miércoles, 28 de abril de 2010

Operación bikini

Cuestionada esa meta(afín, asidua) de borrar os excesos do inverno, dispúxenme a semana pasada á tolemia colectiva, brutal de facer celibato de comidas copiosas(sabrosas e sen medida), do sexo pódese abusar que é bo para hipertensión, diabetes e problemas vasculares.Tiña, coherentemente ou non, planificado o post que xiraba en torno ó velo islámico e á Viagra feminina, mais...o domingo na xuntanza e posterior coloquio familiar todo foi un atentado contra a miña vontade. A conversa xira en torno a Garzón(tópico, típico pero non obsoleto).Xa encabuxada, a parte da leituga faltábanme mans para calmar a ansiedade. Estou indefensa cando se mide a razón en decibelios. Sen acuses xeracionais, rematei con unha frase do mestre José Manuel Caballero Bonald á pregunta da reacción ante a memoria histórica, contesta: "El franquismo está sobrevolando todavía en nuestra historia de hoy. Un indicio clarísimo es la maniobra contra el juez Garzón. ¿En qué cabeza cabe que la ultraderecha o el cabecilla de la trama Gürtel puedan demandar, presentar una querella contra el juez?. Parece inconcebible, con independencia de lo que cada uno piense sobre Garzón. Todo esto es una consecuencia más de ese franquismo que la Transición mantuvo vivo". Cando calaron, sentín a necesidade incontrolable de comer un bo cacho de torta de queixo, coa satisfacción de expresarme mellor , sen alterarme, á espera dun novo ataque á democracia.

¿Pódese valeirar o corazón(sen presa) nunha morea de verbas , no labirinto escuro do resentimento?
¿Pódese (podo) realizar maxestosas, brincadoiras e ceibes pompas de xabón onde remata a consciencia?
¿Podes agasallarme cun sorriso, sen que me sometas, amoles, atoles, rebaixes..mentras busco unha apertura con ideoloxía?

Gústame, extraoficialmente, rebuscar na sin-razón a dita que cautive aos teus beizos e beixos.

Canción: "Libertad sin ira" Jarcha.

8 comentarios:

A nena do paraugas dijo...

Hai uns anos que abandoei a teima da operación bikini, pois a parte de que esa prenda deixa demasiadas cousas ao descuberto, detesto as imposicións publicitarias das modas que hoxe son "el no va más" e mañá borralla. E a operación esa é unha das máis perigosas.
No da democracia, franquismo, Gürtel, Garzón... opino o mesmo ca ti, pero cando alguén eleva a voz, non porque teña razón, senón porque pensa que os demais están errados, é cando gardo silencio. Porque non soporto encabuxarme por certas cousas. Coa política menos. E quen quere ter razón á forza, ao non obter resposta, acaba por calar. Máis remedio!
Quizais sexa un pouco covarde. Ou que xa cansei. Quen sabe?

Poeta do futuro dijo...

¡¡Vaia mestura!!..Con todo, poderiamos facer unha boa sopa de verbas, aínda que poñeria en perigo a nosa "operación bikini" tan difícil de levar a cabo xa por si soa, sen ademais convivir con temas coma os do franquismo, o velo islámico,a política, as comidas copiosas e familiares (ás veces pesadas,aburridas e obrigatorias..e máis se che toca cociñar),...aínda que pensándoo ben,estes temiñas da actualidade, fan revolver as tripas,e se o estómago está aterido,non admite alimento algún...¿Operación bikini?...
Biquiños maribel.

setesoles dijo...

