jueves, 24 de enero de 2013

Miña nai no seu cumpreanos, fai dous meses

ACTA DE DEFUNCIÓN

“Quero escribir, suspenderme no abismo para romper a morte da miña mirada”

Escribía John Berger “Estoy con los pobres porque ellos escriben las canciones”, miña nai dende pequeniña foi pobre, a súa alma e propósito era vivir para os demais, asemellando unha árbore da vida. Tronco forte co que medrei ca honestidade aprendida das súas raíces e a sabiduría do amor polos seus.
Loita, credo, amanecer, auga 
Folla, bolboreta colorida, agarimo e refuxio.

Lupe puxo na súa esquela “A muller é un cristal atrevesado por unha patria”, verbas compostas para ela que sempre perdurarán por tempo no seu calado mirar, orgullosa ela.
Non quedamos orfos, súa irmá velará pola nosa xuntanza, a nosa ledicia de tela de sentirnos sempre acalentados sen humidades vencidas.
 “Fachenda sinto da túa fragancia”
Nas xanelas da nenez a túa entrega, bálsamo calmante que comprenderei no tempo que transita sen repouso.
Choiva de lembranzas en raíces que abrazaches.
Arqueiro de ilusións que agroman en calquer parte.
“Vida, novos pasos”
Bastarame para entendelo todo
o ollar confidente desa túa luz sen ansia.
Boa noite, miña estrela.

12 comentarios:

Ío dijo...

Eu séntoo moito, a miña raíña galega, contigo o meu abrazo de olas e agarimos, todos ao redor do sal das túas bágoas.
Unha nova estrela no ceo alumarache desde o alto.

Ío

matrioska_verde dijo...

Douche o meu pésame. Pero como ben dí, Ío, unha nova estrela alumarache desde o ceo.

Sempre seguirá dentro de ti.

biquiños,.

Anónimo dijo...

Un antiguo amigo que a veces entra aquí porque realmente no quiere olvidarte...
Rompo mi silencio para para acariciar tu mejilla y decirte...,lo siento.

Chousa da Alcandra dijo...

Mentras están ao noso lado vivimos na súa mirada; despois viven eles na nosa.
Un abrazo envolvente

A nena do paraugas dijo...

Sempre, sen palabras ou con elas, marcan un camiño no que ás veces a nosa inconsciencia nos perde, pero sempre están aí, velando, para que que a memoria non se perda...

Moitos bicos.

J Cima D Vila dijo...

É duro, treme o mundo no que vivimos e as veces esfarelase o pasado ante os nosos ollos. E podemos dicir, sen dubida, que perdemos conciencia de sermos nós.. Porque como dicia o outro "cuando se muere alguien que nos sueña, se muere una parte de nosotros" pero tamén é certo que nós os soñamos e que unha parte deles esta con nós. Miña avoa que perdeu o fillo que era meu pai, soe crer que están alá, mirando para nós e di "que dirán se nos ven aqui.." Eu cando a escoito acostumo a pensar en que estarán nunha mesa, coma a da miña cociña, que estara prendida e fervendo da calor, e que nela estarán a piques de comezar unha cea inmensa como esas da matanza que soian rematar mais ben tarde..

Bueno, sei que dixen un feixe de burradas, pero non quería deixar pasar a ocasión se cadra de que botes un riso lembrando quizáis os bos momentos o seu caron.

Ánimo.

Anónimo dijo...

Que a forza da vida borre do teu corazón a tristeza.
Un abrazo solidario

Paz Zeltia dijo...

agora pasará a vivir na túa memoria. a miña mamá está cada día no meu recordo, e non é unha maneira de falar.
enche o meu corazón e case nunca con pesar.
ogallá o seu recordo se acomode sorrindo no teu peito en moi pouquiño tempo, e a pena se transforme nun tranquilo amor ao seu recordo.

Unha aperta moi grande.

Anónimo dijo...

Non poido sentilo asi de momento. Teño tanta tristura zeltia e tanta dor coma unha montaña. Graciñas a todos.

Uxia dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Maribel-bel dijo...

Non sei a razón, pero saeu en anónimo o meu comentario. Son Maribel e douvos as grazas sentidas a cada un de vos. Bicos

Paz Zeltia dijo...

pois claro que tes pena coma montaña...
cando unha persoa queda orfa, non importa a edade que teña, síntese orfa.

unha aperta moi grande, rula.