viernes, 12 de noviembre de 2010

O enxoval

Conxunto de mobles, aveños e roupas de uso común na casa. Tradicionalmente, era a esposa a que achegaba o enxoval ao matrimonio (entendendo neste caso que se refería fundamentalmente ás roupas).

Era responsabilidade da nai ilo preparando para as súas fillas antes de que estas chegasen ao matrimonio, colaborando tamén as noivas na confección e bordado de determinadas pezas (manteis, sabas...) antes da voda.
Pero a igualdade entre o home e a muller nas sociedades occidentais tivo como consecuencia que o costume de que cada muller fose construíndo un enxoval antes da voda estea pasando ao esquecemento.
Imos mellorando en occidente, xa non buscamos levar connosco figuras de porcelana e sabas firmadas para non esquecerse de que pertencemos a un lugar ou persoa. Agora falamos de amor , de que nos queiran polo que somos, a nosa forma de amosarnos e non polas xoias preparadas polas familias para entregarnos coma calquer ben material. Pasamos a ser persoas directamente proporcionais , masculino ou feminino. Devecía por albiscar algunha prometedora visión do futuro e aí está, atopeime coa chave para pensar en positivo dos avances da humanidade. Non deixa de ser un minúsculo avance pero chega a ser tan gratificante coma unha caricia agarimosa dunha nai. Todo isto lembreino a conto de encontrar unha lámpada que perteneceu o meu enxoval, xa choveu pero segue tendo a mesma connotación negativa, por permanecer e por falta de uso.

13 comentarios:

Antonio dijo...

MIÚDA FORMA TES DE TRATAR DE VENDER AS SECUELAS DA TUA VODA, A CRISE AGUDIZA O ENXENIO.... CO BEN QUE SERIA FACER UNHA CESTA DE NADAL. O ENXOVAL SÓ TEN VALOR MATERIAL ADEMAIS DO USO QUE LLE QUEIRAS DAR, TODO O CONTRARIO A OS PROTAGONISTAS DESE DIA. DESPRENDERSE DE ALGO LEVA A PRENDERSE EN OUTRO ALGO, A CADEA NON SE PODE ROMPER, ALEGROME !.

A nena do paraugas dijo...

É curioso: as mulleres aportaban enseres para o fogar e os homes as facendas e o traballo. A pouco que reparemos no detalle do predefinidos que estiveron sempre os mundos masculino e feminino, darémonos conta de que todo tendeu sempre a que as mulleres nos pecharamos no fogar para coidar do resto.
Agora semella que cambiaron os tempos e isto non é o que era, pero aínda queda un longo camiño.

Gustoume moito, como sempre, o que escribiches.

Moitos bicos.

Gaearon dijo...

Moito queda por facer, moito moito...

Marabillosa entrada, coma sempre :)

Mil bicos!

Chousa da Alcandra dijo...

Un enxoval cargado de miradas cómplices, de mimos, de caricias...todo metido nunha cestiña de ilusión con bodoques de luxuria. E que non o leve nin él nin ela: que o leven!

Bicos bordados

Raposo dijo...

Vaise tendendo a igualdade aínda que moi lentamente. Ten razón Gaearon cando di que queda moito por facer. Aínda hai sectores que añoran vellos tempos. Creo que o Papa dixo nesta viaxe a España que a muller tiña que realizarse no fogar. Xa ves...

fonsilleda dijo...

É certo, algo adiantamos.
Pero ainda queda camiño.
As veces penso que reculamos.
Tamén teño restos, algúns, con bodoques tamén, do meu enxoval.
Bicos.

Bolboreteira dijo...

Pasiño a pasiño as cousas van cambiando.Pero sí queda moito por facer...

Boa entrada!
Bicos!

Maribel-bel dijo...

É verdade que a mellora é pouquiña, pero a ilusión que fai ler a unha persoa xoven coma Chousa ou Gaearon falar romántico..eh??. O progreso nunca é sorprendente, a cachos imos construindo un mundo diferente(como o noso idioma), chegaremos a ser aquelo que soñamos. Biquiños a todos (sempre)

matrioska_verde dijo...

Pois a mín non me produce door ver as cousas do meu enxoval. De feito durmo coas sabas do meu enxoval, o que empezou mina nai canda todavía era nena. Para mín o enxoval foi o meu capital, a miña herdanza, o cariño da miña nai bordando todas esas teas.
Biquiños,

Paz Zeltia dijo...

Certo que o enxoval pode representar o papel da muller nun mundo de homes.
A dote por un lado e o enxoval por outro. Ese conxuntiño de roupas e pequenos enseres que a noiva, coa axuda das mulleres da familia, ía xuntando, moitas veces cunha implicación emocional.

Como dixeron algúns homes aquí, hoxe en día, ese enxoval é algo que a parella mercan xuntos. Un adianto éo, polo que conleva de enfoque diferente cara ós papeis de igualdade.

Non me percatara deste cambio, vino hoxe, grazas a tí.
:)

Vexo que Aldabra ten agarimo polas cousiñas que foi xuntando de moza para aportar a súa propia casa, á familia que ía formar. Ela fai cousiñas delicadas coas súas mans, tamén eu lle tería agarimo, sendo así, que non foi o meu caso.

Bicos e grazs por compartir a reflexión e o poema.

Ío dijo...

Imos camiñado cara ao futuro con paso lento e andrajoso; supoño que nas cidades xa se abandonou este costume, pero seguramente queden outros lugares nos que aínda se segue "vendendo" ás fillas, sumando a isto agasallos ou "dotes", coma se non fosen suficientes elas mesmas.
Quero pensar que se se fai na actualidade é por outras causas, que se unha nai borda un ajuar para a súa nena, fágao porque ela casa por amor, nunca esperando outra cousa.


Ves a memoria,
durmida no teu crepúsculo,
abrázache a escuridade.

Asómache á túa cara,
cando o frío pase de longo.

Bicos de cores sempre en ti

Ío

Anónimo dijo...

Eu vou con aquel sabio que dixo (aínda di) que o pesimismo é reaccionario, por máis que ás veces os avances sexan tan cativos.
E agora vou dicir tamén que hai un par de findes que non paso o aspirador, pra que non quede a foto incompleta...
O pior do caso son as actitudes de todos eses que tiñan que dar exemplo. O banqueiro vaticano, por axemplo, agora metido a pope.
Devezo por esas poesías túas, parta un raio...
Bicos. Invernáis xa (meu veraniño lindo, onde te me fuches, cabronazo...)

Xan dijo...

É ben certo que todo debe basarse en que nos queiran polo que somos.
Avances, pero ainda insuficientes (salarios, dereitos, etc.).
Unha aperta