Dame no narís que o Caballero ese éche medio comunista... ;))
Todo quen denunciou a operación da chamada Reforma, Transicion ou como se lle queira chamar, máis tarde celebrada por todos (exacto: todos) coma un exemplo de arranxo pacífico que polo visto deixou ao mundo coa boquiña aberta, foi calificado no seu momento de radical como mínimo, cando non de cousas piores.
A xustiza que agora se reclama, daquela sinificaba, decían, vinganza e o resentimento,e polo tanto representaba unha volta ao pasado que se quería superar. Abro signo de interrogación. Era outra cousa o que se pretendía.
Conseguírono. Pero agora fede a facha rancio e fede non precisamente nos cortellos, non. Fede nas institucións, e moi particularmente na Xustiza.
Foi a verán pasado condo vin en certa localidade castelá un mármore co nome de aquel infame Girón? Foi. Ben ornamentado cos catro xugos nos catro puntos cardináis, por se non estaba claro.
Na Coruña houbo quen levantóu a voz contra da retirada de certa sanguiñenta persoaxe: Millán Astray. Aquel que berrou "Viva la Muerte" de diante de Unamuno. E digo eu: por qué segue ese señor (concedamoslle esa dignidade) nas filas do partido popular? Porque os peperos non aceptan ser os herdeiros do franquismo, pero parta un raio se non o levan no sangue.
Maribel... vou calar e centrarme no asunto literario, que eu tamén levo mal camiño...
Encantoume esa reflexión sobre dos decibelios. Aparte deso tes un puntiño... Eso. Encantador.
Por certo, entrar na túa casa é un pracer, por se non o sabías. Outra cousa é que a miña prudencia remate parecendo parálise. Caín da cama de pequeno, qué lle queres. ;)

Bicos pacíficos (que non parvos).

zeltia dijo...

mira, maribel, a canción non a chegaches a poñer...
a min non me importa, porque téñoa xa aborrecida de tantos aniños escoitándoa, ten un son tan repetitivo...
que queres, niso tanto me tén se a canción é simbolo ou mensaxe!

cando escribiches o post, vese que estabas inquieta, que se che foron mesturando as ideas, que non as palabras, porque está todo no seu sitio, moi ben posto, como sempre;
pero o pensamento tíñalo ansioso dun lado para outro, debeu ser a leituga,
o inmolado xuiz
as pompas de xabón
ou o sorriso dos beizos eses...

:-)
eu xa empezarei a dieta a semana que vén, porque agora marcho tomar uns viñiños coas súas correspondientes tapas,
que o biquini se cadra no poño, e istoutro é aquí e agora!

Chousa da Alcandra dijo...

Os bikinis son igualiños que as enquisas: moi interesante o que amosan, pero moito máis interesante o que tapan.
Tenme coidado coas leitugas, que alimentan pouco se non van acompañadas dun anaquiño de churrasco.

E falando de dietas, resulta que foron os do "réxime"...de Garzón xa non vou falar, que hoxe estou a dieta de pensamentos profundos.

Bicos sen decibelios

Bolboreteira dijo...

MMMM! Operación biquini non! eu non me apunto a iso.
E polo demáis xa fai tempo que paso de temas poliquiros pq me poño atacada dos nervios,e non sirve para nada. Agora canto menos sei máis feliz son.
Un bico moi grande

Anónimo dijo...

A operación Bikini, como o de deixar de fumar a partir o día 1 de xaneiro de cada ano soa a botar balóns fóra para acougar a conciencia propia ou a presión social que nos rodea. O lóxico sería cambiar hábitos de vida.
Garzón. Os sentimentos que me esperta son bastante contraditorios. Apoio o dereito a reabrir o proceso ao xenocidio franquista. Pero este mesmo Garzón Xuíz estrela, aspirante a político, personaxe mediático promoveu sentenzas que levaron a prisión a moitas persoas por delitos de opinión, de pensamento , e iso é intolerable nun estado que se di de Dereito. Pensar diferente nunca pode ser un delito.

Quedo á espera dese post sobre o veo islámico e a viagra feminina.

BRABIDO dijo...

Sempre e bo non abusar,os biquinis sempre dan de si,a dia de hoxe non sei se temos xusticia abusiva ou abusamos nos dela.

Saúdos dende o Condado