martes, 13 de diciembre de 2011

Verbas con presa



Cansado de todos los que llegan con palabras
palabras que no lenguaje
parto hacia la isla cubierta de nieve.
Lo salvaje no tiene palabras
¡Las páginas no escritas se ensanchan
en todas direcciones!.


Lin no Pais o artigo, adicado ó Poeta sueco Tomas Tranströmer, premio de literatura 2011, con unha viaxe ó centro das palabras. Un Carballo vello cheiño de humildade , que me gustou especialmente. A pequena saltamontes, sarillo axitado, facendo sesións de creatividade relacionou as palabras- carencias e reflexionando (con sutileza), lembrou nun acto de solidaridade ás interminables e doces horas que se pasan falando e falando para o final decatarse que o importante é ter calefacción, coche, comidas, noites de festa, reputación, identidade,honorarios suculentos e sabrosas horas perdidas na búsqueda constante de ????.
A fórmula da comunicación segue a ser eu, eu..e despois ti, sempre eu antes , os meus problemas, humor, loucura, ósos e palabras avalánzadose sobre o ar. Ela soñaba no medio da aldea, fundida con seus ángulos calados, os mesmos que se axitaban no seu interior. Ela, inquieta muller rural, separada do discurso do día, encerrábase co Sálvame Deluxe, facendo máis escuro o espazo cúbico do autor, da memoria e das inquedanzas.

“Unha palabra é cada un dos segmentos limitados por pausas ou espazos na cadea falada ou escrita, que pode aparecer noutras posicións, e que está dotado dunha función”.

Ela resposta: a min só me sirve para recoller receitas de comida e bota unha gargallada. A felicidade é unha palabra irreverente.

Todas as bágoas de emoción foron caer na ferida que tiña o vello carballo no corazón, comezaron a xurdirlle nas polas fermosísimas follas verdes e mesmo encheuse de landras. Xamais se vira tal cousa, foi en escasemente un segundo.

8 comentarios:

Antonio dijo...

Esa "Ela" en parte perténceche, coñécela coma se fose a túa nai. Agora que che embalaste escribindo nos vicias, jajaja .. Grazas Maribel. Besiños literarios con premio

zeltia dijo...

eu, eu..e despois ti, sempre eu antes.
Iso entendino perfectamente.

[Non fai falla que comprenda todo o texto,
só co párrafo final chega para emocionarme.]

Raposo dijo...

O egocentrismo tamén precisa de poesía e dozura.
Un texto fermoso, o final encantoume.
Bicos.

A nena do paraugas dijo...

Pois en certo modo, perdeuse o encanto da comunicación, precisamente por ese "eu, eu, e despois outra vez eu".
Pero estou convencida de que aínda queda quen conversa, quen sabe facelo.

Emotivo texto. Coincido con Zeltia: o final é... iso. Perfecto.

Biquiños.

O Lemas dijo...

A un carballo de follas verdes enchido de landras.
Hai tempo que non se ve tal. Falar no inverno dese milagre e rematar unha historia así, debe ser cousa dalgún trasgo que circula polas chousas de Fisteus. Síntome ledo con que veñan bocanadas de brisa temperada agora que vai tanto frío. A brisa chega por momentos e hai que abrir a boca. Se non fose así sería vendabal e, nese caso, hai que buscar abrigo. As previsións falan de que, nos vindeiros dìas seguirá a brisa. Non si?

Anónimo dijo...

A felicidade é unha palabra moi fermosa, pero faise de rogar. Outras veces a nosa cegueira impidenos vela...

Ío dijo...

Algúns carballos necesitan auga salgada para brotar, e logo adoitan morrer por última vez.
A miña raíña, nestes días, e sempre, para ti o máis fermoso do mar e os seus adentros
Un bico entre as ondas

Ío

Chousa da Alcandra dijo...

Veño verbalizar, sin presas, os meus desexos de ledicias sin tasa. Que goces ata o borde mesmo do desmaio. E non so nestes días; tamén nos sucesivos.
Felices Festas Maribel!