viernes, 18 de diciembre de 2009

Intro, de Paradela a Baamonde



Onte estiven en Paradela, a recoller o accésit en poesía que me concederon. Mencionar que aparte dos nervos(tembrores xerais por ler en público), todo foi moi agradable con xente entregada, agradecida e agarimosa. O meu poema "Eles non saben", recitado ante o persoal,  foi agasallado con unhos aplausos que me puxeron as meixelas coloradas. Sorprendinme gratamente de unha nova poetisa de 20 anos, chamada Alba Cid Fernández, de Ourense, que me encheu o corpo de bolboretas:

NAI
que me contas como debo cantarme
neste preludio de anos medios abertos,
como alentar neste repertorio de ausencias impostas,
como axeitarnos, en fin, o vimbio mollado_da vida_
ao antollo dos dedos.

Para mín, o aplauso máis grande do meu estar. Felicidades, feitiña.

De volta(algo que tiña prometido) parei no Restaurante Galicia de Baamonde, de onde xurde entre a néboa un home de pelo e barba branca que me leva da man a épocas medievais. Chámase, Xoán Corral, rexenta unha casa de comidas(con moita sal) onde todos nos convertemos en amigos- amantes -veciños de vidas sen ocultamentos. Unha persoa nobre, doce, humán e bondadosa. Pronunciando, frente á lareira e mesas cargadas de mexillóns e polbo, verbas sen complexidade, das que nacen de un nómada sen propinas, nin obligacións. Da alma, diría eu.(Xan tacharame de espiritualidade relixiosa). Non pretendo derrocar a ruidosa enfermedade silente do mundo, proclamo, sen defraudar, que a morriña sen piano son uns ollos pequeniños negros que che falan de poesía nun simple e mundano bar de aldea. Quedei en ir ás dez e media,en punto,  calquer sábado, para visualizar en directo o seu espectáculo sen fronteiras. Son de palabra e irei, sen dúbida, para contaxiarme algo da súa maxia natural, poética e riseira. Poño unha foto do seu rostro(ainda que sen movemento perde moito). Reza na súa tarxeta o dito: "Cando nacín en Galicia, chamábanme neno rico, como ía a ser pobre, nacendo nun paraíso".




Quero, dentro do meu mundo pequeniño e sen ruído, lembrar a Aminatu Haidar, sen ofensiva diplomática,sen xestións gubernamentais, sen dimisións. Unha miudiña faragulla, polos dereitos humáns, no medio de unha montaña grande de lixo sen reconversión posible.

LETANIA
Perdín o fío da conversa
calei,
quédame preto
e para sempre
o meu silencio.

10 comentarios:

sugieremealgo dijo...

Maribelll, solo dicir que é unha lástima non te dediques a escribir...Meus parabens mais sinceros...Bicos...

Xan dijo...

Eles e todos nós xa sabemos da tua sensiblidade poética.
Parabéns polo premio e a seguir escribindo textos tan fermosos.

Zeltia dijo...

o home do que falas será todo iso que dis, e tamén peculiar no seu aspecto. engaiolame o das pinzas da roupa.

felicidades polo premio, e como di Xan, polo que se ve... eles saben!

bicos!

Chousa da Alcandra dijo...

Eu tamén me subo ó carro dos que te felicitan (gustaríame ler ese poemario...) e apláudote polos aplausos que lle agasallas á ourensá.

(Ir a Paradela dende Portomarín neste tempo de xeadas é case perigoso, incluso para poetas que escriben dende as esquinas...)

Bicos dende a Chousa. Intro

ybris dijo...

Merecido premio sin duda para quienes gustamos aquí de tu excelente manera de escribir.
Enhorabuena.

Besos.

Maribel-bel dijo...

Dende as esquinas, os amigos da escrita son como cachiños de alma, bicos constantes, caricias con-sentidas. Enchédesme de ledicia os ollos. Grazas...moitas e de diferentes cores.

Anónimo dijo...

que te veo peloteo!

Paz Zeltia dijo...

pois no meu caso non é peloteo, eh, que o poema ése premiado está ahí no blog, á miña man dereita,
e gústame.
así e todo, ainda que non me gustara, felicitaría a maribel igual,
porque se che dan un premio, felicitacións, ¿non?

:-)

sugieremealgo dijo...

Solamente dicir que non creo que os comentarios que aquí se fan sexa por peloteo nin moito menos poís suponse que somos máis ou menos adultos...Animooo Maribelll, a seguir sempre pola tua senda....

Anónimo dijo...

Mabel, noraboa. Unha vez mais síntome feliz de ler os teus pensamentos, a armonía das túas vivenzas, os logros da túa bela poesía. Sinto neste intre que moita xente entra e sae na minha vida o longo dos anos, mais ti es unha amiga que deixa sinal no meu corazón cos teus versos, cos teus logros. Deséxoche neste solsticio de inverno unhas felices festas recordando o nadal do mítico rei Alban Arthuan. Bo ano 2010. M.M.