martes, 5 de octubre de 2010

Esperpento

Esperpento: Estilo literario creado por Valle-Inclán  que se caracteriza pola deformación grotesca da realidade ao servizo dunha implícita intención crítica da sociedade.
Gústame.

Aquí estou, de novo, fraternizando conmigo mesma, con vos, co medio que utilizo para desvariar e facer sonetos. Metida nas vosas intimidades, coas que choro coma se fosen miñas. Debuxo raias nas medias, rompo a roupa, tento ser libre (entre miserias) pero só o son coas palabras. Os silencios que non me enchen pero que non sei asesinar coma Xenevra, nin siquera sei esperar unha chamada coma Raposo ou programar viaxes coma Zeltia, aínda que me perdo en Portugal co GPS. "Son unha puta limpa debaixo do amor". Ás veces dasme bicos que eu non contesto, porque teño medo a ensinarme. Farrapos que se descolgan e tardan en volver a cocolarse, coma floreiros, coma xoguetes prohibidos en épocas de distancias. Sempre nesa liña invisible, quedando sen ruído. Risas sin reloxo. Cando digo que estou tola é moito máis que unha metáfora.

Apuntarse hoxe a linguaxe dos
silencios                                               
sentindo cercanías .....\...
Silencios, ecos en horas rebotadas
ollos coma velas, desgastadas
sofás abertos a espera de corpos nus
mullirse e mollarse
colocar o floreiro escoitando ausencias.
Recitar a Neruda baixiño
cos ollos pechados á certeza.
Aletargado Moleskine,
que non sabe cantar sen música
entre as súas páxinas brancas
unha petición de palabras.
O vacío espazo
Infinitude
Máis silencio...

17 comentarios:

Antonio dijo...

Marebel, o teu aparicion agradecémola por ser a chama viva dunha flor na primavera, ese mar que vai e vén, que sempre esta. Sentate á mesa, na cabeza, non te levantes, é o teu sitio

Gaearon dijo...

Benvida :)
Cántalle unha canción ao Moleskine, deixa que xogue coa letra, deixa que flúa o silencio, porque tras del veñen as palabras.
Bicos mil

Paz Zeltia dijo...

O medo a ensinarme tamén me acompaña a min. Pode que por iso, de tanto gardarme, precise este exhibicionismo que fago no blog. Ese non é peligroso, ensinarse reflexada en espellos de feira, ora cóncavos, ora convexos. Pero ensinarse ao reflexo do fondo dos ollos...

Do poema os versos que me fixeron encoller, foron:

Recitar a Neruda baixiño
cos ollos pechados á certeza


[sempre son apreciadas as túas breves e esporádicas aparicións. Que a túa tolemia -que non é unha metáfora- che sirva para ben]

Chousa da Alcandra dijo...

Non deberías rachar a roupa (é obvio que non son Amancio Ortega), que é moi cara de repoñer. Claro que, dado o caso, é moito mellor é rachar a blusa (en Zara podes repoñela doadamente), que a pel do peito (os quirófanos deixan cicatrices...

Sexa como fose, sigue compartindo. Por favor.

Bicos

Raposo dijo...

Eu tamén me apunto a linguaxe dos silencios cun chisco de loucura entre as mans.
Repítome, xa o sei, pero gústanme as túas verbas!

Bolboreteira dijo...

Fermosos versos! Da xenio leerte.
Qué sigas así de libre mediante as túas verbas.
Un bico grande

O rumor do vento dijo...

"Son unha puta limpa debaixo do amor"

!Wow!

Un bico. :*

Anónimo dijo...

Os poemas, cheos de sentimento, son a vida. Saúdos

Concha L. F. dijo...

O outono ten unha particularidade que o fai diferente: os sons dos paxaros do verán son substituídos polos do zoar do vento e a agua petando nas tellas e vidros das fiestras. A luz tórnase grisácea ás tardiñas e ao amencer por mor das néboas...

PEro ten o seu encanto, aínda que hai que ter coidado de non deixarse arrastrar polos seus silencios e brumas...

Moitos bicos.

A Conxurada dijo...

Ante o fermosos do texto, todo o que teño que comentar é: Silencio.

Anónimo dijo...

Sempre me deixas pensando por qué este mundo non había ser outra cousa, rediós...
E o caso é que eses xogos teus coas palabras grandes lémbranme algúns outros que eu practico cando o outono se achega, silandeiro, coma o delincuente que realmente é, que nos deixa sen sol e sen palabras. E mesmo sen pensamentos, anaiqueofixo...
Como queira que sexa, fraternizas excelsamente, por máis que queden por aí malencolías danzando polos currunchos. Eu que sei... todo ha ter o seu sentido, digo eu. Ou non. Non calarei, carallo...

Ás veces penso se será bo deixar bicos con esta frivolidade (que non o é). Mira que se quedamos tamén sen bicos onde imos parar...

Pois iso. Bicos.

Outro tolo.

Ío dijo...

Desvariaciones con complexos armazóns entre bicos e viaxes a ningunha parte; só co sentido aberto chámase ao silencio desa tolemia que enhebro, coa tolemia que escribo, coa tolemia que sinto.

Métome nas túas palabras:
"Cando digo que estou tola é moito máis que unha metáfora."

Bicos, Maribel

Ío

fonsilleda dijo...

¡Que fermoso!
Ao comenzo, unha declaración, case que en toda regra, para rematar con un poema cheo de belas metáforas, nas que eu véxome tamén.
Bicos

P.D. Voy engadirte na miña lista.

matrioska_verde dijo...

a mín encántanme algúns silencios e falando de silencios venme a testa a entrevista que lle fixo onte Julia Otero a Manuel Rivas porque tamén Manuel falaba dos silencios, xa que o título da sua última novela é "Todo es silencio", que tenme ademáis moi boa pinta.

en fin, que hai silencios amigos e outros fríos e cortantes... por eso entender todas as clases que hai lévanos a comprender mellos as persoas.

biquiños,

O rumor do vento dijo...

Ola, son Diego Taboada

Gñustame moito o teu blog, é delicioso :)

Apertas.

xenevra dijo...

Acaba un poema de Pilar Pallarés "por que escribo na tarde caligrafía de silencios?".
Non todos os silencios deben ser asasinados; nin sequera deben ser asasinados máis aló da literatura, sabendo que os podemos recuperar para que enchan esa infinitude que medra entre cercanías e ecos, sentados no sofá mentres recitan poemas... poemas teus que saben tan ben coma este.

Unknown dijo...

Gustoume moito o teu poema, mais debo dicir que non sempre se asasinan os silencios, eles nacen para morrer e as veces fánoo per sé, non precisan que ninguén os mate. É o meu parecer.
Graciñas pola túa visita.

Bicos