martes, 18 de mayo de 2010

Saída

Na saída do cráter
enfeitizada e chea de visións
agardei as mans do meu pai calmando
e febre e os delirios
e rompendo os teus dedos cun berro
esquivei o desterro
o exilio
    Branca Novoneyra (Dentro do labirinto)

Agasallado seu pai, nas letras galegas, ela é unha bailarina do mundo, sen encristar..remexendo en todas as danzas inventadas. Eu, coñecín a seu pai e dende aquela sei que hai un sitio para a esperanza, un lugar para sentar a cabeza e poñerse a chorar bágoas sen esquencemento. Ese recuncho ,no que mirarse nos seus ollos e recoñecer que a sabedoría non está nos libros(ou si), nas demandas ordinarias da vida colidíana, que o sentir "por dentro" resérvanos dos kamikazes feroces dos puntos de sutura. Son unha frangulliña con ideales, sen bandeiras á loita continua ,sen enfermar do destino e xeito de vivir. Hoxe suicidouse unha persoa nobre que quería fuxir das formulacións de unha familia rica, só me quedan os intres no que era confesora, aterrada dun mundo imposto. Casou, tivo fillos ..pero era amante do mesma sexo, era gay, sen poder evitar os feitizos que adoraba. "Cóllete nas miñas azúas e vente conmigo". Foi reducido, quedando sen forma, sen razón de ser, sen outra tarefa que acomodarse na labor de estar, impasivo, en silencio. Uxío quizais me abrazase e só con iso, sentiría non estar soa no mundo. ¿Podes entenderme?...ou son irreal e fantástica coma unha caveira sen ollos.

Din os soños i os paxaros: a morte non é certo. Uxio Novo Neyra.

10 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Hai barcos que, por unhas e outras razóns, teñen que saír..., poda que para atopar a sabedoría que aquí non se albisca nin siquera na vida cotiá (ou si).

Bico dende a miña esquina ata a túa

Paz Zeltia dijo...

Pois qué ben telo coñecido (a Novoneyra), aínda que, quizá non me importe quedar só coa imaxen do poeta... as persoas, xa sabes, temos de todo dentro dos labirintos. Ainda que as hai que, como tí dis, teñen un don para os abrazos.
unha aperta miña, que ó ser virtual, ogallá che chegue convertida nalgo semellante a unha brisiña morna no corazón.

e todos somos farangulliñas con ideais, non si? -algunhas mesmo cuns ideais tamén como unha farangulla- :-(

Javier Díaz Gil dijo...

Es triste tu entrada última, desde aquí te mando mi abrazo y mi compañía Maribel. Bicos

xenevra dijo...

e pois que a morte non é certo, nin sequera certa, cumpre desabrazarse dela e asirse nos azos da vida, para gozala intesamente na forma e maneira que mellor nos acaia, sabendo que sempre, sempre, temos futuro!! (da morte nada sabemos, e seguiremos así polo de agora ;))

Ío dijo...

Sin forma, sin razón de ser .... ¿qué otra cosa podría quedarle?

Silencio

(Es triste, muy triste tu entrada, Maribel)
Besos entre palabras

Ío

Hermco dijo...

Semrpe hai un sitio para esperanza, e se non o hai temos que buscalo.

Anónimo dijo...

tú, sabes que todo en esta vida es efímero. un dia dos personas se conocen, hablan,llegan a una buena amistad, pero una desaparece y todo se acaba entre ellos.La vida es eso, una PARTE DEL TODO. que lleva a un futuro LA MUERTE, de la que nada sabemos, solo que existe.. Porqué le llamamos MUERTE, a lo mejor es CONOCIMENTO de algo más.....por eso en vez de camino hacia2010... es camino hacia...... un bico

Maribel-bel dijo...

Chousa, os barcos son guiados polos humáns, non deberían de fundirse, xa sabes, temos ata razoamentos plausibles.
Zeltia,cando coñecín a Uxío, acababa de morrer meu pai, ese abrazo e os seus ollos non os olvidarei xamais, ainda que me quede sen ideais ou farangulliñas.
Javier, sempre nos queda a poesía.
Xenebra, sempre, sempre..teremos futuro.
Ío, agradecerche as túas composicións en gallego, pouca xente fai esos agasallos.
Hermeco..a esperanza é o que nos salva das horas baleiras,no teu post só con oir a Uxío todo cambia de cor.
Anónimo..nunca esperes nada de mín, son unha xeografía con esquinas.
Bicossssssssssssssssssssssssssssssssssssssss e grazasssssssssss, como diría Uxío Novo Neyra.(con terminacións visibles).

A nena do paraugas dijo...

Non hai compaixón con quen se amosa diferente. É unha lacra coa que temos que andar e sucumbir, se é necesario, quen non pensamos igual que a maioría. Pero di a miña nai que, dunha ou doutra maneira, algo queda sempre. E o que queda é o que importa.

Moitos bicos.

Anónimo dijo...

Ás veces é ben difícil saber como se pode levar tanto peso, e tanto tempo, tan calados, tan sos, tan alleos, tan... eu que sei
E o caso é que non quedan moitos Uxíos polo mundo adiante...
Non sei se che contar un conto deses verdes, sabes? Por animar, recoiro...

Bicos, agora acalorados, é o que hai.