"Ratzinger ocultou o meu caso". Este é o titular do Pais, do día 28 de Marzo. O representante da igrexa coñecía o caso do cura pederasta de Alemania(un de tantos), decide "en conciencia" destruír actas e gardar silencio perpetuo, amparando os cregos noxentos que se casan con Deus, facendo votos de castidade. Realmente a definición de "pecar" , cometer unha acción ou pensamento contra as leis divinas , relixiosas ou terrenais, debe de ser algo parecido a tales actos de brutalidade a rapaces, con escasas formas de defenderse. Dos predicamentos, xa non queda nada que dicir, facer actos de piedade (co que sobra) dando de comer a xente que ten pouco é unha forma inxusta de lavar esa imaxe do absurdo e denigrante, dando de comulgar á xente, creando a cultura do silencio, coas mans máis sucias e cheirentas do cume dos abusos.
Poesía aloxada,chea,viva, sin ruído.. Encher espacios con sosegados encontros de almas
lunes, 29 de marzo de 2010
martes, 16 de marzo de 2010
Mil congojas

¿Que?
Xurdo e remato, na miña comparencia
Ó teu público soa
o meu arrecenda.
O pallaso que ri de Heinrich Boll
acaba chorando na miña eira.
Orar non sei..as verbas trócanse
e non teño vocabulario.
¿Que?
Teño un poema, agachado no bolso
escribo..despois de xantar.
Non teño fame, as tripas calan
i eu recito.
Mentras lle adico estes poemiñas a Lupe, escoito a María Bethânia, un regalo dela (evidentemente) no Cd Omara portuondo.
viernes, 5 de marzo de 2010
Mudar-se
Ando coas mudanzas propias e entendibles en relación coa miña idade, entre elas cambio de casa. Entre tanto remexemento(trato de levar todo) aparece de repente a foto de meus pais. Fago un buratiño na terra de centímetro e medio, ou máis, dende alí vou aspirándo-me, visualizando todos os espazos do meu tempo, bolboretas doces saíndo da gorxa. "Meu pai nace en min, como fonte de auga clara" e como me ensinou, busco no ignorado as fontes da vida, con sentido de libertade e diversidade. Mágoa dos lindeiros que iba marcando, sempre co sorriso e a mirada máis doce do mundo, coma unha referencia estable, sen dictadura ,enchendo os días de peiteados sen sofisticación, un fado emerxendo da marxe da terra. Coloco a túa foto no sitio máis bonito e escoito a Héroes del Silencio, porque lembro cando me decías que "Entre dos tierras" mareábache a cabeza, ti gustabas de Manolo Escobar. Mañá, nesta casa con luz, amanecerá sen frío no centro das palabras e miña nai seguirá a facer música ,enredada no teu feitizo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)