Na noite do 24 de Xuño (a noite dos misterios) as lumaradas e cacharelas enchen cada recuncho da nosa terra. Mentres as meigas sucan o ceo a xente salta o lume para liberarse dos meigallos. Curar a pel, casar, empreñar, apartar os maleficios eludindo os padecementos. É unha noite de maxia na que o imaxinario se manifesta dunha forma aberta e natural. Todas as supersticións son transmitidas pola xente vella a través de moitos anos ás novas xeracións. Pola mañá, podían aparecer os animais dunha corte na outra, as portas pechadas sen poder saír, cancelas tiradas e agachadas e algunha moza que outra arrebatada nas meixelas. Meu pai un ano saltou a cacharela, entráronlle brasas nos zocos pero seguiu a festa. Pola mañá tivo que cortar unhas zapatillas por atrás para poder andar. Era gracioso. É gracioso, a preparación da leña, a chegada da noite, as sardiñas, a familia en torno ó lume...todo me parece unha arte e un milagre. Ás mañás ,encontrarse na corredoira cun pálido e sorprendido veciño, atopado nos penedos coas fadas, bruxas, diaños, cobras ou a mesta Santa Compaña. A fe é a que nos move sempre, pola mañá vemos bailar o sol con unha tranquilidade sorprendente, mentres lavamos a cara cos fiúnchos que deixamos na auga. Non morrerá nunca esta noite nas nosas aldeas porque desde os ancestros nos ensinaron a amala. Auga, lume, herbas. "Sálvame lume de San Xoán, para que non me trabe cadela nin can, nin cóbrega entre no pan".
Eu, nesta noite, síntome como poseída pola beleza do lume.
Gústame..ollalo, prendida das muxicas.
Que ninguén lle poña cancelas a paixón,
emoción retida, da nosa terra.
7 comentarios:
E retomando o teu último parágrafo, digo que á paixón únicamente se lle poden retirar cancelas, canceliñas e outras delicadezas.
Brindarei contigo dende Antas.O carón da fogueira erguerei a miña cunca de queimada ben aderezada co seu conxuro. Lémbrate. Que dende o Centro Xeográfico tamén temos esquinas...
Bicos con pétalos, fiunchos e herbiñas de san xoán.
(Que saibas que eu poderei quedar ata mais tarde. Mañán é festivo local na capital do Ulla!)
Un tema aparte, un tema importante...
Por favor, DARLE PUBLICIDAD en tu blog, en tu emails que hoy no nos manipulen con cortinas de humo ¿Quién levantara autovías y urbanizaciones o autopistas para buscar antiguas cunetas?
http://www.youtube.com/watch?v=bmR_zmjYYs0
Poner vídeo QUITAR el sonido y leer. Ahora si, los muertos son para recordarlos no para utilizarlos.
El dinero lo han derrochado en otras cosas impunemente , ahora a mi hijo profesor le quitan el 5% de sueldo y a mí me congelan la pensión. Que no te manipulen las emociones, porque hoy NO hay guerra ni bandos, pásalo
Gracias
Unha noite chea de máxia e beleza.
Un bico
ai ai ai preciosa entrada, como comparto contigo ese entusiasmo por esta festa!
este ano ademáis vivino cun extraño -por pouco frecuente- sentimento de felicidade, mimada, pequeniña, agradecida; nin case podo crer na forza das emocións.
Tamén as negativas coma esta que me fai sentir o/a gilipollas que deixa como nick "ahora que nos congelan la pensión" un enlace a un vídeo, tentando manipular a mensaxe coa que foi concebido (tamén o deixou no meu blog e noutros por aí)
Moi fermosas as túas palabras, Maribel.
A túa terra, a túa fermosa terra á que amo coma se fose a miña propia; a túa terra, as súas noites de maxia e estrelas, de meigas en fragas húmidas, de ánimas vagando entre a néboa ...
Espero que gozases plenamente da túa noite de Xan Xoán.
Bicos de cores, e bicos bañados en sal
Ío
Que ninguén llas poña. Pero se llas poñen, ha de haber forza para sacalas.
Biquiños.
LA FIESTA Y LA MAGIA SON NECESARIOS EN BONANZA PERO TAL VEZ COMO LA POESÍA EN TORMENTAS,CRISIS Y ARREBATOS LO SEA MÁS AÚN.FELICIDADES.
Publicar un comentario