lunes, 14 de febrero de 2011

O Alzheimer

A enfermidade de Alzheimer (EA), tamén denominada demencia senil de tipo Alzheimer (DSTA) é unha enfermidade neurodexenerativa, que se manifesta como deterioro cognitivo e trastornos conductuais. Caracterízase na súa forma típica por unha perda progresiva da memoria e doutras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas (neuronas) morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian. A medida que progresa a enfermidade, aparecen confusión mental, irritabilidade e agresión, cambios do humor, trastornos da linguaxe, perda da memoria de longo prazo e unha predisposición a illarse a medida que os sentidos do paciente declinan. Gradualmente pérdense as funcións biolóxicas que finalmente levan á morte.

Onte, na entrega dos Goya (a pesares de non gañar Tosar e da lei Sinde) o máis emotivo foi a consecución da estatuilla por parte de Pasqual Maragall, na loita contra a enfermidade que lle rouba os recordos, co documental  “Bicicleta, cuchara, manzana”.“Sen Diana non hai Pasqual”,dille á súa muller, no día do amor creo que non hai frase máis fermosa nin humanidade tan pretiño para seguir a crer que o amor é moito máis que dicir Quérote, aínda que sea na forma de auga. En todas as manifestacións posibles do querer, aquela na que se acompaña a unha persoa que vai perdendo a súa identidade, paréceme a máis enriquecedora (tamén dolorosa) de calquer ser humano. A continuación dun mesmo a través de outro corpo, que xa non te recoñece. Na claridade da noite, escoitei o teu falar. Na escuridade do día non te logro atopar, PERDINTE e extráñote.

Ves a memoria
durmida no teu crepúsculo.
Asómache á cara
cando o frío pasa de largo.
Abrázache a oscuridade.
Eu, volvo a ensinarche
pintando as palabras
con sons recoñecibles,
linguaxes novas,
sen deixar de quererte.

Unha mención especial a Jorge Drexler pola melodía composta para Lope (preciosa composición) e especialísima para Thomas, por facer cine e música cos dedos, coas palabras, por bailar de noite, pintarme os ollos, facer café con miradas enlazadas e amigas seguindo o camiño de mar.

16 comentarios:

Antonio dijo...

Nun dia no que como unha esponxa chéganche aromas, palabras, mensaxes, ... recordandote vivencias, creando figuras e recordos, escribes para todos querendo deixar constancia de que non esqueces. Segues coa auga, tes un mar dentro, rios polas túas venas, dando de beber aos demas coa tua poesia. No "QUEROTE", "PERDINTE", "EXTRAÑOTE"... eres a mitade. Animo, non te pares, non te olvides (Alzheimer), ..un bico.

DESDE A GAIOLA dijo...

A verdade é que ten que ser angustioso perder a memoria e ir deixando de lembrar o que foi a vida propia e a das persoas que nos rodean.

Súmome á túa homenaxe.

Biquiños.

Chousa da Alcandra dijo...

Fixéchesme lembrar unha historia que tentarei resumir.

Un ancián foi a urxencias pola mañan cediño cun leve corte nun brazo. Os sanitarios, ó ver a levedade da ferida, mandárono sentar. Pero él, cada vez que vía pasar un médico, decíalle que o curase axiña. Que tiña présa. Así con varios, ata que un xove médico ó que acudiu varias veces preguntoulle:
- Pero qué raio de présa ten vostede oh?
- Teño que ir almorzar coa miña muller ás nove en punto.
- Vaia, pois sí que é importante -respostou mentras lle limpaba a ferida-. E logo a súa muller onde está agora?
- Está no Xeriátrico. Vou almorzar con ela todos os días. Dende fai 5 anos ten Alzheimer.
- Pero entón...pouco máis ten que chegue tarde. Ademais...seguro que non sabe quen é vostede.
O ancián mirou ó médico cos ollos da paciencia que só os vellos teñen e díxolle:
- Ela non saben quen son eu; pero eu sí sei quen é ela!!!

Un bico
Quixen sintetizar, pero saiume longo de carallo. Perdónnn

Paz Zeltia dijo...

E tan emotivo esta túa entrada, que non sabía que escribir, ainda que quería dicirche que me emocionara.
E vou, abro comentarios,
e encontro o que Chousa deixou.
Xa, entre os dous, fixéstesme quedar... pampa.

Maribel-bel dijo...

A derradeira frase do señor que ten presa para almorzar ca súa muller, pon de manifesto a vontade, loita e amor da xente que rodea a estes enfermos. A valentía e tesón con que soportan,o esquencemento. "Ela non sabe quén son eu, pero eu sí sei quén é ela". Eso é moito máis que todas as rosas do mundo.

A cruz da Campá dijo...

A verdade é que non quero nin pensar o que debe ser non coñecer de repente aos teus fillos, logo volver coñecelos e darte conta do que esta pasando. Ten que ser terrible, mirar para a túa nai ou teu pai e saber que non te recoñece. Prefiro non pensalo.

Xan dijo...

o amor é tenrura e entrega en calquera dimensión e sobre todo nesa tesitura tan dolorosa como a do esquecemento.
unha entrada moi fermosa na súa exposición e moi tenra ao recordarnos a forza do amor en circunstancias límite.-
Bicos

Raposo dijo...

Historias como as de Pasqual Maragall fan tomar conciencia da importancia desa enfermidade, e da comprensión, a tenrura e o cariño que lle hai que dar as personas que a padecen.
Bicos (non me esquezo)!!!

Anónimo dijo...

Parece que todas as doenzas sempre son as peores se nos tocan perto, pero o alzheimer si que é a peor porque acaba cos que queremos, convérteos noutros sen apartalos de nós, róuballes os recordos... Haberá doenzas crueis, pero non máis que esta.
Teño ganas de ver esa peli de Maragall.
Saúdos

Santi dijo...

Non recordar é pasable. Non acordarse é perdonable. Quedar sen memoria é lamentable. Pero...cando un evita recordar e acordarse, tendo memoria... que é?. Isabel, fas unha boa homenaxe a quenes non se acordan nin recordan,pero si que eles son recordados polos seus seres queridos. Como primerizo,te dou un sobresaliente po-lo tema.

ruben dijo...

Me lo dice mi mujer que trabaja con ellos pierden la memoria inmediata pero no la de ayer a la que regresan confusamente y hacía atrás siempre cada día hasta que vuelven a nacer en el total olvido
Bicos

Ío dijo...

É terrible esquecer, esquecelo todo, a quen amamos, a quen nos ama, esquecerse ata de respirar, de latexar, e morrer así, esquecidos, roubándonos a enfermidade ata a nós mesmos.
É unha triste realidade, Maribel, grazas polas túas palabras, súmome a elas
Un bico de lúa, a miña raíña galega

Ío

Anónimo dijo...

Tou a esperar que abran a oficina esa de pactos co demo. Moito latricar co internés e os avances tecnolóxicos, pero das cousas importantes, nin noticia.

:(

Ten que ser moi fodido iso de quedarse sen lembranzas... Ter que asistir a semallante situación... unha putadísima. Non hai voltas.

A Conxurada dijo...

Eu tamén me emocionei moito con Pascual, quizais, entre outras cousas, porque é unha enfermidade que me pilla moi de cerca.

bicos

O rumor do vento dijo...

Despois está o "alzheimer" auto-inducido, individual e colectivamente.

Ese fai moito dano, tamén, ¿non?. Creo que desorienta ;)

fonsilleda dijo...

É ben difícil non deixar de querer cando unha persona muda tanto. Somentes deixo un bico.