viernes, 5 de marzo de 2010

Mudar-se

Ando coas mudanzas propias e entendibles en relación coa miña idade, entre elas cambio de casa. Entre tanto remexemento(trato de levar todo) aparece de repente a foto de meus pais. Fago un buratiño na terra de centímetro e medio, ou máis, dende alí vou aspirándo-me, visualizando todos os espazos do meu tempo, bolboretas doces saíndo da gorxa. "Meu pai nace en min, como fonte de auga clara" e como me ensinou, busco no ignorado as fontes da vida, con sentido de libertade e diversidade. Mágoa dos lindeiros que iba marcando, sempre co sorriso e a mirada máis doce do mundo, coma unha referencia estable, sen dictadura ,enchendo os días de peiteados sen sofisticación,  un fado emerxendo da marxe da terra. Coloco a túa foto no sitio máis bonito e escoito a Héroes del Silencio, porque lembro cando me decías que "Entre dos tierras" mareábache a cabeza, ti gustabas de Manolo Escobar. Mañá, nesta casa con luz, amanecerá sen frío no centro das palabras e miña nai seguirá a facer música ,enredada no teu feitizo.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi tenrro. Un poema moi fermoso, dos máis fermosos que escribiche para o meu gusto.Que na nova casa brile cada día a felicidade.

O Garcia do Outeiro dijo...

Mui emotivo

zeltia dijo...

pois eu non sabería dicir se disfrutei máis do poema ou da prosa.
pero claro, cada un ten os seus ocos particulares onde lle asenta mellor algo en concreto.
no meu caso á figura dese pai, póñolle eu aureolas de luz coma ás dos santos dos calendarios,
remexo con envidia nese sentimento que albergas,
tan cobizado por mín, que nunca puido ser, ou cando chegaba viña tinguido de mágoa.

pero co poema identificome moito,
as mans,
as mans.
miña nai mírame a min dende o retrato, abraza un neno que antes era o meu fillo.
agora sigo a ter ese fillo,
pero non é neno, é home.

maribel, gustame moito como dis as cousiñas que che andan por dentro.
porque non é ficción, verdade?

zeltia dijo...

tamén che quero deixar desexos de felicidade na nova casa.
sempre que un cambia de casa, non pode evitar plantar sementiñas de ilusión no peito, e esperar que xerminen e ver qué dan,
que sae,
que traen esas sorpresas en semente.

Chousa da Alcandra dijo...

Curiosamente,as mudanzas teñen moito de reencontros co pasado. Atopamos cousas/recordos que nos provocan saloucos, ledicias e tamén nos arrolan a mente pensando:" e para que carallo gardaría eu isto?".

(Tés a mismiña expresión na boca que túa nai. Alomenos se comparamos a foto do post co teu avatar).

Un bico para cando esteñas na nova casa.

A nena do paraugas dijo...

Non te apures. Algo queda sempre aí, onde ás veces non somos capaces de velo, pero está dentro de nós. Por iso non o vemos, porque moitas veces non damos visto cara adentro. Ou non queremos. Pero estar, está. É o que levarás sempre, alí a onde vaias. Sorte! Que teñas moita sorte.

Kaplan dijo...

Non hai como as mudanzas de casa para renovar o interior de cada un e ao tempo reatoparse. Ánimo na nova vida.

Maribel-bel dijo...

Non é ficción, Zeltia(sei que ás veces uso moito a imaxinación para os post, como alegato do que me gustaría). Meu pai é un referente na miña vida, del naceo o meu amor pola palabra e del aprendín o que significa a confianza. Grazas a todos polos ánimos. Biquiños

Anónimo dijo...

No sé, un abrazo

Maribel-bel dijo...

Non sei si hai algo que saber. E se non se sabe...mellor calar.

Anónimo dijo...

No sé, insisto en lo del abrazo.

Ío dijo...

Todos andamos en esas mudanzas de edades, de aire, de otros días y otros espacios que dan sentido a nuestra vida.
Preciosas las palabras hacia tus padres.
Besos, Maribel

Ío

Carlos Sousa dijo...

Que che vaia ben na mudanza e nesa nova casa. Cantos detalles descubrimos neses momentos, que tiñamos agochados na mente. Tamén che vale para recordar a teus pais con esas palabras tan fermosas, nótase que estabas moi unida a eles.
Sorte e un bico