jueves, 7 de enero de 2010

Iniciativa pedagóxica


Onte espertei leda. Uxía, dispoñía de un día no que brilaba a súa inocencia por enriba do que amola o Nadal. Os reices facían acto de presenza, enchendo o seu mundo de fantasías e confirmándolle que era unha nena boísima( cantos máis agasallos mellor te portaches). É un engano no que contribuímos todos. O día foime roubando a enerxía, ata quedar varada, sen saber se podía estar sentada contemplando a ventá ou tiña que saír a porta a sorrir como unha boneca. Para rematar na cama, con gripe, observando  o carrusel con música de Mozart, que me facía preñarme de inxenuidade. Así me dormín, envolta en Efferalgan e soñando que me chamaras, porque tiña moito frío.

Cando espertei, tronaba.
Cando espertei, púxenme a brincar cos versos.


Apuntarse hoxe a linguaxe das tormentas
sentindo distancias
.....\\....
Explosión de pernas acompasadas
xuntanza de tímpanos e alborozo
lóstregos de campanario
risas brilantes, choros e gozos,
candor soporífero de cordas vocais.
Mercar unha boneca
con présa, ensinala a camiñar.
Choiva, tren, verde
brétema, mollado día
húmida disidencia, con son
argallando cafés con miradas.
Risa desenfocada e de fondo,
obscenas e brincadoiras nenas ceibes
xogando a un xogo prohibido.
"Visionar vanidades"
Ladrar a lúa...¿Ladramos?

Canción: Daniela de Pedro Guerra

5 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

o poema é unha mestura de palabras
que provocan sensacións confusas, coma as da fiebre.

(pero non terías, se te envolviches na química das pastillas)

na noite,
en con tormenta, todo semella máis irreal.

deséxoche melloría!

o carrusel aplieino para velo,
debe ser unha ledicia telo en movimento e coa música

Maribel-bel dijo...

Zeltia, olvidóuseme comentar que tamén mirara "El orfanato", entre tanta imaxinaria a febre era evidentemente, unha proba de malestar xeral. Biquiños xa esperta

sugieremealgo dijo...

A imaxinación de Maribel é tan infinita que non necesita delirar para expresar sentimentos e emosciónss....Non deixes de deleitarnos cos teus escritos, contos, poemas Maribel, eres como dice ahora a xente nova un CRACCCC...Bicossss

Chousa da Alcandra dijo...

Pois co cóctel de Efelergan, o malestar da fiebre e os tronos lostrigantes, xa ten mérito que entrelazaras uns versos do xeito que fixeches.
Misturar os lóstregos coa "explosión de pernas acompasadas" deixoume cautivo durante un bo anaco. De feito...aínda sigo pensando en elo

Pídoche ánimo e deséxoche pronta melloría. Soplo dende a miña ventaniña con vistas para que chegue máis axiña.

Raposo dijo...

Para a miña nai o Efferalgan é a oitava maravilla do mundo.
Ladramos? Claro que si. Guau, Guau!!!!