lunes, 30 de enero de 2012

Medo

Eu-só-son unha musa pequena, invisible,espida,
esencia, aroma, vento…ilusión,
unha porta aberta ó ceo,
ceo solitario onde chora o sol.

Por si o tempo me arrastra a intres máis desconsolados, acariño o presente como ángulo perfecto,calado e sosteñible. De súpeto, soñar volta a ser alento, espiritualidade e liberación.
Sigo a ser unha doente sen calma, tentando curarme, sacrificarme por voltar as inquietudes, os medos de sempre…mudar de pensamentos que me levan ó mesmo lugar, as secuelas que carreo e o que me poida ocurrir.
Teño medo de desaparecer de repente, de que unha arteria se obstrúa e me leve o túnel negro ,entre néboas e pedra que escurezan os brancos impolutos da saída . Teño medo a morrer, eternizarme.
Realidade-fuchida-alternativa.

Volta, volve, regresa,
marcha, fuxe, escapa,
anhelo paz e calma
a cabeza presa
coma unha escrava.
RESACA DE PAN E VIÑO
RESACA DE FUME E LIÑO.
O Insomnio, que agrio
o martirio do que parto,
fúndete en min, posúeme
pero non te quedes
TEÑO TANTO MEDO.

8 comentarios:

zeltia dijo...

Se algo nos volve irmáns é o medo.
Todos teñen os seus momentos de terror.
O peor: cando se instala dentro de nós e estende unha saba branca que nos tapa a luz do sol.

fonsilleda dijo...

Pouco a pouco vou recuperándovos. Vosas casas limpiñas, fermosas, as palabras axeitadas sempre, atinadas, e o cheiro... é o do fogar.
Alédome.
Ese medo, teu medo, é o medo miño.
Bicos.

A nena do paraugas dijo...

O medo...
Creo que, no fondo, soamente lle teño medo a ter medo... Es medo que nos une.

Recollo as palabras de Fonsilleda: o teu medo é o meu medo. Se o levamos xuntas, pesa menos.

Bicos. Sen medo!

Aldabra dijo...

pois eu só podo unirme ás mulleres que xa che deixaron as súas palabras.

de medo sei bastante, podería falar largo e tendido... agora o teño medianamente controlado pero sempre teño medo de que volte con forza, así que enténdote ben.

o mellor: non penses nel, educa á cabeciña para que pense noutra cousa, fai crucigramas, autodefinidos, sopa de letras... vóltalle a espalda.

vente con nós todas, imos facer lume e beber viño... imos escorrentalo.

biquiños,

o poema é moi fermoso, encantaoume aínda que me produza arrepíos.

p.d.: perdoa si o meu galeo non é moi bó.

Antonio dijo...

Nada de Miedo. Espacios que dejamos vacíos, dejar seres indefensos, cambios inesperados, eso es lo tememos. No tengo miedo, yo .. lo espero. En tu miedo, cuenta conmigo, juntos, cogidos de la mano, es menos miedo, .. apoyo incondicional. Besos.

Xan dijo...

Hai riscos que podemos controlar. Outros veñennos incorporados ao nacer. Outros máis, están no medio en que nos desenvolvemos. Polo que ter medo é un exercicio inútil no que todos recaemos. Pero se é verdade que o medo paralízanos, impídenos vivir. O intelixente sería aceptalo e continuar vivindo. Pero o medo é condición humana
Unha aperta sanadora

Raposo dijo...

Non te apures: o medo é propio dos seres humanos, todos o temos.

Antonio dijo...

Ese MEDO finou? Espero que de novo volvas a ser a que eras, sin MEDO. Que ningunha nube che tape o sol, cómo ben dí unha compañeira. Besiños