martes, 6 de julio de 2010

Portosín, cada ano, cada xullo, cada voltereta...

Un lugar máxico ó que chego cada verán. Non ten porque ser máis bonito que outros pero é o meu recuncho. Onde me solto o pelo, poño piratas lascivos, non busco complicidades nin miradas tardías,tomo café as duas da tarde e tamén a unha da mañá. Un viño con María Antonia no seu chiringuito saudando a todo viandante que ose pasar por alí. Todo é tan sencillo que asusta disfrutar sen necesidade de pensar no momento seguinte. Son unha muller natural, na que a importancia de non sucumbir ó fermoso do imposto polo mediático rumbo da vida é feliz tomando sardiñas na horta de Fran. Quixera amarrar as olas da praia, sentilas ó pechar os ollos. Dormir-me sempre cos aires encabuxados do mar de Coira. Falar por teléfono sentada no muro con zapatillas de leopardo. Non esperar nada. Non ter que sorrir nin chorar nin amedrantar a alma. Deíxame mirarme nos teus ollos, recompoñerme cada verán dos golpes do inverno. Cando fai frío..todo é tan desconxelado.
A interpretación dos soños, remarcados
volteretas doces, con cheiro a sardiña
veño, marcho, volto, móstrome
agarrando o aire coa lingua das bolboretas.
Podes quererme... eu quérote
na forma da auga.

15 comentarios:

AFP dijo...

Gostei da tua entrada mais uma vez. É sempre uma delícia passar-se pelas impressões e pareceres dos demais, os que compartilhais o gosto pela escrita. Abraço

Chousa da Alcandra dijo...

Os que somos do interior deixámonos cautivar axiña pola osadía pirata que ten o mar. Ademáis...como estamos de vacacións (os que estades)...qué carallo!.

Un día confirmarasme que a lascivia dos piratas está na mente de quen os mira e na cintura de quen os leva?

Bicos sin porto

Anónimo dijo...

Xa, mira... así calquera. Só che faltaban unhas gambiñas con allo e pirixel. Do fresco, oes.

Bicos a 35 graos, parta un raio...

Maribel-bel dijo...

García o pracer é meu, sen dúbida. Chousa, xa sabes cervexa fría e dormir moito para frear a lascivia, tamén é verdade que os do interior temos necesidade do ruído do mar. Setesoles..a traballar.
Convidados(sejuro) a unha sangría sen abanicarse.

Paz Zeltia dijo...

mira tí, que bonito ese romance de verán, esa cita que tedes cada ano, queréndovos na forma da auga...

Raposo dijo...

Pois desfruta; deses cafés, deses piratas, dese mar...!!!

adaev dijo...

aquí sin mar sólo a la deriva de este calor asesino también soñando con sirenas...en zapatillas y abanicos.besos desde la sartén

Ío dijo...

É que cerca do mar todo sente diferente, ata o mesmo mar parece sonreir entre ondas, como querendo saudarche e darche a súa benvida salgada.
Pechemos os ollos e derivemos neste auga de vivos recordos.
Que belas palabras, Maribel¡¡¡
Bicos multicolores

Ío

A nena do paraugas dijo...

Portosín. E cerquiña, Porto do Son, para min máis calmo aínda. Sempre me gustaron esas terras.

Que goces da cita unha vez máis.

Bicos.

Antonio dijo...

Mar-e-beleza..e o que gardas no interior e soio un pricipe maxico podera facerche estremecer por ter unha sensibilidade que fai que perdas a nozon do tempo nunha nube de amor, relaxada na propia beleza que tes. De frente vexo cada noite unha luz que me recorda a ti, un faro para guiarme, como unhas cosquillas que ti sabes atopalas nese mar que nos separa.

BRABIDO dijo...

Só ae unha cousa que me tira pa tras,como ti dis relaxacion total,pero non podemos esquecer o señor "movil",como faciamos antes?.
Agora se ver a quen chamo ou se me chamaron,pa quitar fotiños,.......

Saúdos

Maribel-bel dijo...

A qué saben os bicos de mar con lingua?...

A nena do paraugas dijo...

Os bicos do mar con lingua saben a auga e sal, a luz e area... Saben... ben.
Agardo que esteas gozando deles.

Biquiños.

Xan dijo...

As cousas sinxelas, esas ás que non lles damos importancia por ser sinxelas crean a maxia que nos fai ver as cousas diferentes.
Os bicos de mar con lingua teñen que saber a paixón maxica.
Unha aperta

ALBINO dijo...

Góstame Portosin, amiga Maribel-bel, como tamen todas estas vilas da nosa costa sen distinción dende A Guarda, aó carón do río Miño ata Ribadeo, onde fundimos con Asturias. Cada lugar ten as súas características, as súas rochas, as súas praias.
Curiosamente eu vivo a 200 metros de Bastiagueiro asi que cando quero disfrutar da outra Galiza do interior fago pequenas excursións a lugares non lonxanos como as Fragas do Eume, á Ribeira Sacra e incluso chego ata o Caurel, e lémbrome dos versos de quens foron grandes amigos e que están nese outro mundo que a lo menos existirá para os poetas como Celso Emilio Ferreiro, Uxio Novoneyra e Manuel Maria, e falo en presente porque para min seguen a existir.
Un bico agarimoso