miércoles, 9 de diciembre de 2009

4 comentarios, 3 promesas, 2 preguntas e 1 poema

C. Nesta ponte viaxei a Cantabria. Suances, Santillana del Mar, San Vicente de la Barquera, Comillas, El Soplao,Cabárceno etc. Inmensidade de paisaxes sen rotura, remedios naturais para a somnolencia e cansazo da rutina sen inspiracións.
C. Quédame na retina Cabárceno, onde os animais en libertade son exemplo de rentabilización de recursos naturais aproveitando o que nos é dado, adiestrándonos sen estudos nin patriotismo, para cultivar as artes da natureza de unha forma tolerante, humana e moral interna.
C. Santillana del Mar sorprendeume como unha fada, deume ganas de quedarme alí a vivir, sen representacións turísticas, adormecida naquela ténue luz e beleza de pedra sobre pedra. En xeral, o misterio dos barrancos sen fin e Gaudí cos xirasoles, as covas cheiñas de misterios e recunchos ancestrais onde só se escoita a música dos silencios.
C. O do pantalón vaqueiro e camisa branca non me visitou. Cando os días son limpos, ás noites dúrmese coma unha ruliña.

P.Revisar a cámara de fotos antes de sair a unha viaxe  de paisaxes sen pérdidas.
P. Volver a Santillana del Mar.
P.Tentar subir e baixar os costentos espacios naturais sen palidecer de angustia.

.¿ Os medos e temores que arrastramos a todo aquelo que non podemos controlar: espacios cerrados, voar, navegar, alturas, etc,.. conforman a nosa personalidade axustándonos a persoas fráxiles e acomplexadas?
.¿Vencelos axudaría a medrar, estabilizarse e potenciarse como ser individual ?

NO ESPELLO

Unha longa viaxe, ata chegar ó espello.
A forza de non mirarme, esquencinme
de ter rostro, pernas, tetas, sexo..
Unha invisible muller de inverno
co fastío de folla de outono.
Gozo en silencio, do reflexo do cristal!
Un xesto de lindosa intensidade
loucura e serenidade
Imnegable necesidade de vivir.
¡Quero estar sempre dobre no día!
e non ter ocos baleiros no chan.

11 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Non teño respostas para as túas preguntas, pero sí aprezo para os comentarios e valoración (positiva) para o poema. As promesas...son cousa túa.

Sabes que eu fixen -case calcadiño- ese itinerario na semana santa pasada?. Quedei igualiño de impresionado. Por certo, que de Liérganes trouxen uns pasteis que teñen un nome moi suxerente. Mira mira...: http://chousadaalcandra.blogspot.com/2009/07/denominacions.html

4 bicos e 3 abrazos

Maribel-bel dijo...

O nome moi bonito non é..pero fáltame saber se os vas a probar. Eu quedei nas anchoas, chocolates, sobaos e corbatas. Biquiños

Xan dijo...

Nesta vixe ademais do lecer, da beleza, a luz, as paisxes etc. reencontrachete contigo mesma para vencer os temores e as fobias.
Un saúdo

Lan dijo...

¡Qué envidia me dais los gallegos, con ese lenguaje mullido, sensual y abrazador que tanto reconforta el alma y despierta los sentidos!
Con apego.

Unknown dijo...

Ruliña, gústame como escribes, mellor ou pior, más ben mellor que pior, pero sempre con sentimento..O do pantalón vaquero e camisa branca chegará, todo o seu tempo, non a Cantabria pero chegará..Bicos...

Carlos Sousa dijo...

Que ben os comentarios, mesmo meten envexa para ir dar unha volta. Teño moitas gañas de ir a Cabárceno, pero por preguiza ou por deixalo sempre para outra ocasión, vai quedando de lado.

Medo o que non podemos controlar? Pode ser así, pero se non tivésemos medo o descoñecido, faltaríanos sensacións.

Sempre nos volverá a primavera.

Un bico

Chousa da Alcandra dijo...

Probeinos, Maribel!. E teño que dicir que fai máis ruido o nome que outra cousa. Ó final non deixan de ser un pastel coma outro calquera...

Bicos renovados

Lan: Gracias por saber apreciarlo!

Anónimo dijo...

Gostei do seu blogue, hei de voltar a cotio a le-lo.

Fermoso poema. :D

Zeltia dijo...

xa lin varias veces esta entrada. e marcho sen poñer nada.
de cantabria non podo engadir nada o que xa dis, e o resto o percíbo tan persoal e intimista...
pero non quería marchar outra vez sen decirche que ten razón lan, o galego pode ser acariciador, pero non todo o mundo é capaz de darlle ese carís que tí lle das.

A Conxurada dijo...

Miscelánea interesante, que me trouxo recordos dunha viaxe por esas terras tan fermosas.

Raposo dijo...

Eu tampouco teño resposta para as túas preguntas pero sei duas cousas que Santillana del Mar e Cabárceno son moi fermosos e que gustei do poema.
Apertas.