martes, 16 de marzo de 2010

Mil congojas

Hoxe tiven un agasallo, Lupe mercou unha lámpada con poemas de Rosalía de Castro para a miña habitación. Ela, impaciente na vida, resolve todos os problemas do mundo con loita, entrega e moita bondade. Ten, nas súas mans, todas as xoias sen descubrir, a súa voz doce calma cando os berros teñen o seu centro na mesa, múdase, recolle-se coa clase que da a humanidade. Mércame libros para que non teña que meter a cabeza no lava vaixelas, regálame todas as palabras e faime unha fada sen complexos a procura do espertar máis nobre. Nos seus ollos nunca me fago pequeniña. Quéreme. Sostenme. A súa amizade é como un barco grande, sen medo á profundidade, un estrondo. Cando baila cos elefantes sempre me invita a súa coreografía, porque dentro do seu mundo teño un nome e ninguén coma ela sabe "chorar coma chover", amar "O amor foi un trallazo moi forte, rompeu a ventá..e quedou rota para sempre, corteime cos cristais en todos os dedos", "ser libre coas súas pernas pequenas". "No noso silencio agochado, no silencio que enche o mundo, eramos nenas colgadas nas tetas de nosas nais. Estabamos indefensas, era como namorarnos". Eu namórome unha e outra vez, con presa, con urxencia. O amor en min é moi veloz, moi absurdo, moi necesario. Os recordos poboan recunchos do meu cerebro, ataviados de diferentes cores "compartidos", sempre coa súa presenza, das nosas lembranzas. Naquel intre que lle entreguei o meu primeiro poemario rematado "Silenzos e Tormentas", souben que nos fermosos ollos da terra, hai moita esperanza, camiñando xuntas entre o novío, a chousa, a horta grande, o pradexo, a pontegrande e os ollos de noso pai. Sen ela, moitas veces, subida no tellado non esperaría a ninguén..porque me falta vocabulario.

¿Que?

Xurdo e remato, na miña comparencia
Ó teu público soa
o meu arrecenda.
O pallaso que ri de Heinrich Boll
acaba chorando na miña eira.
Orar non sei..as verbas trócanse
e non teño vocabulario.

¿Que?

Teño un poema, agachado no bolso
escribo..despois de xantar.
Non teño fame, as tripas calan
i eu recito.

Mentras lle adico estes poemiñas a Lupe, escoito a María Bethânia, un regalo dela (evidentemente) no Cd Omara portuondo.

9 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Que fermoso queda eso de que "O amor en ti é moi veloz, moi absurdo, moi necesario".
Entre o absurdo e o necesario está, precisamente o sabor doce e amargo do pracer lóxico e accidental.

Bicos para ti, e parabéns a Lupe por saber atinar tan ben.

A nena do paraugas dijo...

E cos pequenos detalles cos que nos agasalla a vida de vez en cando, imos construíndo o noso tempo, deixando un sorriso no lavalouza e unha bágoa neses anacos de cristal que nos cortan os dedos.
Que sería de moitas e moitos de nós sen unha Lupe, que nos coñece, protexe, atina e coloca versos nas lámpadas?
Pero ben. Convén que de vez en cando tamén nós sexamos "Lupe", aínda que eu o son demasiadas veces, coa miña présa por chegar a todas partes antes ca o propio tempo. Quizais deba poñer o freo algunha vez.
Gústame lerte.
Un bico. Tamén para Lupe.

Paz Zeltia dijo...

somos afortunadas quén temos unha amizade que é como un barco grande, sen medo á profundidade.

...e as presas, as urxencias e os absurdos en cousas de amor, non me son alleos...

gústame perderme polos labirintos das túas palabras, ainda que case nunca sei onde van dar. son as túas palabras, as túas emocións, pero case sempre atopan un refrexo nas miñas

Ío dijo...

Seguramente a Lupe le encantan tus palabras; a mí me han sonado a música.
Una amistad así es un buen ingrediente para ponerlo en conserva y aliñarlo cada vez que sea necesario.
Gracias, Maribel, besucos

Ío

Carlos Sousa dijo...

Que bo é ter alguén sempre aí, alguén que nos comprenda e nos faga superar malos tragos. Amizades así son as que convén manter e non perdelas. Ollo, que as veces hai que intercambiar os papeis.

Raposo dijo...

Lupe debe de brincar de contenta con esa dedicatoria!
Gustei como sempre das túas verbas.

Anónimo dijo...

No sé, un abrazo

xenevra dijo...

Os agasallos da lupe son soños envexados por esta que le. Dis que non tes palabras, pero cunha soa das que ti tes podería crearse un mundo. Un mundo sen esquinas onde levantarse e berrar ata que os carballos abaneen as súas follas ao ritmo dos teus versos.
Tes a palabra, tes a forza, tes a Lupe...
(eu só veño roubar un pouquichiño deste ar)

Anónimo dijo...

Lobos me coman, Maribel... ando a procurar todo iso que che falta e non o atopo... (non sendo iso que tí pensas que che falta,aí xa me calo...)
Así que (coma unha brincadeira) vouche deixar os meus desexos de que o vocabulario permaneza nese penoso estado (meu probiño), e vou ver de atopar algunha Lupe (outra) que che faga un agasallo de cando en vez.
E voume asubiando.
(Raio de mulleres...)

:))

E un bico, que mo (cho) receitou o médico.