viernes, 26 de febrero de 2010

O mar- A vida

Unha proposta solidaria. "Non coincidimos nin no nome". Evidente. Masculino-feminino. Espazos curtos de tempo nos que se dilúen as ganas de concordar, sen barreiras e reproches do que fuches. "Mira quen foi falar". Discondancia: Contrariedade, desacordo, desconformidade. Gústame. Rapamicina contra a idade, alí estás co teu exército de ideas preasteblecidas. Cánsome. Pretendo conversar con liberdade de movementos, ocaso vencido do que fuches. Os conceptos que xa se esquecen, eu e o meu eu, e o teu, exemplo inequívoco de estilo de vida. Quedache sentado, eu levántome e provoco a miña revolución, sen esperar nada do teu nostálxico diario de volta ao mundo. Tolerancia : Respecto cara ás opinións ou prácticas dos demais. ¡Teño tanto que aprender!. E ti? Estás seguro de que te estableces fronte á vida?. Hai un pranchado automático que che permite cerrar os ollos. Cando te queimes...berra.
Mentras escribo, escoito "irmaus" na voz de Mini da Quenlla. Un poema de Celso Emilio Ferreiro, que di "Ainda que as nosas palabras sexan distintas e ti negro i eu branco, temos semellantes as feridas,,coma un irmau che falo". O mar e A vida, poden camiñar da man. Sen actualizacións nin subscricións pendentes.

6 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

sempre é máis o que nos une que o que nos separa... pero entón de onde vén esa fenda profunda que nos alonxa?
despois dos teus versos en clave íntima,
esas palabras de celso emilio sempre me percorren a pel enchéndome de emoción fraterna cos seres humáns, custa traballo non vernos semellantes.

Maribel-bel dijo...

Eu creo que aparece da intolarencia, das ofuscacios personais que nos fan tan inseguros.Quixera creer que nos cambios que se van producindo nese crecemento indivual, sexamos capaces de facer desas debilidades encontros limpos cos demais.

Chousa da Alcandra dijo...

Magnífica lección, Maribel. E quen non queira evolucionar...que se quede atado ó pesebre do esquecemento!.

Bicos de Antas (xa chove que nin diola por aqui. Non vexo nin o Farelo dende a miña fiestra. Imos ver se Fenosa-GasNatural non nos deixa as oscuras).

Ío dijo...

Los movimientos liberados esperan tener su espacio; compartiéndolo con su mundo se hace más pequeño.
Si cierra los ojos ..... quizás no debería volver a abrirlos antes de saber.
Besos, Maribel

Ío

A nena do paraugas dijo...

Eu aínda non sei por que hai tanta xente que se empeña en ignorar que o verdadeiramente importante é a irmandade. Quizais porque se valora máis o que se debe ser e non o que se é: válesme se cumpres estas expectativas, se non, non vales nada.

Raposo dijo...

Que é o mar senon vida en movemento? Que é a vida senon un mar que se expande?
apertas.