miércoles, 27 de junio de 2012

Emoción

"As emocións son reaccións psicofisiolóxicas que representan modos de adaptación a certos estímulos ambientais ou dun mesmo".
A definición déixame orfa de movemento e acción. Emocionarse é moito máis que iso, adaptarse a estimulos parece máis ben, adaptarse ás circunstancias. Estou nese momento amorfo e conformista con todo o que me rodea, entón....recollo o lapis e cerro por un tempo esta saída o exterior que necesitaba (e que necesito) pero na que non encontro  paz dentro das palabras e subxectivamente podería falar de anorexia silenciosa.
Marcho de vacacións a onde sempre me encontro. Buscarei na auga as cores que xa non recoñezo.
Remato con  poemas de Lupe Gómez (acábase de reeditar Pornografía-1995) e sigue a parecerme a primeira vez, pola frescura. Grazas.

ANALOXÍA

Coma de pequena,
bañada no río, despois,
cando choraba e sentía
frescura ao mesmo
tempo e meus pais
amabanme sen
dicir nunca a palabra AMO
coma un segredo
entre nolostres.

PRETECNOLÓXICAS

Unha vez na escola
debuxei o mar
cunha tinta
que non poden borrar.


5 comentarios:

Raposo dijo...

Non coñezo a obra de Lupe Gomez pero gustáronme os poemas.
Oxalá que nesas vacacións atopes o que buscas!

zeltia dijo...

Que goces nese teu recuncho onde te atopas sempre contigo.


"anorexia silenciosa", gústame a denominación, ogallá que che volva o apetito, principalmente por tí, pero tamén por nós, que gozamos co que escribes.
:-)

Aldabra dijo...

cuídate, quérete, énchete de enerxía... e volta.

gústanme os poemas de Lupe

biquiños,

Xan dijo...

Ogallá que te reencontres contigo mesma, coas palabras, as cores, os soños. Ten o lapis afiado para contalo.
Unha aperta

Jose Ramon Santana Vazquez dijo...

...traigo
ecos
de
la
tarde
callada
en
la
mano
y
una
vela
de
mi
corazón
para
invitarte
y
darte
este
alma
que
viene
para
compartir
contigo
tu
bello
blog
con
un
ramillete
de
oro
y
claveles
dentro...


desde mis
HORAS ROTAS
Y AULA DE PAZ


COMPARTIENDO ILUSION
MARIBEL

CON saludos de la luna al
reflejarse en el mar de la
poesía...




ESPERO SEAN DE VUESTRO AGRADO EL POST POETIZADO DE LABERINTO ROJO LEYENDAS DE PASIÓN, BAILANDO CON LOBOS, THE ARTIST, TITANIC SIÉNTEME DE CRIADAS Y SEÑORAS, FLOR DE PASCUA …

José
Ramón...