martes, 20 de abril de 2010

Femicidio (polo feito de ser muller)

É o asasinato de mulleres por razóns de xénero. Son crimes que teñen un patrón común: o intento dos agresores de dominar, posuír e controlar ás mulleres. Son a expresión máis extrema da violencia cara ás mulleres.
A forma máis frecuente de femicidio é aquela en que o asasino é ou foi parella, da muller asasinada. Alguén con quen ela tiña ou tivera unha relación de intimidade ou confianza. Outros femicidios frecuentes son perpetrados por homes descoñecidos logo de agredir sexualmente á muller.


Cando me decatei da túa dor, xa tiñas cristais en todos os dedos, a procura de non lastimarte máis, foi quimera en mín, tentar  denunciar a quén é capaz de golpear con instinto animal. Na túa rendición, atopei novas formas de loita, pero ningunha logrou apartar de min as silentes e agochadas formas de resistencia, que posuías.
Resquieescat in pacen. Que a túa morte sirva para a consecución de un fin, cando teñamos sospeitas de malos tratos ( homes, mulleres, animais), teñamos a forza, ética e valentía de informar e denunciar. Será unha batalla ganada, aínda que a liña sexa invisible.
(Adicado á familia de Susana Mons)

10 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Eres sutil incluso cando tocas temas tan ferintes coma este. E a túa sutileza non minimiza o impacto potente da denuncia e o rexeite máis duro contra esta sinrazón.
Que descanse en paz esa víctima e todas as víctimas. E que nunca a acaden os agresores.

Un bico reflexado co meu flash

Maribel-bel dijo...

Un pracer, Chousa..coma sempre, non só por lerme, tamén por entender e participar. Apertas.

AFP dijo...

Gostei do que dis. Poderiamos tamém falar da dimensom terrorística do assunto, porque disso se trata de implantar um terror sistemático (físico mas por vezes e durante longo tempo psíquico que a longo prazo é tanto ou mais destrutivo e ferinte). O "feminicídio" em minha opiniom exclui que esse terrorismo machista pode estabelecer-se por igual entre pessoas do mesmo sexo.

Maribel-bel dijo...

García, na versión terrorista que apuntas tamén é significativo un artículo do País (desarrollado na revista)no que se menciona o feminicidio para o tráfico de órganos, todo é utilizable a hora de roubar a vida a persoas inocentes. Grazas polas túas aportacións.

Zeltia dijo...

é un tema tremendo este que tocas.
sei que está "de actualidade",porque agora saen nas noticias constantemente as mulleres asasinadas; pero sempre foi un tema "de actualidade". Pode que antes os homes se sentiran por riba enchidos de fachenda polas palizas dadas á súa parella, iso nalgúns círculos podíalles dar un aire de machos, de orgullo masculino "hai que ensinarlle quén leva os pantalóns, hai que poñelas no seu sitio"
cando non case a comprensión social ou a compaixón cando ´dicían: "mateina porque me traizoou" nun alarde de posesión, de transformación en propiedade, en obxecto.
bueno, paro xa, porqeu este tema pode encher páxinas e páxinas, e se se vive dun xeito que doe persoalmente por experiencias moi cercanas,
como parece que che pasou a tí... entón pode que só sirva un poema.

Carlos Sousa dijo...

Como di Zeltia, non é un tema de actualidade. Antigamente, moitas palizas levaban, non morrían tantas porque a nadie se lle ocurría denunciar. Menos mal que hoxe en día as cousas cambiaron, xa hai outros medios, xa é máis fácil denunciar e polo menos fanlle máis caso. Pero miramos que o problema segue estando aí e, se cabe máis grave. Me imaxino o medo e sinvivir que debe sentir unha muller nun caso así, se cala e aguanta a maltrata e se denuncia a mata.
Moi difícil solución ten esta raza humana.

A nena do paraugas dijo...

"Son eses silencios rotos por lóstregos de silencio estrondoso os que non escoito, está o meu oído cego de esperanzas. Non podo falar, pois é tanto o ruído do sorriso co que agocha a miña súplica, que ninguén crerá que é o que non é: só inmundicia, despoxos de ser humano que proxecta frustración na miña pel.
Que fixen eu para tal afrenta? Ser. Ser eu, inxenua sombra de servizo, muller por ser muller calada e asoballada, silenciada polo que dirán, pois é máis crible o teu sorriso que o sangue que mana do meu peito.
Pero non hai caso. Alguén algún día saberá que o xogo ao que xogas non é máis que a proxección do teu ego. Será tarde para min, pero voume coa certeza de que nada terá sido de balde."

Miña Maribel, se algo me encabuxa son estas noticias de mulleres que, por selo, perden a súa condición de seres humanos a mans de quen levan tal atributo, simplemente por teren nacido cun pene e dous testículos colgando entre as pernas.

Anónimo dijo...

Ún sinte unha impotencia terríbel, porque para arranxar algo, o que sexa, hai que comprender primeiro o que ocorre. E non vexo maneira de comprendelo. Non me resulta comprensibel.

Cecáis hai que ser moi raro pra decatarse de que á beira dunha muller (non temos todos unha nai?) apréndese a vivir, que é moito máis ca traballar, ou sacar unha carreira.
Tan difícil é velo? Tan cegos andamos que non somos quén de respetar o que nos sustenta? Quén nos aprende a desfrutar dunha labazada? Quén a medrar nas barras dos bares? Qué ten de interesante controlar os movementos dunha persoa? Qué o non saber fritir un ovo? É comprensíbel?

Cómo é posibel botar un traxe por enriba de tanta miseria...

Perdón. Encéndome.

Maribel-bel dijo...

Zeltia, a actualidade devólvenos sempre a estes temas tristes, sinto escribir sempre dende a desesperanza.
Carlos, o de denunciar aínda non se leva a cabo, segue o medo e o silencio, as mans atadas case sempre por dependencias económicas.
Concha, emociónome contigo, a túa sensibilidade é tan grande como a unión maxistral de sentimentos a través da palabra.
Setesoles, un pracer que entres na miña casa, ás veces o que nos alimenta e sustenta é a quén máis dañamos, pola entrega que nos profesan incondicional.
Grazas.

Ío dijo...

Terrible, Maribel, como toda muerte de una mujer a manos de quien supuestamente la "ama".

"Cando me decatei da túa dor, xa tiñas cristais en todos os dedos...", doloroso, muy doloroso.

Besos, Maribel

Ío