viernes, 13 de enero de 2012

10 días na celda 251

Nesas noites violentas nada que escribir, nin forzas para facelo.
Rodeada de xente maliña, unha só quere pechar os ollos, durmir, correr as cortinas, valeirarse no libro, non falar, acomodarse na cama axeitándoa co mando a medida que te faga sufrir menos, recoller silencios para envolverte, evitar que as bágoas te inunden e perder a relatividade da certeza.
A tristura coa que falo, a melancolía que carrexo volta a poñerme as mans frías.
Por unha neglixencia médica( un acto mal realizado por parte dun provedor de asistencia sanitaria que se desvía dos estándares aceptados na comunidade médica e que causa algunha lesión ao paciente), ingreso no Clínico de Santiago. Ata recibir o alta non souben que había pasado achacando en todo o proceso que o meu problema fora por fumar e stress. Sei que non é vicio san e que mellor non telo, pero facendo as probas víase que non radicaba só niso e así foi, soamente con ver o informe de alta.
Agora teño dúbidas de se o tratamento é correcto e se por taparse uns os outros non me dirán o alcance que poidan  ter as lesións sufridas, ata agora e a partir de agora.
Solución: visitar os servizos sanitarios privados para que me fagan segunda valoración e pedir explicacións ós profesionais que me trataron ocultando o verdadeiro motivo da enfermidade, que non é outro que consecuencia directa de medicamentos dados ó azar ,por descoñecemento ou falta de atención con tantos pacientes que atender.(No prospecto xa poñía indicacións)
Como autónoma sei que respondo co meu traballo fronte aos clientes. Como profesionais da mediciña teñen que responder fronte os pacientes, cara a cara,sen ocultar.
Agradecer todas as mostras de cariño que me fichestes e que saibades que queda poesía para crear e palabras por inventar, sempre dende os adentros que tamén hai que coidar.

Transmigración

Esta enerxía xa non vai ter fin,
non foi creada nin será destruída.
Irá ocupando diferentes vidas,
transformándose en emocións alleas
tatuadas noutros corpos paralelos,
en simultáneas procesións
sen pausa.

Nun cálido universo apaixonado
voume dosificando con usura,
ata que chegue a hora de voltar,
canso e feliz,
ó punto de partida

Lois Pereiro

9 comentarios:

A Belvedere dijo...

Benvida
- Cantiga nocturna que axitas augas.
- Lúa de ondas que reflictes ríos.
- Mar de paxaros que enfeitas cantís.
- Viva marea que asentas as pedras.
- Rocha grauda que trazas veludos.
- Femia enchente que baleiras estancias.
Non??

Concha L. F. dijo...

Pois, adiante coa poesía! Sábela manexar moi ben.
E benvida. Agardo que en adiante todo vaia ben.

Biquiños.

Antonio dijo...

Toda acción ten as súas consecuencias, ti só fumabas e asumíalo; eles que o saiban e se juzgen a se mesmos. O Anxel da Garda estaba contigo. Unha etapa de sentir, convivir, valorar, amar, ... ábrese na túa vida coa oportunidade que moita xente non tivo. Sen culpa aos recortes, agradables atencións (demasiadas e cínicas?), a túa boca non a fan calar, tes demasiada poesía dentro de ti. Un ronquido de protesta. Gañaches sen xogar. Permíteme un abrazo para alimentarche.

Anónimo dijo...

Desexo que non te queden ningunhas secuelas e que te vaias recuperando. Bicos
X

zeltia dijo...

Alegroume encontrar un post teu, espero que iso sexa señal de que estás recuperada ou camiño diso. Nin imaxino a rabia que debes sentir...
Xa lle daras forma con palabras, a través da poesía. Que Lois tiña razón: esa enerxía xa non vai ter fin.

Aldabra dijo...

¡vaia papeleta, muller!

sí xa de por sí, a enfermedade é mala, supoño que todavía é peor cando é por culpa dunha nelixencia média... que sí, ben, todos somos humans, pero o peor é a ocultación ¿verdade?

así que espero que de agora en diante vaias mellorando e si tés que perder uns poucos de cartos nunha segunda valoración, non o dubides, que a saúde non ten prezo... ¡aínque que sexa unha jodienda!

en fin, que moitos biquiños, sanadores e a maiores, reparadores.

p.d.: son ex-fumadora, e só che digo: "deixao canto antes", non imaxinas toda a saúde que has gañar.

Vakastolas dijo...

Acabo de descubrir este espazo por un comentario en http://www.blogoteca.com/vakastolas/index.php?cod=79942. Chego aos sitios un pouco tarde, vou lenta... pero un pracer chegar viva a lugares coma este. Ánimo! Agora que cheguei creo que me irei pasando :)

Antonio dijo...

Xa nos dirás como estás, espero que recuperada na totalidade. Cambiar a celda 251 por unha praia e pasear aire puro sin fume de tabaco. biquiños

Xan dijo...

Agora que saíches da "cela" atoparás a enerxía necesaria para que podamos seguir gozando dos teus escritos.
Bicos