Neste silencio, sen gramática, no que me atopo recibo unha invitación de Raposo para contestar unhas preguntas o que fago a continuación por cortesía hacia él e a xente que tamén participou neste intercambio de intimidades. Non aplicado a estas comunicacións entre blogueiros, tamén me sirve a anotación de Darwins.
"Para o conxunto dos memes danse as características propias de todo proceso evolutivo: fecundidade (algunhas ideas son especialmente efectivas), lonxevidade (persisten durante moito tempo) e fidelidade na replicación (conservadurismo tradicional, especialmente o ensinado como parte da educación infantil)".
As preguntas:
-Cando comenzaches o blogue?
Comecei en Marzo do ano pasado, cando recibín un accésit polo poema "Eles non saben", pareceume naquel momento que podía comunicarme a través da poesía con xente afín, da que leo, aprendo e comparto as inquietudes pola palabra, cruzando os límites da percepción e levándome a novas realidades.
-Como soubeches da existencia dos blogues?
Por conversar con Miguel Angel Yusta, escritor Zaragozano co que me une unha amistade. Da súa páxina fun pasando a outras e lendo cada vez máis, saboreando e disfrutando de cada blogge que ía encontrando.
-Nomea cinco blogues que sigas diariamente ou con moita frecuencia
Todos os que teño relacionados.
-Es lector anónimo dalgún blogue?
Si, dos que vou abrindo por estar comentando en outros, pero...se me provoca algunha emoción sempre comento, ese intercambio de pareceres lendo sobre as sombras, o amor, luz, relacións, actualidade, irónicos, contestáraos, críticos etc. é unha forma de ir construíndose a un mesmo. A escrita é un pozo inesgotable.
-Algúns autores que che esperten especial simpatía.
Zeltia, Chousa, Concha e Raposo.
-Con que cinco bloggers irías de esmorga?
Sen preferencias, que para conversar e estar con cada un deles, ou con todos.
-Con que blogueiro/a pasarías unha noite de loucura sexual?
Iso non o sabería ata despois da esmorga, cuestión de similitude, afinidade, complicidade, deseo etc.etc. A sexualidade sempre é compartida.
-Namoraches algunha vez dalgún blogueiro ou blogueira?
Namórome frecuentemente, da persoa, da escrita, da conexión. A través do interior, que aquí potenciamos é fácil que xurdan sentimentos agradábeis.
-Estás satisfeito co teu blogue?
Si, a min sírveme como desafogo, unha abertura sen trauma, para plasmar o que falando tanto me costa. Critícome en momentos a falta de estabilidade e creación.
-Escolle entre 3 e 5 bloggers para que respondan estas preguntas nas súas bitácoras.
Creo que están todos nomeados xa, dos que sigo habitualmente, quizás Setesoles, Ío e Bolboreteira.
14 comentarios:
E segue a rolar o meme, coma ventá aberta ás intensidades deste mundo. Unha nova forma de comunicar e intercambiar palabras, sentimentos, momentos, sensacións... Comunicar dende a palabra primitiva.
Gustoume lelo ;))
Por algo sinto formigallo cando te leo...
A min tamén me sigue asomar á túa fiestra.
Bicos
Me sigue gustando, que ría dicir. Corren máis as ideas ca os dedos...
Hai reciprocidade. E vostede sábeo...
Bicos miméticos
Por mucho que nos empeñemos, el silencio nunca lo es, o al menos así lo creo yo, y creo que en esto no coincidimos, Maribel; todos los sonidos del universo se concentran en el silencio, especie de agujero negro que todo lo absorbe entre sus fauces.
Me ha gustado conocerte, un poco más, a través de esta ligera entrevista que te haces a ti misma; tus palabras siempre acertadas, en su justa medida me atañen y me hablan al oído.
Gracias, Maribel.
Leo y veo veo que ummmmm....he de hacerme en el blog yo también tus mismas preguntas ¿¿¿???
Me queda esta duda...... sácame de ella¡¡¡
Bicos moi revoltos
Ío
Eu métote neste embolado e ti respóndesme con poética simpatía. Agradecido quedo.
Bicos
De sorpresa en sorpresa...onde termina a túa capacidade de soprender?..Cada poesia, cada palabra....sorprender coa túa grandeza !! Ocultas un infinito de tolemias aterciopeladas...Grazas por non estar corda..
graciñas por pasar polo meu blog e deixar a túa pegada.
enlázoche e así poderei visitarte noutro momentiño.
biquiños,
caray, maribel, até facendo memes tes moita clase!
e valentía, non trasladando ao blogue as mesmas mamparas de hipocresía tralas que nos parapetamos no cotiá.
eu teño que admitir que non me gusta nada a xente que nada e garda a roupa; mais confeso que no meu profundo, gustaríame ter esa habilidade... e ser quén de usala.
Neste caso o meme sirviume para saber algo máis de ti.
Bicos
bueno!
que esqueceume dicirche que foi agradable ver o meu pseudónimo
-co que me identifico xa coma segundo nome-
aí,
onde o puxeches.
grazas.
Hónrame que me nomees e é un pracer ler o que escribes.
Un biquiño.
Grazas polos vosos comentarios, compañeiros de loucuras, que sempre me alegrades o mundo das palabras, sodes faragulliñas que me alimentan. Apertiñas agradecidas. Sempre.
É un dos memes máis interesantes que teño visto.
tés razón que sirven para coñecernos un pouco mellor, a mín tamén me tocou de facelo, é con moito gusto.
biquiños,
Publicar un comentario