección social, un estado de actitudes diferentes.
gústame iso que desexas.
o equilibrio... semella algo dificilísimo de atopar,
ainda que desde que nacemos,
dia a dia,
imos equilibrando a cousa...
Me apunto a tan excelentes deseos.
Ojalá se vayan cumpliendo.
Feliz año.
Publicar un comentario