Pola mañá esperto á vida i esta vaime roubando cada momento a enerxía, ata quedar varada, sen saber se podo estar sentada contemplando a ventá ou teño que saír a porta a sorrir como unha boneca, entón collo un lapis e comezo a rumiar pensamentos escapando da realidade e das miñas imperfeccións.
Séntome na rúa a observar, admirada a paisaxe, os cans, as árbores, a luz, a pedra, a maxia da vida, a min mesma, non é presunción nin indiferenza, é sinxelamente arte. Amolecemos ó carón do lume i eu quixera impoñer a necesidade de necesitarnos, ata o límite das nosas forzas, a importancia de ser como somos, de non sucumbir baixo os brazos que apertan buscando a nosa sumisión, de soñar, entender o imaxinario que pentence a mentes espertas e cheas de interese, de vivir de costas a hipocresía, a mediocricidade facendo un paréntese entre tanto vulgar comediante. Escribo para recompoñer a alma..
Estou medrando..
Hoxe non sinto coma onte
teño que facer
castelos de pensamento
sentarme cos sesos cavilando
queimar os xeonllos
a carón do chan
O poema de onte non me serve
¿e mañá?
Recitarei o de antonte
escoitándome MEDRO
Hoxe, todo o tempo volve a min a canción "palabras para Julia", versionada por Paco Ibáñez, sempre tiven a sospeita que foi escrita para os meus desacougos.
7 comentarios:
Sempre hai poetas que escriben exclusivamente para nós. E o magnífico é que o fan para cada momento e situación. De balde. Pódese pedir máis?
Arrrrriba esa enerxía sabatina!!!
Bicos con medras
Non te azougues. Hai moita xente que sente cada día coma ti, ese tépedo aloumiño, insignificante, que deixa cada día na nosa mirada.
Tamén eu medro mentres minguo. O que pasa é que ás veces me empeño en medrar para onde xa non podo. Cousas da idade.
Fermoso texto! E fermoso o sentimento que transmite.
Yo creo que para se uno mismo no deberíamos entregarnos a nadie.Me refiero a almas sensibles que tejen con invisibles hilos los sueños despiertos.Me pasa a mí que no me gusta que me posean.
Bicos
eu, en cambio, esperto sen enerxía, e teño que ir xuntando nela, co angazo vou dalle ata atopar o sentido, acomodarlle o xeito. é un empezar diario.
Tu destino está en los demás
tu futuro es tu propia vida
tu dignidad es la de todos.
poemas para julia tenme axudado a atopar os sentidos, a palabra que activa o resorte que me abre a porta.
e non é de agora
Como me dixo unha amiga que che comenta aquí, "vas pensar en positivo, non si?".
Eu tentarei facerlle caso, de feito case sempre o fago (o de pensar en positivo). Está claro que a enerxía esgotásenos por momentos, mais hai que darlle para adiante, noutros pasará ó reves, estaremos cheos dela.
Non sei se pillen o que querías dicir, pero eu soltoche este roio. Un bico
Al igual que tú, yo también lo hago.
Beso, Maribel.
Ío
Non sei se será moi interesante iso de darlle voltas ás "utilidades".
O poema de onte serve, o que eu che diga. Outra cousa é para qué.
Eu non sei se será de tanta choiva pero pra min que andamos tod@s á espreita do sol. Ese é o deus verdadeiro. O que eu che diga.
Gostei das letras e das sensacións. (Mágoa de pinchiños...)
Saúdos. Ollo co vento.
Publicar un comentario